múm
múm (pronunciado [muːm] segundo o IPA,) é un grupo de música experimental islandés formado a finais dos anos noventa.
múm | |
---|---|
múm en 2009. | |
Orixe | Islandia, |
Período | 1997 - actualidade |
Xénero(s) | electrónica, experimental, Icelandic, post-rock, folktrónica, dream pop, trip hop, ambient, indie, lo-fi, glitch |
Selo(s) discográfico(s) | Fat Cat Records |
Membros | Gunnar Örn Tynes Örvar Þóreyjarson Smárason Ólöf Arnalds Eiríkur Orri Olafsson Hildur Guðnadóttir Sigurlaug Gisladottir Samuli Kosminen Róbert Sturla Reynisson |
Antigos membros | Gyða Valtýsdóttir Kristín Anna Valtýsdóttir |
Na rede | |
http://mum.is/ | |
Historia e compoñentes editar
A banda formouse en 1997. Os seus membros orixinais foron Gunnar Örn Tynes, Örvar Þóreyjarson Smárason,e as irmás xemelgas Gyða e Kristín Anna Valtýsdóttir. En 2002, Gyða deixou o grupo para seguir cos seus estudos en Reiquiavik. A comezos de 2006 tamén a súa irmá Kristín abandonou a banda, se ben isto non se soubo ata finais de novembro.
Estilo editar
Practican unha múscia experimental, na liña doutros grupos e solistas islandeses como Sigur Rós ou Björk, caracterizada por voces e marmurios suaves, efectos electrónicos, golpes e unha ampla variedade de instrumentos clásicos (acordeóns, trompetas, violíns...) e tradicionais, que normalmente non desempeñan un papel fundamental, senón accesorio.
O nome da banda non quere dicir nada. Como explicaron os membros da banda nunha entrevista, múm é como dous elefantes que se estean tocando coas trompas, na súa referencia gráfica.
múm en Galiza editar
Este grupo islandés tocou unha vez en Galiza. Foi no auditorio dos Salesianos de Vigo, o 4 de maio de 2004, e no marco do festival Sinsal. Actuou diante deles Mugison e as butacas estaban practicamente cheas.
Discografía editar
Álbums editar
- Yesterday Was Dramatic – Today Is OK (TMT, 2000). Dobre LP de debut.
- Finally We Are No One (Fat Cat Records, 2002), máis próximo ao pop pero tamén con máis temas experimentais.
- Loksins Erum Við Engin (Smekkleysa Records, 2002) — que é a versión en islandés de Finally We Are No One
- Summer Make Good (Fat Cat Records, 2004), cun maior peso das voces.
Escolmas editar
- Blái Hnötturinn (Not On Label, 2001) (Soundtrack)
- Please Smile My Noise Bleed (Morr Music, 2001) (3 New Tracks + Remixes)
- Remixed (TMT, 2002) (Versións de Yesterday Was Dramatic -Today Is Ok)
Singles e EPs editar
- "The Ballad of the Broken Birdie Records" (TMT, 2000)
- "Green Grass of Tunnel" (Fat Cat Records, 2002)
- "Nightly Cares" (Fat Cat Records, 2004)
- Dusk Log (Fat Cat Records, 2004)
- The Peel Session (Fat Cat Records, 2006)(Maida Vale 4 Studio 2002)