Autopista, unha navallada á nosa terra
Autopista, unha navallada á nosa terra, tamén coñecida como Autoestrada, unha navallada á nosa terra,[2] é unha curtametraxe documental dirixida por Llorenç Soler. O documental detalla a construción da autoestrada do Atlántico, destacando a resistencia popular á súa construción durante a transición. O filme realizouse en 1977, dous anos despois da morte do ditador Francisco Franco.
Autopista, unha navallada á nosa terra | |
---|---|
Ponte de Rande, inaugurada en 1977 | |
Ficha técnica | |
Director | Llorenç Soler |
Guión | Llorenç Soler |
Duración | 33 min[1] |
Na rede | |
O filme foi realizado a petición da coordinadora de afectados da que formaban parte os arquitectos César Portela e Salvador Tarragó.[3]
Argumento
editarComo a maioría dos filmes de Soler, céntrase nas prácticas posiblemente explotadoras a través das testemuñas das persoas afectadas. Este documental explora o colectivo de granxeiros galegos e a unificación política para loitar contra a construción da autoestrada que cortaría Galicia en dous.
Ao final tamén serve como ferramenta para crear conciencia política para inspirar o futuro activismo. Na conclusión do documental o narrador anima o espectador a mobilizarse. O filme contrasta os conceptos de modernización atraso para suxerir unha infraestrutura colonial que dea a entender o poder político representado pola autoestrada e os seus beneficios. Na montaxe o filme tamén documenta a vida rural, a cultura, as tradicións populares e as festas en Galicia durante a década de 1970.[4][5]
Notas
editar- ↑ FilmAffinity
- ↑ AVG. O soportal do audiovisual galego
- ↑ Folgar de la Calle, José Mª; et al. (2005). Marginados y excluidos: un enfoque interdisciplinar. Universidade de Santiago de Compostela. Consultado o 4-1-2016.
- ↑ Sánchez, Pep. "Llorenç Soler, la voz de los sin voz". culturaenaccion.com. Consultado o 16-1-2016.[Ligazón morta]
- ↑ Sánchez, Pep. "Mirando hacia atrás con ira [Vídeos de Llorenç Soler]". culturaenaccion.com. Consultado o 16-1-2016.[Ligazón morta]
Véxase tamén
editarBibliografía
editar- Villares Paz, Ramón, ed. (2016). 100 Galicia cen. Obxectos para contar unha cultura. CCG. ISBN 978-84-92923-71-7.