Abrir o menú principal

Mauricio Farto Parra, nado en Santibáñez de Valcorba (Valladolid) o 21 de setembro de 1867 e finado na Coruña o 23 de abril de 1947 foi un músico español.

Mauricio Farto Parra
Nacemento21 de setembro de 1867
 Provincia de Valladolid
Falecemento23 de abril de 1947
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónmúsico
editar datos en Wikidata ]

Índice

TraxectoriaEditar

Farto era bisneto de galegos[1] e coñeceu a música tradicional galega a través dos soldados destinados na súa localidade natal. Os seus primeiros estudos musicais tiveron lugar na Coruña, onde ingresou na banda do Rexemento Zamora, dirixida por José Braña. Tras abandonar o exército empregouse na Audiencia Territorial, combinando esta actividade coa reparación de instrumentos musicais amais de labores de investigación e composición.

A primeira formación que creou foi a rondalla Blanco y Negro. Posteriormente dirixiu a Coral El Eco e en 1916 fundou Cántigas da Terra, que dirixiu ata 1922. Ademais promoveu os coros Queixumes dos Pinos e Saudade. A maior parte das súas composicións inspiráronse na tradición popular galega, sobre a que investigou durante anos.

Foi académico correspondente da Real Academia Galega e numerario da Academia Galega de Belas Artes, mais faleceu antes de ler o discurso de ingreso nesta última.[1]

NotasEditar

Véxase taménEditar