Replacement filing cabinet.svg
Arquivos
1, 2, 3

lugares da provincia de OurenseEditar

Ola de novo! Se queres continuar o traballo que estabas a facer co bot creando lugares de Galicia en Galipedia, xa podes crear os da provincia de Ourense. Pero, por favor, non os ligues ou crees en Wikidata. Xa os creo e/ou ligo eu en Wikidata como fixen co resto. (Quedanme uns poucos pendentes aínda, pero fareinos en breve). Graciñas! Maria zaos (conversa) 7 de xaneiro de 2023 ás 18:38 (UTC)Responder[responder]

Perfecto!! Mil grazas María. Apertas  Breogan2008 (conversa) 7 de xaneiro de 2023 ás 19:59 (UTC)Responder[responder]

Alófona (sociolingüística)Editar

Síntoo, mais estivemos editando a un tempo Alófona (sociolingüística). Cambiaras "recén" por "acabado de" e eu cambieino paralelamente por "recentemente". Se che gusta máis "acabado de", paréceme ben e pómolo así. Tiberio Feliz (Déixame unha mensaxe) 10 de xaneiro de 2023 ás 18:34 (UTC)Responder[responder]

Sen problema. Déixoo ao teu criterio como creador do artigo. Saúdos e a seguir así. Breogan2008 (conversa) 10 de xaneiro de 2023 ás 20:44 (UTC)Responder[responder]

CornuallaEditar

Ola, Breogan! Como vai todo?

Quería pedirlle un favor ao teu bot. Podes mudar Cornualles -> Cornualla nos corpos de texto? Ese é o nome que aparece en DiGalego e no TERGAL, coido que referencias axeitadas. Ata onde vin, xa non quedan Cornualles en títulos de artigos nin categorías, pero pode que me escapase algún.

Mil grazas. Un saúdo! --Estevo(aei)fálame aquí 13 de xaneiro de 2023 ás 11:59 (UTC)Responder[responder]

Perfecto Estevo, póñome xa. Grazas polas túas achegas coas referencias do nome. Breogan2008 (conversa) 13 de xaneiro de 2023 ás 12:00 (UTC)Responder[responder]

RegadorEditar

Ola Breogán. Recentemente editei o artigo Regador e creo que xa se pode quitar o marcador de wikificar. Poderías botarlle unha ollada? Mark Gasoline (conversa) 14 de xaneiro de 2023 ás 17:02 (UTC)Responder[responder]

Boas Mark. Si, o formato está mellor. Ao artigo non lle viñan mal unhas referencias. Se queres bótolle man eu e aquelámolo entre os dous. Paréceche? Saúdos.  Breogan2008 (conversa) 14 de xaneiro de 2023 ás 17:43 (UTC)Responder[responder]
Eu non teño nin idea de onde atopar referencias, pero se che parece ben quítolle o marcador de wikificar. --Mark Gasoline (conversa) 14 de xaneiro de 2023 ás 17:48 (UTC)Responder[responder]
Acabo de botarlle un ollo ao artigo en inglés e ese ten varias fontes. Non é moi extenso, un día que teñas un rato libre podes traducir. Saúdos e grazas. Un abrazo, compañeiro. --Mark Gasoline (conversa) 14 de xaneiro de 2023 ás 17:54 (UTC)Responder[responder]
Paréceme perfecto. Saúdos Breogan2008 (conversa) 14 de xaneiro de 2023 ás 17:56 (UTC)Responder[responder]

Empresas de audiovisual de GaliciaEditar

Boas, Breo! Como vai todo?

Estaba a crear subcategorías en Categoría:Empresas de Galicia. Anímaste a facer Categoría:Empresas de audiovisual de Galicia, que á súa vez inclúa Categoría:Produtoras de cinema de Galicia. Coidas que o tema dá de si? Xa me contarás. Moi agradecido!! --Estevo(aei)fálame aquí 20 de xaneiro de 2023 ás 08:37 (UTC)Responder[responder]

Boas Estevo, botareille un ollo ás categorías que me comentas. A única da que non estou moi seguro é a de Empresas de audiovisual de Galicia. Ao meu ver estarían dentro de Categoría:Produtoras de cinema de Galicia ou Categoría:Produtoras de televisión de Galicia. Doulle unha volta e dígoche. Un saúdo. Breogan2008 (conversa) 20 de xaneiro de 2023 ás 09:23 (UTC)Responder[responder]

Xosé MirandaEditar

Ola, Breo! Desfixen a túa edición no artigo de Xosé Miranda porque, efectivamente, está xa xubilado. Graciñas por amañar os lins nos artigos de lugares da Estrada! En breve Cabeza Quiles vai sacar un libro da toponimia de Ribeira. Un saúdo! --Estevo(aei)fálame aquí 25 de xaneiro de 2023 ás 12:37 (UTC)Responder[responder]

Perfecto, pensei que era un vandalismo. Grazas a ti pola aclaración. Breogan2008 (conversa) 25 de xaneiro de 2023 ás 12:40 (UTC)Responder[responder]

Android APKEditar

Comentasme que podría facer edicións nunha subpáxina de usuario pero non sei como se fai.

Un saudo.

Pablo131415 Pablo131415 (conversa) 26 de xaneiro de 2023 ás 12:19 (UTC)Responder[responder]

Boas Pablo, faise creando unha páxina co teu nome de usuario diante, despois unha / e logo o título do artigo. Déixoche a ligazón co título do artigo preparado por que se queres probar >>> Usuario:Pablo131415/APK (formato). Aquí podes facer tantas edicións como queiras antes de que o artigo estea listo para ser publicado. Saúdos Breogan2008 (conversa) 26 de xaneiro de 2023 ás 12:26 (UTC)Responder[responder]
Creo que xa a teño lista a publico xa ¿Ou teño que pasar algunha revisión? Pablo131415 (conversa) 30 de xaneiro de 2023 ás 08:33 (UTC)Responder[responder]
Boas Pablo, non vexo diferenza entre o que fixeches na páxina de probas e a páxina que xa che eliminaron. O contido segue cos mesmos problemas que che comentou Estevo noutra conversa. Propóñeche unha cousa, porque non fas a tradución do primeiro parágrafo do artigo que xa existe en castelán? Xa ten un formato, redacción e referencias que che poden servir de exemplo, o único que tes que facer é traducilo ben. Despois podo facerlle eu un repaso e sinalarche calquera erro que puidera haber. Paréceche? Un saúdo. Breogan2008 (conversa) 30 de xaneiro de 2023 ás 09:29 (UTC)Responder[responder]

Galegos de BarcelonaEditar

Ola, Breogán! Como vai?

Coma noutras ocasións, de novo veño romperche a cabeza. Anímaste a crear, dentro de Categoría:Emigración galega, a Categoría:Galegos de Barcelona? Coido que daría bastante de si, e temos o precedente de Categoría:Galegos de Madrid e Categoría:Galegos do País Vasco. Xa me contarás. Un saúdo!! --Estevo(aei)fálame aquí 3 de febreiro de 2023 ás 10:22 (UTC)Responder[responder]

Edito: acabo de decatarme de que xa existe Categoría:Galegos de Cataluña. Desculpa a molestia! --Estevo(aei)fálame aquí 3 de febreiro de 2023 ás 10:24 (UTC)Responder[responder]
Perde conta Estevo! Non é molestia ningunha. Saúdos. Breogan2008 (conversa) 3 de febreiro de 2023 ás 10:26 (UTC)Responder[responder]

Eliminación rápidaEditar

Ola, Breogán. Mira que che digo... Falaches coa autora do artigo de Sica Romero? Busquei a conversa e non a atopei. Xabier Cid Talk 2 me, please 4 de febreiro de 2023 ás 19:45 (UTC)Responder[responder]

Diana AguavilEditar

Ola, Breogán! Vin que traduciches o artigo da Elisa Loncón e pensei que talvez che podería interesar traducir o da Diana Aguavil (Q63101957) porque é o artigo proposto na iniciativa Translation of the week para achegar máis versións da Wikipedia, incluída a galega. Se non é así, perdoa por facerche perder o tempo. --Brunnaiz (conversa) 27 de marzo de 2023 ás 14:28 (UTC)Responder[responder]

Boas Brunnaiz, por suposto!! Grazas pola recomendación do artigo, fareino decontado. Non coñecía a iniciativa da Translation of the week. Tentarei estar ao tanto para ir traducindo eses artigos. Un saúdo. Breogan2008 (conversa) 27 de marzo de 2023 ás 14:33 (UTC)Responder[responder]
Moitas grazas por apoiares a iniciativa! --Brunnaiz (conversa) 27 de marzo de 2023 ás 18:23 (UTC)Responder[responder]

Reconto de votosEditar

Boas Breogan2008! Veño de ver votacións pechadas este ano, e en Wikipedia:Artigos de calidade/Propostas/Wikimedista do ano había un voto duplicado que contabilizaches. Isto non afectou ao resultado da votación, con todo dígocho para que teñas coidado no futuro e mires os nome ademais dos números. Un saúdo! Piquito (conversa) 9 de abril de 2023 ás 19:21 (UTC)Responder[responder]

DúbidaEditar

Hola Breogán. Hai un días creei o artigo cristal de rocha, pero deixei esta palabra sen traducir nunha frase: Os cristais desta variedade de cuarzo adoitan ser turbios e lechosos na zona na que se unen ao cuarzo masivo. Non estou moi seguro de como se di, é leitoso? Mark Gasoline (conversa) 13 de abril de 2023 ás 10:16 (UTC)Responder[responder]

Boas Mark Gasoline. A tradución do castelán lechoso é leitoso. O termo é correcto e podes comprobalo no dicionario da RAG. Eu entendo que se pode dicir que o cuarzo ten un aspecto leitoso, é dicir que ten o aspecto do leite, cando nos referimos a que non é transparente ou traslúcido. Un saúdo. Breogan2008 (conversa) 13 de abril de 2023 ás 10:38 (UTC)Responder[responder]
Grazas. Por certo, tamén teño que comentarche que hai problemas cos interwikis dos artigos bufarda e gabia. Bufarda non está ligado a ningún outro wiki e gabia non está ligado a cuneta senón a páxinas de homónimos. A ver se o podes solucionar, porque eu non teño nin idea de andar na Wikidata. Mark Gasoline (conversa) 13 de abril de 2023 ás 11:14 (UTC)Responder[responder]
Arranxei o problema co artigo de gabia, pero o da bufarda non o hai noutras linguas, ou eu non o dou atopado. Se cadra é un termo moi específico da cultura galego e o máis achegado é biolo, que si está conectado con outras linguas. Breogan2008 (conversa) 13 de abril de 2023 ás 11:26 (UTC)Responder[responder]
Vale, grazas de novo. Deica outra. Mark Gasoline (conversa) 13 de abril de 2023 ás 12:00 (UTC)Responder[responder]

Crónicas vampíricasEditar

Bos días, perdoa que te moleste. Nesta páxina puxeches que se emite (ou emitira) na TVG, pero estiven buscando na páxina web https://www.crtvg.es, e non atopei esa información, poderías dicirme como atopar esa información (se recordas, claro 😄). Moitas grazas e un saúdo Onda de lume (Conversa) 14 de abril de 2023 ás 06:45 (UTC)Responder[responder]

Boas Onda de lume. O caso coa web da CRTVG é que non é un arquivo e moitos programas que foron emitidos e xa teñen algúns anos non se poden atopar tan facilmente. Igual ten que ver cos dereitos de emisión ou que as urls onde se anunciou a serie xa non existen. De feito se fas a procura en google verás que saen moi poucos resultados. Atopei dous que confirman a emisión en galego da serie. Un é a páxina persoal dunha das actrices que deu voz en galego á serie, Maika Aguado, pódelo ver aquí. O outro é un vídeo de YouTube que foi gravado en 2015 coa promoción da serie, aquí. Un saúdo e a seguir. Breogan2008 (conversa) 14 de abril de 2023 ás 07:37 (UTC)Responder[responder]

Wikipedia translation of the week: 2023-16Editar

Wikipedia translation of the week: 2023-17Editar

Wikipedia translation of the week: 2023-18Editar

MexillónEditar

Estimado Breogan2008,

Descoñezo o motivo polo que se desface a miña contribución. Paréceme ben referenciada, e axuda a aclarar dende cando o Mexillón é un recurso económico na costa galega; desbotando as teorías de que a miticultura pasou de Francia a Cataluña e de aquí a Galicia; e que este comezou a ser un recurso a principios do século XX, anticipándoo polo menos 30-40 anos.

Prgolle polo seu coñecemento do catalán, que corrixa tamén estes erros na páxina en catalán

https://ca.wikipedia.org/wiki/Mitilicultura Justinoguerra (conversa) 7 de maio de 2023 ás 10:04 (UTC)Responder[responder]

Wikipedia translation of the week: 2023-19Editar

Ligazóns incorrectasEditar

Boas tardes, Breogán. Veño a pedirche que soluciones un problema coas ligazóns interlingüísticas de Grillón. O artigo galego non está ligado a Grillete, e a páxina do wiki en castelán liga ao grillón de náutica. Creo que hai que cambialas. Bótalles unha ollada, por favor. Mark Gasoline (conversa) 13 de maio de 2023 ás 16:05 (UTC)Responder[responder]

Non fagas caso a esta mensaxe. Vin que o artigo galego é mellor ca o castelán. Máis adiante editarei o do outro wiki para amplialo, e verei que fago cos títulos. Saúdos. --Mark Gasoline (conversa) 13 de maio de 2023 ás 16:19 (UTC)Responder[responder]
Sen problema. Saúdos.  Breogan2008 (conversa) 13 de maio de 2023 ás 17:09 (UTC)Responder[responder]

Wikipedia translation of the week: 2023-20Editar

Sherwood ForestersEditar

A que ben a eliminación dun artigo, Breogan2008. Destructo 21 (conversa) 18 de maio de 2023 ás 10:21 (UTC)Responder[responder]

Non me gusta que eliminen o meu traballo de traducción, tireime duas horas con iso. Destructo 21 (conversa) 18 de maio de 2023 ás 10:25 (UTC)Responder[responder]
Boas Destructo 21! Desfixen a túa edición en Sherwood Foresters por que pisaches o contido anterior creado por Piquito e semella ser unha tradución automática. Restauro as túas edicións pero deixarei os marcadores de atención pertinentes. Por favor revísao polo miúdo antes de retiralos. Saúdos. Breogan2008 (conversa) 18 de maio de 2023 ás 10:37 (UTC)Responder[responder]

BreobotEditar

Ola! Como vai todo?

Teño unha petición para Breobot; podes mudar as ligazóns a Modelo:Ficha de illa cara a Modelo:Illa, para evitar as redireccións? Coido que son 539. Mil grazas! :) --Estevo(aei)fálame aquí 18 de maio de 2023 ás 12:45 (UTC)Responder[responder]

Boas Estevo!! Xa está feito. Se precisas que che axude con algunha cousa que poida solucionar co bot dimo sen medo!! Saúdos. Breogan2008 (conversa) 18 de maio de 2023 ás 15:17 (UTC)Responder[responder]

prefixo ex-Editar

Ola, Breogán! Como se sinala no DRAG, o prefixo 'ex-' "adoita escribirse unido á palabra sen trazo" (ver exemplos da acepción 3, exministro, exalcalde). A excepción é cando vai cunha palabra que comeza por 'x', 'ex-xogador'. Un saúdo! --Estevo(aei)fálame aquí 19 de maio de 2023 ás 12:21 (UTC)Responder[responder]

Boas Estevo, estiven corrixindo os ex-futbolista. Engadirei ex-xogador co trazo para corrixir os que aparecen como "exxogador". Grazas. Breogan2008 (conversa) 19 de maio de 2023 ás 12:23 (UTC)Responder[responder]

A Porteliña e Porto, lugares de PonteareasEditar

Boas! vín que creaches estes lugares na parroquia de Cumiar, supoño que porque era o que indicaba o cadro de lugares. O tema é que estes dous lugares non están, segundo o nomenclátor de Galicia, en Cumiar. Si existen eses mesmos lugares na parroquia de Cristiñade, e neste caso o cadro de lugares en Galipedia sí está ben. A min paréceme que foi un erro da Galipedia coa creación dos cadros de lugares. Como ti creaches Porto, Cumiar e A Porteliña, Cumiar o pasado día 18 de maio e es o único autor, veño pedirche que o revises se queres (paxína do pdf 37; páxina 8573 do DOG correspondente ou na web do nomenclátor) e os marques como lixo se é posible. Logo diso a miña idea é arranxar o cadro de lugares de Cumiar na Galipedia. Non teño moito tempo e a verdade é que non vexo moita necesidade de abrir un fío na Taberna se concordas en que semella errado o cadro de lugares. Xa me contas. Moitas grazas! Maria zaos (conversa) 25 de maio de 2023 ás 17:54 (UTC)Responder[responder]

Boas Maria!! Acabo de comprobar estes dous lugares e coido que tes razón, deberon quedar no cadro da parroquia cando foi creado. Paso a marcalos para o seu borrado e arranxo tamén o cadro de lugares. Grazas polo teu traballo de revisión Saúdos. Breogan2008 (conversa) 26 de maio de 2023 ás 07:38 (UTC)Responder[responder]

O Planeta de Hoxe en DíaEditar

Ola!

Impórtache botarlle un ollo ao artigo O Planeta de Hoxe en Día? Non sei ben como amañalo, nin crearlle o Q en Wikidata :/ Mil grazas. Un saúdo! --Estevo(aei)fálame aquí 27 de maio de 2023 ás 08:53 (UTC)Responder[responder]

Boas Estevo. Teño moitas dúbidas sobre este artigo. Non creo que teña a relevancia necesaria para considerarse un artigo enciclopédico. Non ten referencias e paréceme que é un caso de autopromoción. Segundo o meu parecer o mellor sería borralo. Breogan2008 (conversa) 27 de maio de 2023 ás 16:39 (UTC)Responder[responder]

Alessandra KorapEditar

@Breogan2008: Ola! Cres que poderías votar aquí a favor de elexir o artigo Alessandra Korap para o proxecto da Traducción da semana? Vin que o traduciches aquí e coido que sería unha boa opción para a iniciativa. Grazas e parabéns por todo o traballo que fas cara a ter os artigos seleccionados en galego! --Brunnaiz (conversa) 28 de maio de 2023 ás 20:56 (UTC)Responder[responder]

Feito Brunnaiz. Grazas polos teus azos, coido que é un bo xeito de achegar artigos de interese entre wikis irmás. Saúdos.  Breogan2008 (conversa) 28 de maio de 2023 ás 22:16 (UTC)Responder[responder]

Wikipedia translation of the week: 2023-22Editar

Translation requestEditar

Hello.

Can you create the article pt:Lago Laacher, which is the third most powerful volcano in Europe after Campi Flegrei and Santorini, in Galician Wikipedia?

Yours sincerely, Multituberculata (conversa) 2 de xuño de 2023 ás 10:42 (UTC)Responder[responder]

Hello, the Galician language translation of the article you told me is already done. Could you tell me which language version of Wikipedia you usually contribute to? It could be interesting to collaborate on requests for translations. Greetings Breogan2008 (conversa) 2 de xuño de 2023 ás 11:07 (UTC)Responder[responder]
Thank you very much for the new article! I contribute in English Wikipedia. Multituberculata (conversa) 2 de xuño de 2023 ás 11:17 (UTC)Responder[responder]
Could I ask you to translate the article on the film Sempre Xonxa into English? It is an important work in the history of cinema in the Galician language and the article is not too long to translate. Thank you so much. Breogan2008 (conversa) 2 de xuño de 2023 ás 11:28 (UTC)Responder[responder]
Yes, I will. Multituberculata (conversa) 2 de xuño de 2023 ás 13:24 (UTC)Responder[responder]
Hello.
I created the article en:Sempre Xonxa in English Wikipedia. Sorry that it took a day to complete, because I had to correct the machine translation from Galician and check that article's sources in Galician Wikipedia and in the Web about this film (via a machine translator). Please check the article, for any mistakes and necessary improvements, that I may have overlooked.
Yours sincerely, Multituberculata (conversa) 3 de xuño de 2023 ás 14:00 (UTC)Responder[responder]

A user has erased large segments of the "Background" and "Production" sections in the en:Sempre Xonxa article, because of lack of reference. I wish to restore them since they are relevant to that article and provide interesting information, but I am afraid it will be reverted. Is there any other reference? Any advice on what I should do? Multituberculata (conversa) 3 de xuño de 2023 ás 22:15 (UTC)Responder[responder]

Fortunately, another user has added a paragraph with a Spanish language source, which saved the article, after it was nominated for deletion due to lack of referenced sources. I also want to create an article about the film's director Chano Piñeiro in English Wikipedia, in order to complement the article, but there are not enough references, which could cause a nomination for deletion. Unfortunately, because I don't know Galician, Spanish or Catalan, finding sources has proved hard. Multituberculata (conversa) 5 de xuño de 2023 ás 20:39 (UTC)Responder[responder]
Thank you for your translation and for following up on the article. I will try to find references for Chano Piñeiro's article. If I can improve the version in Galician I will inform you Breogan2008 (conversa) 6 de xuño de 2023 ás 08:27 (UTC)Responder[responder]

Wikipedia translation of the week: 2023-23Editar