Margarita Soto Viso

Intérprete, compositora e musicóloga galega
(Redirección desde «Margarita Viso»)

Margarita Mónica Soto Viso, nada na Coruña o 22 de marzo de 1957, é unha intérprete, compositora e musicóloga galega.

Modelo:BiografíaMargarita Soto Viso
Biografía
Nacemento22 de marzo de 1957 Editar o valor en Wikidata (67 anos)
A Coruña, España Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónmusicóloga, compositora, intérprete Editar o valor en Wikidata

BNE: XX1100601 BUSC: soto-viso-margarita-1957 Dialnet: 38977

Traxectoria

editar

Realizou os seus estudos no Conservatorio Profesional de Música e Declamación da Coruña: de piano con Jeannette Romero, de harmonía e contrapunto con Rogelio Groba. Ampliou coñecementos con Mª Luisa Nache (canto), José Ferrer (trompa), Carlos López García Picos (composición), Eva Alcázar, Edith Picht-Axenfeld e Noemí Novara (piano).[1]

Destacou como compositora, pianista acompañante, musicóloga e editora de música. Tamén como pianista acompañante na danza e no canto. Realizou concertos acompañando a diversos instrumentistas. Como musicóloga ten investigado principalmente sobre compositores galegos, destacando o seu traballo sobre a figura de Marcial del Adalid e a súa obra Inés e Bianca.

Creou a editorial VISO dedicada á publicación de música de autores galegos[2] que leva publicados máis de que 40 títulos de Luis de Mison, Santiago de Murcia, Almeida Mota, Gaspar Smith, Beethoven, Bach, Adalid, Torres Adalid, Francisco Piñeiro, Canuto Berea, Chane Eduardo Rodríguez-Losada, Daniel Quintas, Paulino Pereiro, Juan Durán E.M. Soto.[3]

É autora de artigos sobre música en revistas especializadas como Ritmo, Revista de musicología etc.[4]

Foi presidenta da Asociación de Compositores de Galicia.[5]

Composicións

editar
  • Cancións para voz, trompa e piano, sobre temas populares galegos (1981-1982).
  • Nilal (1983).
  • Tiento para orquestra (1984).
  • En-re-do (1984).
  • Os soños na gaiola (Caracol, A Lúa, O Lobo, O Arco da vella, Señor Gato, Anduriñas) (1996-2008).
  • Ausencias, ciclo de cinco cantigas de amigo (1997-1999).
  • Diferencias sobre as folías de España (1999-2007).
  • Fantasía para catro trompas (2007).
  • Sonatina (2007).
  • Trío para trompas (2007).
  • Cúmulo (2008).
  • Little Suite (2008).
  • A Paisaxe (Poza de auga, Pimpíns, Paporroibo real) (2008-2009).

Estudos

editar
  • Vida y obra del compositor Gregoria Baudet y Puente (1982). Espasa. 32 páxs. ISBN 978-92-0-342574-2. Con X. M. Carreira.
  • Marcial del Adalid. Mélodies pour chant et piano. Cantares viejos y nuevos de Galicia (1985). Fundación Barrié. 490 páxs. ISBN 978-84-85728-48-0.[6]
  • Piano : estudi de l'interval de segona = estudio del intervalo de segunda (1999). Barcelona: Clivis, D.L. ISBN 84-89813-82-5.

Obras colectivas

editar
  • España en la música de occidente: actas del congreso internacional celebrado en Salamanca, 29 de octubre-5 de noviembre de 1985.
  • Proceedings of the 4th International Conference on Galician Studies: University of Oxford (1997).
  • A ópera "Inés e Bianca" de Marcial del Adalid: programa do Concerto, presentación, escritos, libreto e tradución (2009)
  • As mulleres nas artes e nas ciencias (2013)
  • Repensar Galicia: as Irmandades da Fala (2017)

Premios

editar
  1. "María Rodríguez y Margarita Viso Soto". Regalamúsica (en castelán). Consultado o 2020-11-22. [Ligazón morta]
  2. "Asociación Galega de Compositores". www.asociaciongalegadecompositores.com. Arquivado dende o orixinal o 27 de setembro de 2020. Consultado o 2020-11-22. 
  3. "Margarita Soto Viso Galegos". galegos.galiciadigital.com. Consultado o 2020-11-22. 
  4. "Margarita Soto Viso". Dialnet (en castelán). Consultado o 2020-11-22. 
  5. "Margarita Viso Soto, presidenta da Asociación de Compositores de Galicia. CRTVG". www.crtvg.es. Consultado o 2020-11-22. 
  6. "Mélodies pour chant et piano: cantares viejos y nuevos de Galicia". Real Academia Galega. 
  7. "Olga Novo, Óliver Laxe e Kukas, entre os laureados nos Premios da Crítica". Faro de Vigo. 2020-11-22. Consultado o 2020-11-22. 

Véxase tamén

editar

Bibliografía

editar

Ligazóns externas

editar