Ponte da ría de Ferrol
viaduto da autoestrada AP-9 sobre a ría de Ferrol
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde xuño de 2017.) |
A ponte da ría de Ferrol (nome non oficial) é unha ponte da autoestrada AP-9 que comunica os concellos de Neda e Narón sobre a ría de Xuvia, a ponte é libre de peaxe.
Ponte da ría de Ferrol | ||||
---|---|---|---|---|
Tipo | viaduto ![]() | |||
Localización | ||||
| ||||
Estado | España | |||
Comunidade autónoma | Galicia | |||
Provincia | provincia da Coruña | |||
Concello | Neda ![]() | |||
[ Wikidata ] |
Historia
editar- Véxase tamén: Ponte das Pías.
A construción da autoestrada ata Ferrol era unha vella reivindicación de ferrolterra, houbo que esperar ata o 15 de decembro de 2003[1] para a súa inauguración. Esta nova ponte dende Neda ata Narón cruzaba a ría de Xuvia cunha ponte de máis dun km de longo sobre piares.
A ponte está limitada a 100 km/h polo tamaño das beiravías. No lado de Neda tamén ten accesos dirección Fene. No lado de Narón ten saídas para Xuvia onde está Megasa e A Gándara e o seu polígono.
Galería de Imaxes
editar-
Ponte sobre a ría de Xuvia.
Notas
editar- ↑ "Cronoloxía da AP-9". Arquivado dende o orixinal o 15 de agosto de 2012. Consultado o 03 de decembro de 2012.