Abrir o menú principal

Mabegondo, Abegondo

parroquia do concello de Abegondo
(Redirixido desde "Mabegondo")

Coordenadas: 43°13′38″N 8°17′46″O / 43.2272871, -8.2960772

San Tirso de Mabegondo é unha parroquia que se localiza no norte do concello coruñés de Abegondo da comarca da Coruña. Segundo o INE en 2016 tiña 966 habitantes (470 homes e 496 mulleres) distribuídos en 17 entidades de poboación, o que supón un aumento en relación ao ano 1999 cando tiña 892 habitantes.

Mabegondo
Pazo dos Quiroga.jpg
Pazo dos Quiroga.
Parroquia de Mabegondo do concello de Abegondo.png
ConcelloAbegondo
Poboación966 hab. (2016)
Entidades de poboación17

Índice

PatrimonioEditar

  • Pazo dos Quiroga ou Torres de San Tirso de Mabegondo. De estilo renacentista, a fachada principal está flanqueada por dúas torres cúbicas simétricas (de tres alturas) construídas por Diego de Quiroga Reimóndez (Cabaleiro da Orde de Santiago e capitán de infantería), con escudo de armas dos Quiroga, Reimóndez, Capoa e Somoza. Un dos descendentes deste solar foi Antonio Quiroga, militar e político que se destacou nos movementos revolucionarios de 1820 durante o reinado de Fernando VII e que chegaría a ocupar a vicepresidencia das Cortes. Posúe unha interesante portada con parellas de columnas dóricas a modo de arco triunfal, con escudos en ambas torres e balcóns no piso intermedio.
  • Pazo de Pastoriza. Aínda que ten unha capela que data do século XVIII, a súa construción parece ser que foi iniciada moito antes. As súas fermosas e vetustas palmeiras danlle un singular aire de distinción. Os propietarios iniciais foron os Pardo de Andrade. É de planta rectangular coa capela contigua comunicada por un pasadizo pétreo.

Galería de imaxesEditar

Artigo principal: Galería de imaxes de Abegondo.

Lugares e parroquiasEditar

Véxase taménEditar