CG-4.1

vía para automóbiles de Moaña (AG-46) a Alto da Portela (VG-4.6)

A CG-4.1 ou Corredor do Morrazo é unha vía de alta capacidade dependente da Xunta de Galicia. Vertebra a cara sur da península do Morrazo desde a AP-9 até a súa conexión coa PO-315 mediante unha prolongación denominada VG-4.6. Desde 2016 están a se acometer obras de desdobramento para converter esta infraestrutura nunha autoestrada.[1]

CG-4.1
Corredor do Morrazo
TipoloxíaVía de Alta Capacidade
RedeRede de estradas de Galicia
Dimensións
Lonxitude15 km
Localización
Inicio AP-9   N-554  Ponte de Rande  PO-551  Vilaboa
Fin VG-4.6  Bueu
Circulación
Velocidade máxima90 km/h

Historia e características editar

 
Lume nas proximidades do CG-4.1

O Corredor do Morrazo foi posto en servizo en decembro de 2005[2] e a súa apertura serviu para mellorar a comunicación dos concellos da comarca que daban á Ría de Vigo, que até entón só dispuñan dunha saturada PO-551.

As obras comezadas en 2016 para o seu desdobramento teñen ocasionado o corte desta vía, obrigando aos vehículos a volver usar temporalmente a vella PO-551.[3]

Asemade, o feito de que se proxectara este corredor no lugar onde se encontra o castro de Montealegre, obrigou a unha corrección no proxecto de desdobramento, dado que a a largura da nova plataforma afectaría de xeito irreversíbel ao xacemento arqueolóxico.[4] Estes traballos para salvar o castro provocarán un novo peche, estimado en sete meses, desta vía de alta capacidade unha vez remate a temporada estival.[5]

Unha vez rematen as obras, a nova autoestrada pasará a ser denominada como AG-46.[6] Desde 2007 tamén se baralla a posibilidade de unir este corredor co que circunvala o centro urbano de Marín.[7]

Notas editar

  1. Radio Vigo (2016-03-29). "Empiezan las obras para el desdoblamiento del corredor do Morrazo". Cadena SER (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 07 de agosto de 2017. Consultado o 2017-08-07. 
  2. Javier Pastoriza - Faro de Vigo (16.07.2015). "La "jaula" del Corredor: el mismo tiempo para llegar de las playas a Vigo por las colas que en ir a Oporto". Consultado o 2017-08-07. 
  3. "O Morrazo queda sen corredor á espera da autovía dez anos despois de que lle sucedese o mesmo ao Salnés - Praza Pública". Praza Pública. Consultado o 2017-08-07. 
  4. "El castro que cambió la autovía". Atlántico (en castelán). Consultado o 2017-08-07. 
  5. Viéitez, Oskar. "O corredor do Morrazo pechará sete meses para salvar o castro de Montealegre". Pontevedra Viva. Consultado o 2017-08-07. 
  6. Cristina G. e Fran G. - Faro de Vigo (23.03.2017). "Hasta 17 empresas optan a ejecutar el tercer subtramo del desdoblamiento del corredor". Consultado o 2017-08-07. 
  7. Marcos Gago (2007-09-13). "Estudian unir la vía rápida de Marín con el corredor de Cangas". La Voz de Galicia (en castelán). Consultado o 2017-08-07.