Cidade Deportiva de Abegondo

complexo deportivo do Deportivo da Coruña

A Cidade Deportiva de Abegondo, chamada tamén O Mundo do Fútbol, é un complexo deportivo do Deportivo da Coruña, inaugurado o 1 de maio de 2003. Está situada no concello de Abegondo, na parroquia de Mabegondo, ao carón da autovía A-6, e conta cunha superficie de 90 000 m², na que acolle os adestramentos do primeiro equipo, do filial, do equipo feminino e das categorías inferiores do club.

O Mundo do Fútbol

Tipoinstalación deportiva e campo de fútbol Editar o valor en Wikidata
Deportefútbol Editar o valor en Wikidata
Persoas e organizacións
OcupanteDeportivo da Coruña Editar o valor en Wikidata
Propietario/aDeportivo da Coruña
Datas
Inauguración1 de maio de 2003 (22 anos)
Dimensións
Capacidade3.000
Localización
Mapa
 43°15′03″N 8°17′05″O / 43.2508, -8.2847
EstadoEspaña
Comunidade autónomaGalicia
Provinciaprovincia da Coruña
ConcelloAbegondo
ParroquiaMabegondo Editar o valor en Wikidata
LocalizaciónMabegondo, Abegondo, Galicia
Contacto
Páxina WEBcanaldeportivo.com… Editar o valor en Wikidata
Wikidata ] C:Commons ]

Historia

editar

A Cidade Deportiva de Abegondo foi erguida durante a presidencia de Augusto César Lendoiro, que pretendía a construción dunhas instalacións de adestramento para o Deportivo análogas ás doutros clubs de elite da época. Ata entón o equipo adestrábase no Complexo Deportivo de Acea de Ama, no Burgo.[1] Tras barallar outras localizacións como Bastiagueiro ou Cambre, o club adquiriu máis de 100.000 metros cadrados de terreos na Agra de Marces na parroquia de Mabegondo, no concello de Abegondo, tras pagar uns 100 millóns de pesetas, e o 26 de marzo de 1998 deron inicio unhas obras que se prolongaron durante cinco anos.[1] O complexo foi inaugurado o 1 de maio de 2003.[1]

Instalacións

editar

O Mundo do Fútbol consta dun edificio principal que alberga os vestiarios, oficinas e cafetería e que serve, á súa vez, de chanzo, con capacidade para máis de 1 200 persoas cara ao campo principal e outras 500 persoas na parte posterior, orientado ao campo de céspede artificial. Na planta superior do edificio sitúanse as oficinas, sala de prensa, cafetería e aseos de público. A planta inferior alberga os vestiarios, almacéns e cuartos de instalacións. Dispón de preto de 9.000 metros cadrados de aparcadoiros e zona de servizos.

Campos

editar
  • 7 campos de céspede natural de medidas practicamente iguais a Riazor (105×65 metros).
  • 1 campo de céspede artificial de última xeración do tamaño de Riazor (105×61 metros).
  • 6 campos de céspede natural de fútbol 7 (50×30 metros).
  • Máis de 16 000 metros cadrados de campos auxiliares de céspede natural.

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar
  1. 1,0 1,1 1,2 Cudeiro, Juan L. (16 de febreiro de 2025). "Cuando Lendoiro se subió a la excavadora". DxT Campeón (en castelán). Consultado o 24 de febreiro de 2025.