O harmonio é un instrumento musical de vento con teclado, en aparencia similar ao órgano alemán, pero sen tubos e de moito menor tamaño.

Harmonio
Órgano de salón, reed organ
Instrumento de teclado que produce son mediante a vibración de palletas metálicas, accionadas por aire bombeado a través delas.
Información
ClasificaciónAerófono, instrumento de teclado
Instrumentos relacionadosÓrgano de tubos, acordeón
Músicos notablesAntonín Dvořák, The Beatles, Sigur Rós e moitos outros.
Fabricantes notablesMason & Hamlin, Estey Organ Company etc.

Descrición

editar

Está provisto dun fol que se acciona cos pés e que, en lugar de tubos, ten unhas lingüetas semellantes ás dun acordeón.[1]

Historia

editar

Orixinalmente, o harmonio desenvolveuse en Alemaña no século XVIII.[2] Aínda que é considerado un "instrumento foráneo", tamén é un instrumento musical típico da música devocional empregada en Asia, en particular na India, onde se emprega facendo arranxos específicos para harmonizar con instrumentos tradicionais indios.[3]

Aínda que orixinalmente foi concibido como un instrumento doméstico, do mesmo xeito que o piano, o harmonio impúxose rapidamente en moitos templos relixiosos polo seu tamaño e prezo menores que os dun órgano.

Houbo instrumentos precursores no Antigo Exipto e outras culturas antigas, cun principio de xeración de son similar, como o órgano bucal chinés sheng;[4] porén, a evolución para un instrumento similar ao harmonio tivo lugar en Europa. Os primeiros intentos con linguas perforantes comezaron logo de que o xesuíta francés Père Amiot enviase varios sheng até París en 1776.

O profesor Christian Gottlieb Kratzensteine, en Copenhague, foi o primeiro europeo en desenvolver ese principio. Utilizou as lingüetas na súa máquina de falar, onde as vogais se podían xerar mediante tubos de resonancia conectados. A Real Academia de San Petersburgo premiouno polo seu invento en 1780.[2]

Galería de imaxes

editar

Notas

  1. "harmonio". Dicionario da Real Academia Galega. Consultado o 2024-10-17. 
  2. 2,0 2,1 "Über Vocaltone und Zungenpfeifen. OCR" (PDF). robertwillis2016.org. Consultado o 17 de outubro de 2024. 
  3. Adolfo (2021-03-21). "El armonio. Un instrumento extraordinario". Instrumentos musicales Etnicos.org (en castelán). Consultado o 2024-10-17. 
  4. Segundo fontes chinesas, as linguas de metal como instrumento, aplicadas nos órganos bucais, foron inventadas polo emperador Huang Tei arredor do ano 2800 a. C.

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar