BMG Rights Management

(Redirección desde «BMG»)

BMG Rights Management GmbH é unha compañía internacional de música centrada na xestión de publicación musical, dereitos de gravación e distribución de música. A empresa opera como unha división do conglomerado de medios internacional Bertelsmann. Fundouse no ano 2008 como unha empresa conxunta entre Bertelsmann e a firma global de administración de fondos de investimento Kohlberg Kravis Roberts (KKR). En marzo de 2013 Bertelsmann tomou o control de BMG mercando as accións de KKR, convertendo a BMG nunha subsidiaria total do grupo Bertelsmann.[1][2] A súa sede atópase en Berlín e ten oficinas rexionais en Nova York, Nashville, Os Ánxeles, Londres, Madrid, París, Estocolmo, Hilversum, Milán, Pequín, Toronto, Sydney e São Paulo. BMG é a máis nova e cuarta maior das grandes compañías da industria musical internacional, con máis de 2,5 millóns de composicións e gravacións no seu catálogo.[1]

BMG Rights Management
Compañía naiBertelsmann
Fundado enoutubro de 2008
Xénero(s)varios
LocalizaciónBerlín
https://www.bmg.com

No presente entre os artistas de BMG Rights Management atópanse Kylie Minogue, Avril Lavigne, Dido, Lenny Kravitz, Fergie, Evanescence, Alice in Chains, A Perfect Circle, Nickelback, Blondie, The Prodigy e Blink-182.

Notas editar

  1. "Billboard Power 100 - No. 33: Hartwig Masuch". Billboard. Consultado o 17 de setembro de 2018. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar