Sigur Rós
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde decembro de 2019.) |
Sigur Rós é un grupo islandés de post-rock, con elementos de shoegazing e minimalismo. O nome é islandés, pronúnciase ['sɪɣʏr rous'] no Alfabeto Fonético Internacional e significa "rosa de vitoria".
![]() | |
---|---|
![]() Concerto en Reiquiavik, 2005 | |
Orixe | Reiquiavik, Islandia ![]() |
Período | 1994- |
Xénero(s) | Post-rock, rock progresivo, música experimental, dream pop, ambient |
Selo(s) discográfico(s) | Fatcat Records, Geffen Records, EMI, Smekkleysa Records |
Membros | Jón Þór Birgisson Georg Hólm Kjartan Sveinsson Orri Páll Dýrason |
Antigos membros | Ágúst Ævar Gunnarsson |
Artistas relacionados | Amiina, Circe, Jónsi & Alex, The Album Leaf |
Na rede | |
sigur-ros.co.uk | |
![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() |
MembrosEditar
Sigur Rós estaba composto orixinalmente por Jón Þór Birgisson (Jónsi, guitarra e voz), Georg Hólm (Goggi, baixo) e Ágúst Ævar Gunnarsson (batería). En 1999 ingresou na banda Kjartan Sveinsson (Kjarri, teclado) para a publicación de Ágætis byrjun. Tamén en 1999, trala gravación deste disco, Orri Páll Dýrason substitúe a Ágúst Ævar Gunnarsson na batería.
HistoriaEditar
Jón Þór Birgisson (Jónsi), Georg Hólm e Ágúst Ævar Gunnarsson formaron o grupo en Reiquiavik, Islandia, en agosto de 1994. O nome do grupo foi tomado da irmá máis nova de Jónsi, chamada Sigurrós, que naceu o mesmo día. O grupo axiña asinou un contrato coa discográfica local Bad Taste. En 1997 lanzaron Von (Esperanza) e en 1998 a colección de remezclas Von brigði (Vonbrigði significa en islandés "decepción", pero Von brigði significa "alteración da esperanza"). En inglés, o álbum Von brigði é coñecido usualmente polo seu nome alternativo, "Recycle Bin" (papeleira de reciclaxe.)
O recoñecemento internacional chegou en 1999 co lanzamento de Ágætis byrjun (Un bo comezo), para o que o grupo integrou a Kjartan Sveinsson.
En 2002 lanzouse o anticipado álbum ( ). Tódalas cancións foron publicadas sen título, sendo posteriormente publicados os seus nomes na páxina web oficial. Tódalas cancións son cantadas completamente nunha linguaxe fonética improvisada chamada "vonlenska" (de von, 'esperanza' e íslenska, 'islandés'), creada por Jón Þór Birgisson, que integra sons do islandés. A razón é que quen escoita o disco debe interpretar o seu propio significado das letras, que pode escribir nas páxinas en branco que trae o libreto do álbum.
En outubro de 2003 Sigur Rós, xunto con Radiohead, compuxeron música para a peza de danza de Merce Cunningham Split Sides. As tres cancións de Sigur Rós foron chamadas Ba Ba/Ti Ki/Di Do e foron lanzadas en marzo de 2004. En outubro de 2004 distribuíuse nos Estados Unidos e o Reino Unido o seu primeiro álbum, Von.
O álbum Takk... (Grazas...), foi lanzado o 3 de setembro de 2005 coa descarga legal do seu primeiro sinxelo, Glósóli, publicado o 15 de agosto. Para os seguidores norteamericanos o sinxelo Sæglópur foi posto a disposición para a súa descarga o 16 de agosto. Hoppípolla, o segundo sinxelo oficial de Takk..., foi lanzado o 28 de novembro xunto cunha nova mestura de estudio de Hafssól, unha canción que foi previamente lanzada pola banda no primeiro álbum de 1997, Von. A finais de 2005 lanzaron o EP Sæglópur, que inclúe dous cd's, o primeiro con tres temas novos e o segundo con tres vídeos. O grupo tamén escribiu o libreto do vídeo musical Sæglópur, que foi dirixido por eles.
No ano 2007 publicaron o álbum de estudio Hvarf-Heim, así como un documental DVD, Heima da súa xira en Islandia no verán de 2006.
Sigur Rós venderon cerca de dous millóns de álbums arredor do mundo.
DiscografíaEditar
Álbums de estudioEditar
Álbum | Ano | Selo |
---|---|---|
Von | 1997 | Smekkleysa Records |
Ágætis byrjun | 1999 | Smekkleysa Records |
( ) | 2002 | Smekkleysa Records |
Takk... | 2005 | Smekkleysa Records |
Með suð í eyrum við spilum endalaust | 2008 | Smekkleysa Records |
Valtari | 2012 | Parlophone |
Kveikur | 2013 | XL Recordings |
EPsEditar
- Rímur - 2001 (Krúnk)
- Ba Ba Ti Ki Di Do - 2004 (Geffen)
- Sæglópur Japan Tour EP - 2006 (EMI)
RecomplatoriosEditar
- Hvarf-Heim - 2007 (EMI)
- We Play Endlessly - 2009 (EMI/The Independent)
Álbums de remesturasEditar
- Von brigði - 1998 (Smekkleysa Records)
SinxelosEditar
- "Svefn-g-englar" - 1999.
- "Ný batterí", 2000.
- "Steindór Andersen / Rímur EP", 2001.
- "Untitled #1 (A.K.A. Vaka)", 2003.
- "Ba Ba/Ti Ki/Di Do", 2004.
- "Glósóli", 2005.
- "Sæglópur", 2005.
- "Sæglópur(Japan Tour CD)", 2005.
- "Hoppípolla", 2005.
OutrosEditar
- Smekkleysa í hálfa öld, 1994.
- Popp í Reykjavík (álbum), 1998.
- Popp í Reykjavík (película), 1998.
- Englar alheimsins (álbum), 2000.
- Englar alheimsins (película), 2002.
- Hlemmur (banda sonora) 2002.
ColaboraciónsEditar
- Vanilla Sky, 2001.
- The Loss Ness Kelpie, [[2002.
- Hrafnagaldur óðin´s (Odin´s Raven Magic), 2002.
- The Album Leaf: In a Safe Place, 2004.
- Síðasti Bærinn, 2004.
Novo MaterialEditar
- Hlemmur DVD+CD, xullo de 2007. Inclúe o documental do mesmo nome xunto coa banda sonora composta integramente pola banda.
Véxase taménEditar
Outros artigosEditar
Ligazóns externasEditar
- Páxina oficial (en inglés)