José Mardones

cantante de ópera español

José García de Mardones Ortiz de Pereda,[1] máis coñecido como José Mardones, nado en Fontecha (Lantarón, Áraba) o 14 de agosto de 1868 e finado en Madrid o 4 de maio de 1932, foi un cantante vasco con rexistro de baixo.

Infotaula de personaJosé Mardones

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento(es) José García de Mardones Ortiz de Pereda Editar o valor em Wikidata
14 de agosto de 1868 Editar o valor em Wikidata
Fontecha, España (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Morte4 de maio de 1932 Editar o valor em Wikidata (63 anos)
Madrid, España Editar o valor em Wikidata
Lugar de sepulturacemiterio de San Justo de Madrid Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupacióncantante de ópera Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata
TesituraBaixo profundo (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata

InstrumentoVoz Editar o valor em Wikidata

Allmusic: mn0002202371 Find a Grave: 21702346 Editar o valor em Wikidata

José Mardondes chegou ser considerado o mellor baixo do mundo, co seu amplo rango vocal. O tenor Enrico Caruso dixo sobre el que "cando canta, oio a un arcanxo".[2] Durante doce anos foi baixo titular da Metropolitan Opera House de Nova York.[3]

Traxectoria editar

José Mardones naceu en Fontecha en 1868, fijo de Juana Ortiz de Pinedo, natural de San Martín de Don, no municipio burgalés de Valle de Tobalina, e de Gordiano García de Mardones, natural de Fontecha. A súa nai finou cando José tiña tres anos, polo que pasou tempadas coas súas tías na localidade de Briviesca (Burgos, onde comezou a súa formación musical e cantaba como tiple no coro da Colexiata. Alí decidiu realizar estudos eclesiásticos, iniciándos na prefectura de Bergonda e, posteriormente, no seminario maior de Burgos.[4]

Con todo, as calidades da súa voz acabarían por inclinar a súa vocación a favor do canto. Logo de tentar conseguir traballo na catedral de Valladolid, onde foi rexeitado por contar só con 16 anos, marchou a Palencia, onde conseguiu un posto como salmista na catedral de Palencia, trasladándose posteriormente a Madrid, nodo cantou en diversas igrexas e chegou ser solista da igrexa de San Millán, posto que alternou con actuacións en compañías secundarias. Nesa época xa casara con Catalina Laredo, á que coñecera durante a súa estadía en Briviesca.[4]

 
José Mardones, na Metropolitan Opera House, en torno a 1924.

Logo de non conseguir unha bolsa para estudar no estranxeiro comezou a actuar en zarzuelas, realizando o seu debut no teatro 'Madrid Moderno',[4] na compañía de Emilio Sagi Barba. Tamén en Madrid presentouse para á praza de cantor da Capela Real sen éxito.[2] Como a súa intención era adicarse á ópera aproveitou a ocasión que se lle ofreceu de cantar no Teatro Real de Madrid, nunha audición do oratorio Moisés do relixioso e compositor italiano Lorenzo Perosi, dirigido polo seu autor. Os empresarios que sucederon a Arana no Real non valoraron suficientemente notable a voz de Mardones como para renovarlle o contrato polo que Mardones viuse obrigado a dar algunhas audicións en Sevilla, Bilbao e outras capitais españolas.

A prensa difundiu o éxito que acadou nestas actuacións, recibindo propostas para cantar no estranxeiro, actuando exitosamente no Teatro Nacional de San Carlos de Lisboa, en Milán e en Buenos Aires, para chegar finalmente aos Estados Unidos, onde permaneceu durante doce anos como ídolo do público no Metropolitan de Nova York.[5] O 12 de novembro de 1917 debutou con Aida de Verdi, interpretando o papel de Ramfis, e a súa última aparición produciuse o 17 de abril de 1926, no papel de Alvise en La Gioconda de Amilcare Ponchielli. O 6 de maio de 1926 actuou por última vez na compañía do Metropolitan no papel de Sparafucile de Rigoletto de Verdi no teatro Eastman de Nova York, baixo a dirección de Tullio Serafin.[6] En total foron 409 representacións coa compañía.

Logo de retirarse regresou a España, onde en 1928 ofreceu un concerto en Madrid coa colaboración da Orquestra Sinfónica[7] e en 1929 en Barcelona, nun festival organizado pola Asociación da Prensa Diaria.[8]

Faleceu en Madrid na madrugada do 4 de maio de 1932, logo dunha longa enfermidade.[5]

Premios e recoñecementos editar

  • Fillo Adoptivo de Vitoria-Gasteiz.[2]
  • Fillo Predilecto de Fontecha.[3]
  • Ilustre de Áraba.[2]
  • Rúa José Mardones en Vitoria-Gasteiz.
  • 2018 – Actos de homenaxe no 150 aniversario do seu nacemento.[2]

Notas editar

  1. Egaña, Iñaki (2009). Mil nuevas noticias insólitas del país de los vascos (en castelán). Editorial Txalaparta. p. 223. ISBN 978-84-8136-543-6. 
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 González, Carlos. "Para recordar una voz única y alavesa. Noticias de Alava". Noticias de Álava (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 29 de abril de 2018. Consultado o 30 de maio de 2021. 
  3. 3,0 3,1 "Ayuntamiento de Lantarón" (en castelán). www.cuadrilladeanana.es. Consultado o 30 de maio de 2021. 
  4. 4,0 4,1 4,2 "José Mardones. El Correo". El Correo (en castelán). 19 de agosto de 2008. Consultado o 30 de maio de 2021. 
  5. 5,0 5,1 "Ha fallecido en Madrid el bajo de ópera José Mardones". La Época (en castelán). 4 de mayo de 1932. p. 1. Consultado o 30 de maio de 2021. 
  6. "Mardones. José [bass]" (en inglés). metoperafamily.org. Arquivado dende o orixinal o 02 de xuño de 2021. Consultado o 30 de maio de 2021. 
  7. "El programa del concierto de la Orquesta del Palacio de la Música". La Nación (en castelán). 10 de outubro de 1928. p. 7. Consultado o 30 de maio de 2021. 
  8. "Música y teatros". La Vanguardia (en castelán). 19 de marzo de 1929. p. 18. Consultado o 30 de maio de 2021.