Crónicas vampíricas
Crónicas vampíricas (en inglés: The Vampire Diaries) é unha serie de televisión de drama sobrenatural creada por Kevin Williamson e Julie Plec. Está baseada na serie de novelas escrita por L. J. Smith. A serie estreouse a través da The CW o 10 de setembro de 2009. Emitiuse en galego a través da TVG.[1]
O episodio piloto conseguiu unha audiencia para a canle The CW como ningunha outra estrea de serie o fixera xamais dende que a canle comezase en 2006.[2] A primeira temporada conseguiu 3,6 millóns de espectadores e as seguintes tempadas mantiveron unha audiencia por enriba dos 2 millóns.[3] Inicialmente, a serie recibiu críticas diversas, mais os críticos concordan que segundo avanzou a primeira temporada, a serie mellorou a súa calidade. As estreas das seguintes temporadas recibiron mellores críticas. A serie recibiu numerosos nomeamentos a premios, gañando catro People's Choice Awards e varios Teen Choice Awards.
Notas
editar- ↑ "Crónicas Vampiricas na TVG". crtvg.es. Arquivado dende o orixinal o 6 de outubro de 2016.
- ↑ "'Vampire Diaries' star Nina Dobrev on Elena's look-alike dilemma and more". Los Angeles Times. 21 de xaneiro de 2010. Consultado o 8 de febreiro de 2010.
- ↑ "Final 2009-10 Broadcast Primetime Show Average Viewership - TV Ratings, Nielsen Ratings, Television Show Ratings". TVbytheNumbers.com. 16 de xuño de 2010. Arquivado dende o orixinal o 18 de abril de 2013. Consultado o 16 de xuño de 2010.
Véxase tamén
editarLigazóns externas
editar- Páxina web (en inglés)
- Ficha na IMDb (en inglés)