AC-214

estrada autonómica galega de Guísamo a Sigrás (A Coruña)

A AC-214[1][2] (na provincia da Coruña), é unha estrada da Rede Primaria Complementaria da Xunta de Galicia que une as localidades de Guísamo (Bergondo) e Sigrás (Cambre); atravesa os concellos de Bergondo e Cambre. Ten unha lonxitude de 9,28 quilómetros e iníciase nun cruzamento coa N-6 en Guísamo (Bergondo) e finaliza nun cruzamento coa N-550 en Sigrás (Cambre).

AC-214
Mapa
Estrada AC-214
Inicio da estrada AC-214 no Guísamo (Bergondo)
Identificador
TipoloxíaEstrada da Rede Primaria Complementaria
RedeRede de estradas de Galicia
Titular da vía
Xunta de Galicia

Dimensións
Lonxitude9,28 km
Formato1 carril por sentido
Localización
Inicio N-6  Guísamo
Fin N-550  Sigrás

Percorrido editar

Nace na estrada N-6 arredor do km 579,5 no lugar de Sobre a Igrexa en Guísamo (Bergondo), para dirixirse cara a Baldomir. A continuación entra no concello de Cambre polo lugar de Aldea de Arriba en Cecebre, atravesando os lugares da Mota, Fraís e O Volteiro nesta mesma parroquia. Entra en Pravio no lugar de Catro Camiños, nunha intersección coa estrada secundaria AC-221 e tras pasar baixo a AP-9 atravesa os lugares de San Bartolomeu (onde se atopa a igrexa parroquial de San Xoán de Pravio) e Os Fabás. A continuación entra na parroquia de Cambre ao longo da rúa Castellana e atravesando o núcleo da vila. Neste punto parten varias estradas como a DP-1704 (cara a Carral), a DP-1702 (dirección Pontido, Sigrás) e a DP-1706 (cara ao Temple). A vía segue pola rúa Amil en dirección á Telva en Sigrás, pasando baixo a vía férrea (liña León–A Coruña) e sobre o río Mero, tras o cal crúzase coa estrada secundaria AC-213. Nesta última parroquia continúa polo lugar da Xira ata a Pena, onde remata na estrada N-550 arredor do km 9,5.

Galería de imaxes editar

Notas editar

  1. "CATÁLOGO DE ESTRADAS DA REDE AUTONÓMICA DE ESTRADAS DE GALICIA (RAEGA) -XUÑO 2021-" (PDF). Consultado o xuño de 2021. 
  2. "Listado RAEGA" (PDF). Consultado o xuño de 2023.