Pau Víctor

futbolista español

Pau Víctor Delgado, nado en Sant Cugat del Vallès o 26 de novembro de 2001) é un futbolista español que xoga principalmente como dianteiro no Barcelona Atlètic, da Primeira División RFEF, cedido polo Girona.

Pau Víctor
Información persoal
Nome Pau Víctor Delgado
Nacemento 26 de novembro de 2001
Lugar de nacemento Sant Cugat del Vallès
Altura 1,84 m.
Posición Dianteiro
Información de club
Club actual Barcelona Atlètic
Número 19
Carreira xuvenil
Junior
–2018 Sabadell
2018–2020 Girona
Carreira sénior
Anos Equipos Aprs (Gls)
2020– Girona 8 (0)
2020–2022 Girona B 47 (14)
2022–2023 Sabadell 36 (7)
2023– Barcelona Atlètic 15 (11)
Partidos e goles só en liga doméstica.
Club: actualizado a 13 de decembro de 2023.
editar datos en Wikidata ]

Traxectoria editar

Formouse como futbolista na canteira do Sabadell, antes de ingresar en 2018 na do Girona.[1] O 20 de xullo de 2020, sen ter xogado nunca co filial, debutou co primeiro equipo na Segunda División, substituíndo a Jairo Izquierdo na segunda metade dunha derrota por 2-0 ante o Alcorcón no estadio Santo Domingo.[2] Na tempada 2020/21 pasou ao Girona B, da Terceira División, co que disputou 16 partidos, marcando 6 goles. Durante esa mesma tempada participou en 10 partidos do primeiro equipo.

Para a campaña 2022/23 regresou cedido ao Sabadell, da Primeira División RFEF, onde foi titular na maioría de partidos, aportando sete goles e seis asistencias.[3] Na seguinte tempada saíu cedido de novo, desta vez ao Barcelona Atlètic.[4]

Notas editar

  1. "Valery i els joves del planter Pau Víctor i Kebé són les grans novetats de la llista" (en catalán). 13 de xuño de 2020. Consultado o 13 de decembro de 2023. 
  2. Jiménez, Álex (20 de xullo de 2020). "El Alcorcón despide el año con un cumpleaños muy feliz". Marca (en castelán). Consultado o 13 de decembro de 2023. 
  3. "Pau Víctor i Àlex Sala, cedits al Sabadell" (en catalán). 29 de agosto de 2022. Consultado o 13 de decembro de 2023. 
  4. "Pau Víctor, cedit al Barça Atlètic" (en catalán). 17 de agosto de 2023. Consultado o 13 de decembro de 2023. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar