Cecebre, Cambre

parroquia civil do concello de Cambre
(Redirección desde «Cecebre»)

San Salvador de Cecebre[1] é unha parroquia que se localiza no sur do concello coruñés de Cambre, na comarca da Coruña. Segundo o padrón municipal (INE) en 2016 tiña 1.314 habitantes (648 homes e 666 mulleres), 29 menos ca en 2015. Ten 16 lugares.

Cecebre
ConcelloCambre[1]
ProvinciaA Coruña
Coordenadas43°17′00″N 8°18′00″O / 43.28333333, -8.3
Poboación1314 hab. (2016)
Entidades de poboación16[1]
editar datos en Wikidata ]

Demografía

editar

Evolución da poboación

editar

Segundo o INE:

Evolución da poboación desde 2001 ata 2012

2001 2002 2003 2004 2005 2006 2007 2008 2009 2010 2011 2012

1248 1259 1274 1310 1322 1334 1414 1428 1433 1427 1385 1359


Xeografía

editar

En Cecebre está situado o encoro formado pola confluencia dos ríos Mero e Barcés, que abastece de auga ao concello da Coruña. O encoro de Cecebre é un espazo natural protexido, de grande valor científico e ecolóxico, residencia de múltiples aves acuáticas.

Por esta parroquia atravesa a estrada AC-221.

Aquí atópase a fraga de Cecebre, lugar no que se desenvolve a obra El Bosque animado do escritor Wenceslao Fernández Flórez. Na parroquia sitúase a Vila Florentina, lugar onde viviu o escritor e na que se instalou a súa Casa Museo.

Cultura

editar

Topónimo

editar

Cecebre é un topónimo prerromano céltico, anterior ao século III, que indica un castro, ou "-bre", posiblemente bordeado dun foresta ou fraga, ou "cece-".[2][3]

Galería de imaxes

editar

Lugares e parroquias

editar

Lugares de Cecebre

editar
Lugares da parroquia de Cecebre no concello de Cambre (A Coruña)

Aldea de Arriba | Apeadeiro | Canal | Os Currás | O Espírito Santo | Fraís | Galiñeiros | A Granxa | Lendoiro | Mediavila | A Mota | O Pazo | Piñeiro | Quintán | Sobreguexe | O Volteiro

Parroquias de Cambre

editar
Galicia | Provincia da Coruña | Parroquias de Cambre

Anceis (San Xoán) | Andeiro (San Martiño) | Brexo (San Paio) | Bribes (San Cibrán) | Cambre (Santa María) | Cecebre (San Salvador) | Cela (San Xulián) | Meixigo (San Lourenzo) | Pravio (San Xoán) | Sigrás (Santiago) | O Temple (Santa María) | Vigo (Santa María)

  1. 1,0 1,1 1,2 DECRETO 189/2003, do 6 de febreiro, polo que se aproba o nomenclátor correspondente ás entidades de poboación da provincia da Coruña.
  2. Moralejo, Abelardo (1977). Pico Sacro, ed. Toponimia gallega y leonesa. Biblioteca de Bolsillo - Pico Sacro, 14. Santiago de Compostela. ISBN 84-85170-20-2. 
  3. Sánchez Pardo, JC.; Andrade Cernadas, JM (Dirección) (2008). "Territorio y poblamiento en Galicia entre la antigüedad y la plena Edad Media (Tese)". Universidade de Santiago de Compostela: 1051. 

Véxase tamén

editar

Outros artigos

editar