José María Varela Silvari

compositor e xornalista galego

José María Varela Silvari, nado na Coruña o 1 de febreiro de 1848 e finado en Madrid o 10 de maio de 1926, foi un compositor e xornalista galego.

José María Varela Silvari
Nacemento1 de febreiro de 1848
Lugar de nacementoA Coruña
Falecemento10 de maio de 1926
Lugar de falecementoMadrid
NacionalidadeEspaña
Ocupacióncompositor, musicólogo, pianista, escritor, crítico musical e autor
editar datos en Wikidata ]

Traxectoria editar

Estudou solfexo, frauta e harmonía na súa cidade natal. Aos 14 anos pasou a Lisboa, onde ofreceu concertos e perfeccionou os seus coñecementos literarios e musicais, amais de aprender composición. De volta na Coruña foi nomeado director da banda de música de Carballo. En 1877 fundou e dirixiu o semanario El Eco Musical, dedicado á literatura e ás belas artes. Tamén colaborou en La España Musical e El Correo de Teatros, de Barcelona, e en El Globo, de Madrid. En Barcelona dirixiu El Coliseo Barcelonés (1879) e pasou logo a Madrid, onde colaborou con La Correspondencia Musical e El Nuevo Fígaro.

Dirixiu o Boletín Musical de Madrid durante seis anos. Foi tamén director da orquestra e da banda do Orfeón Normal de Madrid, mestre compositor pola Academia Filharmónica de Basilea (Suíza) e pensionado polo goberno portugués, entre outros moitos cargos.

Bibliografía editar

 
Manual teórico práctico de armonía.
 
Máximas y pensamientos sobre la Música y las Bellas Artes.
 
Origen de la música como arte.

Ademais de innumerables artigos sobre literatura e historia musical, foi autor das seguintes obras, moitas das cales permaneceron inéditas:

  • Galería biográfica de músicos gallegos;
  • Teoría de la música;
  • Manual teórico práctico de armonía;
  • Formulario harmónico para los aspirantes á músicos mayores militares;
  • Apuntes para la historia musical del reino lusitano;
  • Máximas y pensamientos sobre la Música y la Bellas Artes;
  • Origen de la Música como Arte;
  • Historia de la Música popular en España;
  • Historia de la Música en Galicia;
  • Prácticas finales del solfeo;
  • Prontuario razonado de canto;
  • Tratado de melodía;
  • Tratado práctico de instrumentación;
  • Ensayos de crítica, preceptiva e historia musical;
  • Tratado de estética musical, con carácter preceptivo.

Obra musical editar

Como compositor escribiu máis de 540 obras de todos os xéneros. Da súa música para orfeón cómpre salientar:

  • Gloria a Galicia;
  • Alborada coral;
  • A festa d'o patrón;
  • Himno a Clavé;
  • Enyorança, Sospirs e Per vestir sants, coros en catalán;
  • La serenata;
  • La fiesta de Baco;
  • El a-la-lá, (nocturno);
  • La primavera;
  • Ruliña, coral galega;
  • Boga, boga, barquilla mia, i Surca, surca, bajel mio, Canción española, L'aurora, (barcarolas);
  • El mirlo y la flor, i A Elisa, (valses);
  • El canto de la gitana; A una bella; Niña graciosa; Sin esperanzas; ¡Eres un ángel!; Adelina; La sultana;
  • Himno a Méndez Núñez; Himno á Pacheco;
  • La Mindoniense; La Orensana, muiñeiras;
  • Declaración de amor, mazurca;
  • A la romeria, (ruada)

Música para piano editar

 
Recuerdos de Galicia, alborada gallega para piano, op. 534.
 
Cantares gallegos para piano, op. 535.
  • Recuerdos de Galicia;
  • Cantares gallegos;
  • Tributo á Terpsícore;
  • Un aire de mi país;
  • A la velada;
  • María de los Dolores;
  • Clavé;
  • Por una flor;
  • Rosa de té;
  • La circasiana;
  • Capricho morisco;
  • N'a festa

Outras músicas editar

 
¡¡Pobre niña!!
  • Para canto e piano:
  • La hija del proscrito;
  • Mariolina;
  • Ante su tumba;
  • Canción espanyola, etc.
  • Para violín e piano:
  • La citara de oro;
  • ¡Panchín!;
  • ¡¡Pobre niña!!;
  • Composicións e arranxos diversos,
  • La Ginebrina;
  • La Verginella;
  • Cataluña;
  • La fiesta;
  • Serenata española e
  • Ultimo tributo á la memoria de Alfonso XII;

Para banda compuxo

 
Voló al cielo!
 
La Alianza.
 
Valeroso capitán.
  • Cantares gallegos;
  • María de los Dolores;
  • Siempreviva;
  • ¡Voló al cielo!;
  • El Triumfo;
  • La Alianza;
  • Valeroso capitán;
  • Al combate;
  • Por una flor, (vals);
  • La imperial, (sinfonía);
  • Á la velada, (gran sinfonía);
  • Serenata española;
  • Alborada gallega;
  • Recuerdos de Galicia;
  • Mariolina, (xota popular);
  • La feria de Sevilla, (bolero);
  • Un aire de mi país, (muiñeira)

Composicións teatrais editar

  • La pianista enamorada, zarzuela en dous actos, representada en Portugal;
  • Novias i novios, zarzuela nun acto;
  • La guarida del buitre, drama musical;
  • La Ginebrina, sinfonía para orquestra premiada en Basilea en 1869.

Recoñecementos editar

Unha rúa da Coruña leva o seu nome.

Galería de imaxes editar

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

Ligazóns externas editar