Marcial de Torres Adalid

pianista e compositor galego

Marcial de Torres Adalid, nado na Coruña en 1816 e finado na mesma cidade o 20 de marzo de 1890, foi un pianista e compositor galego, primo do tamén compositor coruñés Marcial del Adalid Gurrea.[1]

Modelo:BiografíaMarcial de Torres Adalid
Biografía
Nacemento1816 Editar o valor en Wikidata
A Coruña, España Editar o valor en Wikidata
Morte1890 Editar o valor en Wikidata (73/74 anos)
A Coruña, España Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónpianista, compositor Editar o valor en Wikidata

BNE: XX1095633 BUSC: torres-adalid-marcial-de-1816-1890

Traxectoria

editar

Comezou a súa formación musical na súa cidade natal con Antonio Marti, organista da Colexiata de Santa María do Campo, continuándoos en Londres co virtuoso pianista bohemio Ignaz Moscheles. Ao longo da súa vida realizou viaxes por tooda Europa, entablando amizade con músicos como Franz Liszt, Frédéric Chopin ou Gioachino Rossini, e dando concertos na capital británica, Francia, Alemaña, Rusia ou Italia, así como no Palacio Real de Madrid ante a raíña de España Isabel II.[2][3]

Entre 1856 e 1858 residiu en Lisboa, trasladándose en 1859 a Madrid, onde permaneceu ata 1867. En 1868 regresou a Galicia, onde entre 1868 e 1870 residiu en Ourense antes de establecerse definitivamente na súa cidade natal en 1870.[3]

Foi mestre do destacado compositor coruñés Xosé Baldomir.[4]

  1. Viso Soto, Margarita (1990). "Marcial de Torres Adalid (1816-1890) (Estudio biográfico y edición de su trío con piano)". Anuario Musical (en castelán) (Barcelona) 45: 189. 
  2. "Marcial de Torres Adalid". Galicia Digital. Consultado o 27 de abril de 2021. 
  3. 3,0 3,1 "Torres Adalid, Marcial de 1816-20.mar.1890 Spain, A Coruna - A Coruna" (en inglés). composers-classical-music.com. Consultado o 27 de abril de 2021. 
  4. Viso Soto, Margarita (2018). Melodías galegas de José Baldomir Rodríguez (PDF). Santiago de Compostela: Consello da Cultura Galega. p. 29. ISBN 978-84-92923-91-5. 

Véxase tamén

editar

Bibliografía

editar