Conversa usuario:Lameiro
Benvido á Galipedia Lameiro. Grazas por unirte a este proxecto e por colaborar connosco na mellora do wiki. Se tes algunha suxerencia sobre o wiki, as páxinas de axuda ou todo aquilo que penses que pode mellorar a Galipedia para nós sería de moita axuda coñecela. Este proxecto ademais da Galipedia inclúe Wikisource para textos orixinais, o Galizionario para entradas de dicionario, Galicitas para citas textuais e Galilibros para a publicación de libros. Tamén hai unha extensión da comunidade galega en Commons —un repositorio de imaxes común a todos wikis—. Podes establecer contacto cos outros usuarios nas diversas seccións da Taberna ou nas súas páxinas de discusión. Tes información sobre o funcionamento da wikipedia en galego en Wikipedia:Axuda, Wikipedia:Política e normas e no Portal da comunidade. Para calquera cousa que nos necesites aí nós tes. Un cordial saúdo. --Prevert(talk) 17:57, 26 febreiro 2007 (UTC)
*Caparazón editar
Ola Pedro. Cordiais saúdos despois de tanto tempo sen falarmos. Acabo de corrixir o texto do artigo, xa que estou de acordo con todas as opinións que alí se expuxeron (e especialmente da túa, moi agarimosa comigo). Suxerín unha posíbel solución ao caso na páxina de conversa. Mira a ver como quedou (o artigo), e se estás de acordo co que propoño na conversa. Se non, dimo e refago o artigo como Casca (zooloxía) e pido eliminar o actual. Moitas grazas. --XoioÉche o que hai 2 de febreiro de 2020 ás 20:15 (UTC)
Debate na taberna editar
Boas! Veño de iniciar un fío na Taberna que creo que é de interese para toda a comunidade e gostaria de coñecer a túa opinión. Aquí está!. Moitas grazas, Piquito (conversa) 20 de abril de 2020 ás 23:31 (UTC)
Placa de latitude na USC editar
Ola, Lameiro. Estimo que esta placa -
- non debera estar na categoría na que a metiches, "Imaxes de placas altimétricas na provincia da Coruña", por razóns obvias: non é unha placa altimétrica.--Agremon(contacto) 12 de agosto de 2020 ás 16:21 (UTC)
Paro técnico o vindeiro martes 1 de setembro editar
Boas, na sección de novas da Taberna hai un aviso sobre unha proba técnica que se vai realizar nos servidores da WMF. Esta operación está programada para o vindeiro martes 1 de setembro e vai afectar ás tarefas de edición en todas as wikis. Tedes máis información no propio aviso. Saúdos, MediaWiki message delivery (conversa) 27 de agosto de 2020 ás 23:26 (UTC)
Nota: Esta é unha mensaxe enviada coa utilidade de mensaxes en masa da Galipedia, se non quere seguir recibindo estas mensaxes pode quitar o seu nome desta lista.
Ciclopes editar
Boas Lameiro, tes razón no cambio que fixen. Seguro que é iso o motivo de manter a forma en castelán. Vouno desfacer. Grazas e saúdos.--Breogan2008 (conversa) 9 de decembro de 2020 ás 19:48 (UTC)
Ceo (mitoloxía) editar
Boas Lameiro, o artigo xa existe na galipedia e foi creado por Xoio como Ceos - Κοῖος. Saúdos. --Dodro (conversa) 10 de decembro de 2020 ás 00:49 (UTC)
Xigantes editar
Ola Pedro, paréceme ben o que propós. Nun principio tiña pensado traducir todo o contido da versión en inglés, mais finalmente non o fixen. Por iso é que quedou a bibliografía completo. Xa que logo o máis lóxico é facer o que dis e manter só a bibliografía citada no artigo. Saúdos. --Breogan2008 (conversa) 16 de decembro de 2020 ás 19:50 (UTC)
- Ola de novo, o que si deberiamos manter é a bibliografía citada nas notas. Se che parece ben recupéroa da lista.--Breogan2008 (conversa) 16 de decembro de 2020 ás 20:03 (UTC)
Clasificación na mitoloxía grega editar
Boas, vin que cambiaras a clasificación de Filomela de mitoloxía grega a mulleres na mitoloxía grega. Vin que na clasificación de mitoloxía grega había personaxes que se podían clasificar en mulleres, homes, deusas, deuses, e comecei a cambiarlles a clasificación, mais despois comecei a ver que non tiña claro como clasificar algúns a partir da información dos artigos e parei. Poderías comprobar se incorrín nalgún erro nos que lles cambiei a clasificación?. Lles (conversa) 13 de xaneiro de 2021 ás 09:36 (UTC)
wikidata editar
Perde conta, a min non me custa nada facelo mentres reviso os cambios recentes. Saúdos.--Breogan2008 (conversa) 14 de xaneiro de 2021 ás 11:24 (UTC)
úrsidos editar
Ola, Pedro! Como vai a cousa? Que tal pasaches a Candeloria?
Sei que andas a fulespín coa mitoloxía, mais quería preguntarche se che apetece traducir dous artigos: es:Ursus arctos pyrenaicus (Oso pardo cantábrico? Oso pardo pirenaico?) e mais es:Culto a los osos (Adoración do oso?). O primeiro seica é o que se achega pola nosa terra, e o segundo pode entrar en relación co Oso de Salcedo. Obviamente non hai urxencia ningunha, e só se che apetece. Unha aperta! --Estevo(aei)fálame aquí 3 de febreiro de 2021 ás 03:26 (UTC)
RE: Dafne editar
Ola Lameiro! Paréceme perfecto. Un saúdo! Piquito (conversa) 12 de marzo de 2021 ás 22:56 (UTC)
Corazón editar
Lameiro, o que preguntabas de xusante, é moi probablemente un lusismo. En portugués escríbese jusante, que significa 'augas abaixo dunha corrente de auga ou marea'. Supoño que o tomarían do francés jusant. Aí refírese ao que está máis abaixo dos nodos do corazón, que é cara onde discorre o impulso que causa a contracción do corazón. Substituíno por, simplemente, "máis abaixo". Un editor português foi o principal editor deste artigo e eu colaborei corrixindo a lingua, principalmente cambiando algúns dos lusismos máis evidentes, pero algo parece que quedou.--Miguelferig (conversa) 15 de abril de 2021 ás 17:06 (UTC)
Día Internacional das Familias editar
Ola! Vin que o volveras mover ao singular e amañei polo tanto a dupla redirección que quedou atrás. Mirando no historial vése que movín e creei as redireccións do singular ao plural porque a denominación é en plural actualmente. O que quedou por facer foi actualizar o artigo, que segue en singular, cousa que non fixen porque tiven abondo daquela con categorizar e crear as redireccións e títulos correctos coas maiúsculas. (ver https://gl.wikipedia.org/wiki/Conversa:Portada#D%C3%ADa_internacional_do_libro_infantil_e_xuvenil e https://gl.wikipedia.org/wiki/Conversa_usuario:HombreDHojalata#Subcategor%C3%ADas_baixo_categor%C3%ADa_eventos) Agora mesmo queda o principal como modificaches, en singular, pero non é a denominación oficial xa [1]. Xa me contas se te animas a actualizar o artigo e podemos volver a crear as redireccións na outra dirección. (de singular a plural) Graciñas!--Maria zaos (conversa) 17 de abril de 2022 ás 22:25 (UTC)
- Boas de novo; xa puxen un marcador no artigo. Sempre foi en plural, segundo a tradución en español da resolución orixinal. Movín as redireccións de novo, pero lamentablemente errei e agora toca agardar a solucionar esta zocada miña que quedou como título. En canto a borren amaño todo. Saúdos.--Maria zaos (conversa) 17 de abril de 2022 ás 23:00 (UTC)
ligazóns externas editar
Ola, Pedro! Porfi, lembra que segundo o Wikipedia:Ligazóns externas, no debe haber ligazóns externas no corpo de texto. Ademais, cando se empreguen como referencia deben aparecer como nota a pé, non directamente coa ligazón no texto; pode serche de utilidade empregar o Modelo:Cita web, que ten os diversos campos necesarios (url, título, páxina web, data, lingua...). Ademais, é importante confirmar que as url van correctamente; podes botarlle un ollo a 2 de outubro#Festas e celebracións, que non funciona a ligazón que puxeches? Graciñas!! Unha aperta! --Estevo(aei)fálame aquí 14 de novembro de 2022 ás 18:29 (UTC)
Contrasinal editar
Pois non sei que che ocorre; pero proba a reestablecer o contrasinal. Calq (conversa) 25 de xaneiro de 2023 ás 08:20 (UTC)
Centaurea cyanus editar
Ola, Pedro. Unha consulta rápida: sabes dalgún nome popular para a Centaurea cyanus? Pode ser centaura? Grazas? Atobar (conversa comigo) 16 de agosto de 2023 ás 10:53 (UTC)
Vulpes zerda editar
Ola, Pedro. En galego, fennec, fénec ou outra? Calquera axuda é benvida. Grazas coma sempre e un saúdo. Atobar (conversa comigo) 6 de novembro de 2023 ás 17:14 (UTC)
- @Atobar: O DiGalego dá feneco; segundo d:Q131564 Fennecus zerda = Vulpes zerda. Un saúdo! --Estevo(aei)fálame aquí 6 de novembro de 2023 ás 17:19 (UTC)
Image in Gurgullo do eucalipto editar
Ola, why did you revert this edit? Please see the link in the edit summary and this edit: the species has been misidentified on Commons. It is Gonipterus platensis (Gonipterus platensis (Q21268588), not Gonipterus scutellatus (Gorgullo do eucalipto (Q3392346). Regards, Korg (conversa) 23 de novembro de 2023 ás 18:35 (UTC)
- ↑ "International Day of Families, 15 May 2018". www.un.org. Consultado o 2022-04-17.