Brais Val

futbolista galego

Brais Val Alonso, nado en Vigo o 1 de xuño de 2002, é un futbolista galego, que xoga como centrocampista no Fabril, da Terceira División RFEF.

Brais Val
Información persoal
Nome Brais Val Alonso
Nacemento 1 de xuño de 2002
Lugar de nacemento Vigo
Posición Centrocampista
Información de club
Club actual Fabril
Número 6
Carreira xuvenil
Atlántida Matamá
2010–2017 Celta de Vigo
2017–2020 Valencia
2020–2021 Deportivo da Coruña
Carreira sénior
Anos Equipos Aprs (Gls)
2021– Fabril 61 (0)
2022– Deportivo da Coruña 1 (0)
Partidos e goles só en liga doméstica.
Club: actualizado a 23 de abril de 2023.
editar datos en Wikidata ]

Traxectoria editar

Nado en Vigo, comezou a xogar ao fútbol no Atlántida de Matamá, incorporándose á canteira do Celta de Vigo con oito anos.[1] En 2017 fichou polo Valencia, permanecendo na súa canteira durante tres anos, ata que no 2020 regresou a Galicia para ingresar no equipo xuvenil do Deportivo da Coruña. Na tempada 2020/21, con Óscar Gilsanz como adestrador, conquistou a División de Honra Xuvenil e tamén a Copa de Campións, despois de derrotar na final ao FC Barcelona.[2]

Na tempada 2021/22 subiu ao Fabril, onde tivo como adestrador de novo a Gilsanz, e afianzouse no centro do campo titular do equipo. O 23 de maio de 2022 debutou co primeiro equipo do Deportivo da Coruña, da man de Borja Jiménez, na derradeira xornada da Primeira División RFEF ante o Unionistas, substituíndo na segunda parte ao capitán Bergantiños.[3]

Palmarés editar

Fabril

Notas editar

  1. Antelo, Iván (7 de outubro de 2021). "Brais Val: «Cuando entrenas con él, ¡flipas con Álex Bergantiños!»". La Voz de Galicia (en castelán). Consultado o 11 de febreiro de 2023. 
  2. Antelo, Iván (27 de xuño de 2021). "Noel destroza al Barça y el Dépor alza la Copa de Campeones". La Voz de Galicia (en castelán). Consultado o 11 de febreiro de 2023. 
  3. "Uno por uno: Las notas del Deportivo – Unionistas" (en castelán). 29 de maio de 2022. Consultado o 11 de febreiro de 2023. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar