Eduardo Sanjurjo de Carricarte
Eduardo Sanjurjo de Carricarte, nado na Coruña o 16 de decembro de 1911 e finado o 14 de febreiro de 1966, foi un avogado e alcalde da cidade da Coruña.[1]
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 16 de decembro de 1911 A Coruña, España |
Morte | 14 de febreiro de 1966 (54 anos) A Coruña, España |
Procurador en Cortes | |
3 de xullo de 1964 – 15 de marzo de 1966 – Demetrio Salorio Suárez → Lexislatura: VIII lexislatura das Cortes franquistas | |
Procurador en Cortes | |
28 de novembro de 1963 – 6 de xuño de 1964 ← Sergio Peñamaría de Llano Lexislatura: VII lexislatura das Cortes franquistas | |
Alcalde da Coruña | |
13 de agosto de 1963 – 20 de decembro de 1965 ← Sergio Peñamaría de Llano – Demetrio Salorio Suárez → | |
Datos persoais | |
Educación | Universidade de Valladolid |
Actividade | |
Lugar de traballo | Madrid |
Ocupación | avogado, político |
Premios | |
Traxectoria
editarEstudou dereito en Valladolid e despois da guerra civil traballou cos alcaldes da Coruña Fernando Álvarez de Sotomayor e José Pérez-Ardá.
Accedeu á alcaldía o 13 de agosto de 1963 e cesou o 20 de decembro de 1965. Durante o seu mandato a cidade tivo unha época de grande expansión e grazas á súa iniciativa o 3 de xullo de 1964 constituíuse o Instituto José Cornide.[2] Foi procurador en Cortes (1961-1964).
Faleceu dous meses despois de deixar a alcaldía e o concello deulle o seu nome a unha rúa e a un colexio no barrio de Monte Alto. En 2010 a Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña denunciou que estas honras debían ser retiradas conforme á Lei de memoria histórica.[3] En 2022, o colexio Sanjurjo de Carricarte pasou a denominarse Torre de Hércules.[4]
Honras
editarFoille concedida a Gran Cruz de la Orden del Mérito Militar, con distintivo branco en 1964[5]
Predecesor: Sergio Peñamaría de Llano |
Alcalde da Coruña 1963 – 1965 |
Sucesor: Demetrio Salorio Suárez |
Notas
editar- ↑ "Biografía na wiki da Biblioteca Municipal de Estudos Locais do Concello de A Coruña". Arquivado dende o orixinal o 07 de xuño de 2012. Consultado o 17 de marzo de 2011.
- ↑ "Historia do Instituto José Cornide". Arquivado dende o orixinal o 03 de setembro de 2011. Consultado o 14 de marzo de 2011.
- ↑ "Tras Astray, hai 52 iconas franquistas por retirar na Coruña". A Historia é noticia. domingo, 24 de xaneiro de 2010. Consultado o 2020-02-07.
- ↑ "O colexio Sanjurjo de Carricarte pasa a denominarse Torre de Hércules de forma oficial". La Opinaión de A Coruña (A Coruña). 25-05-2022. Consultado o 27-05-2022.
- ↑ Decreto 2965/1964, de 1 de octubre, por el que se concede a don Eduardo Sanjurjo de Carricarte la Gran Cruz de la Orden del Mérito Militar, con distintivo blanco. BOE