Louredo, Maside

parroquia civil do concello de Maside

Louredo é unha parroquia do concello de Maside na comarca do Carballiño, na provincia de Ourense. Segundo o IGE en 2022 tiña 139 habitantes (72 homes e 67 mulleres), 84 menos ca en 1999.

Louredo
Igrexa de Santa María de Louredo.
ConcelloMaside[1]
ProvinciaOurense
Coordenadas42°26′22″N 7°59′02″O / 42.4393197, -7.98396059
Poboación139 hab. (2022)
Entidades de poboación8[1]
editar datos en Wikidata ]

Etimoloxía

editar

O topónimo Louredo vén do latín lauretum (de laurum, "loureiro") máis o sufixo abundancial -etum, polo que é un fitónimo que fai referencia a un lugar onde hai dita planta.

Patrimonio

editar

Igrexa románica do s. XII de importancia decorativa. Conta cunha ábsida semicircular na que se abren tres baleiros enmarcados por arcos de medio punto, esquema decorativo propio do románico rural e que se repite tamén na portada principal. No interior atópanse restos de decoración mural da época medieval. Tamén ten unha pía bautismal con figuras en relevo. Entre as esculturas cabe mencionar a de Santiago, San Mauro, San Rosendo, San Bieito e unha Virxe co neno.

Festas

editar

As festas de Sta. María de Louredo festéxanse os días 24 e 25 de agosto de cada ano. Estas festas honran principalmente a S. Bartolomeu (24) e a S. Antonio (25). A noite do 24 ao 25, ás 24h, acostúmase a tirar fogos artificiais, na que, ao remate, aparecerá a imaxe de San Bartolomeu.

Conta cunha fonte que data de 1952, que segue producindo auga procedente dun manancial, onde os veciños acostuman a coller auga. Nos meses de verán apenas produce auga.

Poboación

editar
1999 223
2000 224
2001 218
2002 215
2003 215
2004 214
2005 207
2006 203
2007 200
2008 213
2009 206
2010 200
2011 190
2012 186
2013 174
2014 167
2015 164
2016 157
2017 146
2018 146
2018 137
2020 134
2021 135
2022 139

Galería de imaxes

editar

Lugares e parroquias

editar

Lugares de Louredo

editar
Lugares da parroquia de Louredo no concello de Maside (Ourense)

A Carreira | Espiñeiros | Louredo | Manzós | Martín de Louredo | O Outeiro | Ribadal | Sante

Parroquias de Maside

editar
Galicia | Provincia de Ourense | Parroquias de Maside

Amarante (Santa María) | Armeses (San Miguel) | Garabás (San Pedro) | O Lago (San Martiño) | Louredo (Santa María) | Maside (San Tomé) | Piñeiro (San Xoán) | Rañestres (San Mamede) | Santa Comba do Trevoedo (Santa Comba)

Véxase tamén

editar

Outros artigos

editar