Abrir o menú principal

Banco de La Coruña

Antiga sede do Banco de La Coruña na Coruña.

O Banco de La Coruña, fundado en 1857, foi un banco galego.

Historia e característicasEditar

Fundado ao amparo da Lei de Bancos de 28 de xaneiro de 1856, autorizado por Real Decreto de 25 de novembro de 1857 (publicado o 9 de xaneiro de 1958),[1] abriu a súas portas o 1 de xullo de 1859.[2]

Foi fundado como banco emisor por 25 anos, cun capital social de catro millóns de reais de billón. Naceu por iniciativa dun grupo de comerciantes e empresarios coruñeses, que promoveron a creación dun banco propio que salvagardase a autonomía local fronte ao establecemento dunha sucursal do Banco de España que puidese supor un obstáculo ao desenvolvemento do comercio da Coruña.

O 15 de novembro de 1875, desapareceu como tal por mor do Decreto Echegaray de 1874 que establecía o monopolio da emisión de billetes no Banco de España. Posteriormente unha gran parte dos accionistas crearon El Crédito Gallego.[3] De novo, volverá a aparecer coa denominación anterior o 8 de decembro de 1917 cun capital de 5 000 000 de pesetas.[3] En 1934 era o 34º banco español.[4] En 1970, foi absorbido polo Banco de Bilbao.

NotasEditar

  1. Facal (2016), p. 381
  2. Facal (2016), p. 382
  3. 3,0 3,1 Mirás (2007), p.106
  4. Mirás (2007), p. 110

Véxase taménEditar

BibliografíaEditar

  • Facal, Mª Jesús (2016). "El banco de La Coruña (1857-1874)". En Sudriá Triay, Carles; Blasco-Martel, Yolanda. La pluralidad de emisión en España, 1844-1874. Biblioteca Nueva S.L. pp. 380–402. ISBN 978-84-92937-63-9. 
  • Mirás Araujo, Jesús (2007). Continuidad y cambio en la España urbana en el período de entreguerras. Análisis de una ciudad española. Oleiros (A Coruña): Netbiblo. ISBN 978-84-9745-007-2. 

Ligazóns externasEditar