Demetrio Salorio Suárez

político español

Demetrio Salorio Suárez, nado na Coruña en 1917 e finado o 9 de maio de 1992,[1] foi un enxeñeiro e político galego.

Demetrio Salorio Suárez
Nacemento1917
Lugar de nacementoA Coruña
Falecemento9 de maio de 1992 e 1992
Lugar de falecementoA Coruña
NacionalidadeEspaña
Alma máterEscola Técnica Superior de Enxeñería - ICAI
Ocupaciónenxeñeiro e político
editar datos en Wikidata ]

TraxectoriaEditar

Estudou Comercio e Enxeñería no ICAI. En 1943 incorporouse á Sociedad Gallega de Electricidad, e onde pasou en 1947 á compañía Fenosa. En 1965 foi nomeado vicepresidente da Xunta de Obras do Porto da Coruña e traballou en Elaborados Metálicos, Isolux Galicia e La Artística.

Foi alcalde da Coruña entre 1966 e1969. Durante o seu mandato inaugurou o Museo Arqueolóxico do Castelo de San Antón, formulou a proposta de creación dunha mancomunidade de municipios, municipalizou a empresa de augas e inaugurou a estación de San Diego e o Barrio das Flores. Tamén foi procurador en Cortes e colaborou na pensa local.


Predecesor:
Eduardo Sanjurjo de Carricarte
  
Alcalde da Coruña
 
1966 – 1969
Sucesor:
José Pérez-Ardá

NotasEditar

Véxase taménEditar

Ligazóns externasEditar