Alberto Garaizábal

Alberto Garaizábal Macazaga, nado en Donostia o 7 de decembro de 1875 e finado na Coruña o 13 de decembro de 1947, foi un músico, director, profesor e compositor vasco,[1] residente en Galicia dende 1914.

Infotaula de personaAlberto Garaizábal
Biografía
Nacemento7 de decembro de 1875 Editar o valor em Wikidata
Donostia, España Editar o valor em Wikidata
Morte13 de decembro de 1947 Editar o valor em Wikidata (72 anos)
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónorganista Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata
InstrumentoÓrgano Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Garaizábal realizou estudos de piano, órgano, harmonía e composición con Bonifacio de Etxeberria, primeiro no Conservatorio de San Sebastián e, máis tarde, como axudante do seu mestre co órgano da igrexa de San Vicente. Desde 1895 e ata 1914 foi organista da igrexa parroquial de Zumarraga. En 1914 logrou a praza de organista na igrexa do Sagrado Corazón da Coruña[2]. Na Coruña dedicouse tamén ao ensino privado pero a partir de 1933 foi director da agrupación de instrumentos de arco da a Sociedade Filharmónica da Coruña, que Garaizábal transformou na Orquestra Filharmónica Coruñesa. Ademais o seu labor foi fundamental para a constitución en 1935[3] do Conservatorio, converténdose Garaizábal no seu primeiro director.

Obra editar

Garaizábal realizou para a súa orquestra un gran número de adaptacións de obras do repertorio da época. Así e todo, a maior parte da súa produción orixinal está dedicada ao culto relixioso e amosa un absoluto respecto polas normas litúrxicas do momento. Os seus traballos para órgano expresan unha gran modernidade na súa textura, procedente da influencia do repertorio dos vangardistas franceses. Tamén salientan as súas obras corais en galego.

Música sinfónica editar

  • Himno gallego
  • Preludio-cancion

Música para coro e orquestra editar

  • Ecce Sacerdos Magnus
  • Himno para la coronación de la Virgen de los Dolores
  • Lacrymosa
  • Miserere
  • O vos omnes

Música para coro e órgano editar

  • Angelus Dominio
  • Ave Maria
  • Himno al trabajo
  • Francisco de Asís
  • Madre del alma
  • Plegaria a la Virgen del Carmen
  • Villancico al Niño Dios

Música para coro editar

  • Alalá de Triscastela
  • Foliada de Calara
  • Os meus pensamentos
  • Villancico gallego

Música para voz e órgano editar

  • Bendita sea tu pureza
  • Himno de las congregaciones marianas

Música para órgano editar

  • Andante
  • Communio
  • Ofertorio

Música para piano editar

  • Fandango
  • Gavota
  • Minueto
  • Valtz brillante

Notas editar

  1. Diccionario de la música española e hispanoamericana. Vol. 5. Sociedad General de Autores y Editores, p. 372.
  2. "Garaizabal Macazaga, Alberto - Auñamendi Eusko Entziklopedia". aunamendi.eusko-ikaskuntza.eus (en éuscaro). Consultado o 2020-01-07. 
  3. Xoán Manuel Carreira "Alberto Garaizábal Macazaga (1875-1947) y la vida musical de A Coruña" Musiker: Cuadernos de música, ISSN 1137-4470, Nº. 4, 1988, páx. 193-229