Ofelia Nieto

soprano galega

María Ofelia Erenia Nieto Iglesias, máis coñecida como Ofelia Nieto, nada en Santiago de Compostela o 18 de marzo de 1900[1] e finada en Madrid o 22 de maio de 1931,[2] foi unha soprano galega.

Ofelia Nieto
Data nacemento18 de marzo de 1898
Nado enSantiago de Compostela
Falecemento22 de marzo de 1931 e 22 de maio de 1931
 Madrid
SoterradaCemiterio de La Almudena
IrmánsAngeles Ottein
Ocupacióncantante
Xéneroópera
Instrumento(s)voz
Tipo de vozsoprano
Na rede
IMDB: nm1524401 Allmusic: mn0002349938 Find a Grave: 25190145 Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Traxectoria editar

Ofelia Nieto naceu o 18 de marzo de 1900 en Santiago de Compostela, sendo a terceira filla de José Nieto, natural de Santiago de Compostela, notario de profesión, e Erundina Iglesias, orixinaria de Ferrol.[3][4]

Cando Ofelia ía cumprir 12 anos a familia encontrábase na localidade de Santa Cruz de la Palma, onde chegou unha compañía de zarzuela integrada por coristas do Teatro Real. Logo de que os pais lles pediran que escoitaran ás súas fillas contestáronlles:[3]

Ten vostede unhas fillas que van revolucionar o mundo coa súa voz, especialmente [acenando cara a Ofelia] esta.

Faleceu en Madrid o 22 de maio de 1931 no Sanatorio de Ntra. Sra. del Rosario a consecuencia dunha enfermidade hepática e está enterrada no Cemiterio da Almudena.[2]

Levan o seu nome unha rúa de Madrid e unha glorieta no Parque de María Luísa de Sevilla.[5]

Notas editar

  1. Santiago, Antón de (2017). "A xeito de limiar. Ofelia Nieto" (PDF). Álbum de Mulleres. Consello da Cultura Galega. Consultado o 3 de xullo de 2018. 
  2. 2,0 2,1 Esteban, José (2000). El Madrid de la República. Biblioteca de Madrid (en castelán) 1 (Silex Ediciones). p. 210. ISBN 8477370869. 
  3. 3,0 3,1 Santiago, Antón de. "Ofelia Nieto. Unha galega no olimpo do bel canto". Álbum de Mulleres. Consello da Cultura Galega. Consultado o 3 de xullo de 2018. 
  4. "Actas de nacemento e bautismo de Ofelia Nieto" (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 21 de decembro de 2009. Consultado o 3 de xullo de 2018. 
  5. Gran Enciclopedia Galega Silverio Cañada.

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

Outros artigos editar