RE:Generalitat editar

Síntocho de verdade! Igual me pasa a min cando vexo Xunta de Andalucía! Un saúdo!--AMPERIO (conversa) 3 de xaneiro de 2015 ás 18:28 (UTC)Responder

De todas formas sorpréndome de que se deixen palabras en catalán, pero non se deixen palabras en inglés ou castelán. Por exemplo, estou vendo moitos President de la Generalitat e Palau de la Generalitat cando nunca vexo Prime Minister ou Presidente del Gobierno e ninguén se sorprende de traducilas ao galego. --AMPERIO (conversa) 3 de xaneiro de 2015 ás 18:42 (UTC)Responder
Te estás quedando conmingo ou é a miña sensación? Mira esta páxina por exemplo Consello da Xeneralidade Valenciana cos seus Molts Honorables, está case todo en catalán.--AMPERIO (conversa) 3 de xaneiro de 2015 ás 18:55 (UTC)Responder

Cólera en Galicia editar

Ola, Lameiro. Por se un día te animas a fincarlle o dente a este asunto e redactar O cólera en Galicia ou algo similar. Galicia nos tempos do Cólera, en Ciencia Galega. --Atobar (conversa comigo) 7 de xaneiro de 2015 ás 10:45 (UTC)Responder

Rubia galega editar

Boas rapás!, cando teñas un momento, poderías botarlle un ollo ó artigo rubia galega? É que o propuxen para ir á portada do mes que ven e faríalle falta algunha referencia na sección de historia, ti poderías achegarlla? É que eu en internete non dou atopado ningunha. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 8 de xaneiro de 2015 ás 00:10 (UTC)Responder

Pedro, non tes material para facer un apartado "na cultura popular"? Ten que haber unha chea de expresións que aludan expresamente á rubia, non? --. HombreDHojalata.conversa 10 de xaneiro de 2015 ás 11:38 (UTC)Responder
Antes de dicircho xa revisara eses artigos, e non atopei nada que mencione expresamente á "rubia". Por iso cho comentaba. --. HombreDHojalata.conversa 10 de xaneiro de 2015 ás 12:00 (UTC)Responder
En dúas palabras im presionante :) Moitas grazas! Saúdos, --Elisardojm (conversa) 17 de xaneiro de 2015 ás 00:46 (UTC)Responder

Artigo Finados/Categoria:Finados editar

Coincido contigo en que o artigo Finados en 2015 está de máis ó existir xa a Categoría:Finados en 2015. Igual acontece con Finados en 2014. Eu comprendo que pode resultar frustrante a supresión dun artigo para a persoa que lle dedicou tempo e esforzo e non gusta. A min borráronme un artigo; Nados en Dodro (ver conversa con Xas) que durou apenas horas, pero explicando as motivacións e recoñecendo o labor do usuario penso que finalmente se comprende.--Dodro (conversa) 8 de xaneiro de 2015 ás 12:35 (UTC)Responder

RE: editar

Mira a ver se te parece adecuado o comezo como o deixei Generalitat de Cataluña. --AMPERIO (conversa) 9 de xaneiro de 2015 ás 14:32 (UTC)Responder

Agora o busco. Unha cousa, de seguir este criterio habería que revisar o Wikipedia:Toponimia que citou Norrin ao principio de todo isto para modificar a norma de traducir os nomes dos gobernos ao galego. Non? Ainda que non sei moi ben a que parte do que alí di se refire.--AMPERIO (conversa) 9 de xaneiro de 2015 ás 14:47 (UTC)Responder

Robot traballando editar

Ola Pedro.

Sabías que temos un bot traballando en Sudáfrica? Shyde (conversa · contribucións) --. HombreDHojalata.conversa 12 de xaneiro de 2015 ás 22:59 (UTC)Responder

Deixando unha mensaxe en Conversa usuario:Shyde, Gallaecio atende amablemente tódalas peticións. --. HombreDHojalata.conversa 12 de xaneiro de 2015 ás 23:05 (UTC)Responder

Global account editar

Hi Lameiro! As a Steward I'm involved in the upcoming unification of all accounts organized by the Wikimedia Foundation (see m:Single User Login finalisation announcement). By looking at your account, I realized that you don't have a global account yet. In order to secure your name, I recommend you to create such account on your own by submitting your password on Special:MergeAccount and unifying your local accounts. If you have any problems with doing that or further questions, please don't hesitate to contact me on my talk page. Cheers, DerHexer (conversa) 15 de xaneiro de 2015 ás 00:25 (UTC)Responder

Boas, xa respondín ó teu correo, a ver se se pode amañar o conto :) Saúdos, --Elisardojm (conversa) 16 de xaneiro de 2015 ás 00:22 (UTC)Responder
Xa che respondeu DerHexer, o que pasa é que respondeu na súa páxina de usuario, supoño que che chegaría un aviso grazas ó novo sistema de notificacións porque puxo o teu nome de usuario. Di que fagas o proceso de unificación da conta global agora, porque en abril cando se remate o proceso xeral de creación de contas globais xa usurparán esa conta de pt.wiki de forma automática. Tes que ir a Special:MergeAccount para crear a conta global. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 16 de xaneiro de 2015 ás 09:54 (UTC)Responder
Pois eu creo que si vai ben :), polo que entendín do proceso agora van a unificarse as contas que tes co nome de Lameiro, que é a que usas aquí. Co paso que deches agora xa están unificadas as de ca, es e fr, sempre falando da conta Lameiro. Faltan por unificar as contas de pt, esta é a do tipo que se retirou, e as de commons e en.wiki, que polo que vin deberon ser dúas edicións que fixo ese Lameiro portugués :)
Entón o que eu entendo, polo que comentou DerHexer, é que o proceso de unificación xa se vai a encargar de usurpar esas contas. Como ese usuario de pt.wiki está inactivo non vai pedir a unificación, e entón o proceso de unificación só vai ter que renomeala.
A conta P.Lameiro é outra historia, este proceso só implica a Lameiro, así que a conta Lameiro estea unificada haberá que mirar se pode facerse algo con P.Lameiro ou se simplemente se pecha. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 16 de xaneiro de 2015 ás 23:16 (UTC)Responder
Ah, en resumo, que agora o único que hai que facer é esperar ata abrir e ver o que pasa :) Saúdos, --Elisardojm (conversa) 16 de xaneiro de 2015 ás 23:17 (UTC)Responder
Non, eu penso que a conta P.Lameiro non desaparecerá e o seu historial tampouco, seguirá estando aí pero non se unirá coa conta Lameiro, continuarán existindo as dúas de forma global pero independente. Actualmente penso que non é posible unir varios usuarios aínda que na páxina de meta di que podería ser posible no futuro. Pero xa sabes como é isto da wiki podería ser que o fagan e pero tamén pode ser que non o fagan :)
Isto só quere dicir que as contribucións que fixeches a Commons con P.Lameiro non estarán na conta de Lameiro, pero non se perderán. Eu o que faría, despois de comprobar que a conta Lameiro xa é global e ten acceso a tódolos proxectos supoño que a finais de abril ou a principios de maio, sería deixar unha mensaxe en Commons na conta P.Lameiro indicando que esa é unha conta antiga e que a actual é a de Lameiro poñendo unha ligazón cara ela, ou algo así. Tamén poría unha mensaxe na conta de Commons Lameiro indicando que a conta P.Lameiro pertence á mesma persoa pero que é unha conta que xa non se utiliza, ou algo así.
A marca de autopatrolled non é complicada de subir, en canto leves uns meses traballando con Lameiro xa cha dan nun plis, e xa verás logo que gozada o de cambiar de wiki sen ter que meter de novo o contrasinal! :)
Ah, traducín a cabeceira da páxina "Informações da conta global", pero como creo que é unha mensaxe do sistema penso que non se actualizará ata que fagan unha nova actualización do software. Se te decatas dalgunha mensaxe máis noutro idioma avísame e tento traducila, porque aínda que en Translatewiki está a central de tradución algunhas mensaxes do sistema non sei por que non aparecen listadas aí. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 17 de xaneiro de 2015 ás 16:37 (UTC)Responder

Páez vs Peláez editar

Boas Pedro, deixeite algunhas referencias que atopei buscando en google bispo páez compostela, espero que sirvan. Saúdos!--AMPERIO (conversa) 24 de xaneiro de 2015 ás 19:04 (UTC)Responder

Aí xa non te podo axudar. A ver que din os demais. Saúdos! --AMPERIO (conversa) 24 de xaneiro de 2015 ás 19:53 (UTC)Responder

LICs editar

Grazas por avisar, non me fixei, xa quedou feito.--Harpagornis (Talk) 2 de febreiro de 2015 ás 10:58 (UTC)Responder

Dos Arquivos do trasno editar

A verdade e que non sei moi ben como funciona isto, ¿esta e a maneira correcta de falar?, digo para falar tan so contigo. É correcto o termo Galiza, estaba errado eu, pero ainda así o Pais non e Galiza, o pais e España. Espero que non o tomaras a mal. --Moisespombo (conversa) 12 de febreiro de 2015 ás 13:58 (UTC)MoisespomboResponder

Moisespombo--Moisespombo (conversa) 12 de febreiro de 2015 ás 13:58 (UTC)Responder

Lista de ósos do esqueleto editar

Grazas por cambiar o nome da páxina. Eu, pola miña parte, xa traducín as dúas primeiras ilustracións do cranio (tiñan pouco que traducir, en realidade; só borrar algunhas letras). Conforme vaia tendo tempo traducirei todas as demais. Adeus.--Miguelferig (conversa) 12 de febreiro de 2015 ás 22:35 (UTC)Responder

Duplicate editar

Márcase como duplicada da outra con {{Duplicate|File:Museo Pontevedra, 6 Edificio, 04-01bb Retablo de Santo Estevo.JPG}} así e un administrador xa a borrará. --. HombreDHojalata.conversa 13 de febreiro de 2015 ás 07:17 (UTC)Responder

Grazas HombreDHojalata. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 19 de febreiro de 2015 ás 23:09 (UTC)Responder

Sutura "lamboide" editar

Si, Lameiro, adiante, fai as modificacións necesarias. Agora estou traballando noutra páxina, sobre unha proteína interleucina, polo que non haberá conflitos de edición. O que pasou é que onte fixen a páxina óso sutural ou wormiano e alí hai unha ligazón con sutura lambdoide, e por iso dei con esa páxina que ten un nome incorrecto. Grazas.--Miguelferig (conversa) 15 de febreiro de 2015 ás 13:16 (UTC)Responder

Monte Carmelo editar

Boas Lameiro! Podes corrixir todos os carmes que vexas, non hai problema. Cando mires algún artigo que redactara eu e vexas algo que cres que non estea ben corríxeo, logo se tes algunha dúbida de que o que traduciches estivera ben mándame unha mensaxe e se discrepo tentamos chegar a acordo, e se logo acordamos que estaba mellor antes do cambio simplemente hai que revertir a edición, creo que así é máis práctico. Un saúdo e grazas! Piquito (conversa) 15 de febreiro de 2015 ás 16:44 (UTC)Responder

Sinfonía nº 8 editar

Boas Lameiro! Hai tempo traducín o artigo da Sinfonía nº 8 (Sibelius) da Wikipedia en inglés, poderías se tes un momento revisar a lingua? Estaba pensando en propoñelo para calidade, así que se te animas a revisalo e ves calquer cousa que creas mellorable agradeceríacho. Moitas grazas! Piquito (conversa) 16 de febreiro de 2015 ás 22:02 (UTC)Responder

Boas de novo! Xa arranxei o feminino incorrecto; o da frase sen sentido debeu ser escribindo doa tablet ou algo así, non sei moi ben que puido pasar, era ben sinxelo...; sobre a substitución que fixeches, se cres que vai mellor relacionado por min perfecto, ti sabes máis lingua ca min; mudei o prevaricar do título da sección e da frase que indicabas por mentira (non sei se queda algún prevaricar máis); o das datas xa o arranxei, as das páxinas "abertas" as mudei pola data de hoxe (cando non existían busquei a arquivada e puxen a ligazón á páxina arquivada, non sei como se fai neses casos), para as páxinas que requiren subscrición deixei a data da consulta orixinal en inglés. Visto o visto, cres que podería ser un bo candidato ou pasarei do tema? Un saúdo! Piquito (conversa) 17 de febreiro de 2015 ás 01:08 (UTC)Responder

Re:Wikimedia Commons: Categoría incorrecta -> Categoría correcta editar

Normalmente a incorrecta deixase como redirección cara a correcta (feito), por si dende algún dos proxectos nalgunha das linguas queda algunha ligazón cara a ela (cousa difícil de saber), para que vaia a onde ten que ir. --. HombreDHojalata.conversa 19 de febreiro de 2015 ás 22:41 (UTC)Responder

Xa está editar

Boas Lameiro! Xa rematei a ampliación de Bach, agora podes seguir coa revisión que comezaras se queres. Pode que engada algunha cousiña que saque de algún libro que teña por casa, pero en tal caso creo que sería pouca cousa (non creo que poda ou deba engadir moito máis), a grandes rasgos xa está, é longo abondo malia ser un tema pouco menos que infinito. Calquer cousiña que vexas mellorable non dubides en dicirmo. Unha aperta! Piquito (conversa) 21 de febreiro de 2015 ás 00:46 (UTC)Responder

Orixe do universo editar

Moitas grazas, Pedro, pola túa corrección do meu erro no artigo Evolucionismo teísta. A explicación supoño que sería porque a primeira edición tireina das correspondentes das wikis en portugués e castelán; pero o fallo é imperdonábel para un profe que estivo anos e anos explicándolle aos seus alumnos que o big bang ocorreu hai aproximadamente 13 mil millóns de anos. Unha aperta. Luís.--XoioÉche o que hai 22 de febreiro de 2015 ás 19:49 (UTC)Responder

Aviso de wikimaratón en Vigo editar

Boas, puxen unha nota na taberna e coméntocho por se che interesa. Tamén pedín un permiso urxente para cambiar o aviso da cabeceira dos artigos, se ves algún problema coméntao alí. Saúdos, Elisardojm (conversa) 23 de febreiro de 2015 ás 10:13 (UTC)Responder

Vémonos o sábado? Invito a café ou ó que faga falta :) Saúdos, --Elisardojm (conversa) 23 de febreiro de 2015 ás 11:00 (UTC)Responder

RE: Noches en los jardines de España editar

Boas Lameiro! Xa corrixín o que me comentabas de Noches en los jardines de España, creo que agora está mellor, se queres podes votarlle un ollo. Unha aperta e grazas polo aviso! Piquito (conversa) 25 de febreiro de 2015 ás 00:37 (UTC)Responder

Sacro editar

Grazas polo aviso! Pasáraseme o tema. Saúdos.--Agremon(contacto) 25 de febreiro de 2015 ás 20:09 (UTC)Responder

Armonía Universal editar

Boas Lameiro! Esta tarde vin o caso de Armonía Universal, ao chegar a casa propuxen o borrado da páxina da editorial e a do seu fundador, puxen nas dúas un marcador de "lixo" especificando "Posible caso de autopromoción"... pois ben, o usuario editou o aviso do artigo da editorial, debo dicirlle que deixe de tocar o artigo mentres estea en curso a votación? Digolle que deixe o marcador como o puxen eu ou pode cambiar libremente a información que eu puxen? Graciñas!! Piquito (conversa) 27 de febreiro de 2015 ás 23:41 (UTC)Responder

Páxina Armonia Universal editar

Ola Pedro, efectivamente, a páxina non debería ter sido creada. Xa propuxen a súa eliminación. Disculpa as molestias e moitas gracias pola túa axuda. Saúdos --Armoniauniversal (conversa) 27 de febreiro de 2015 ás 23:50 (UTC)Responder

Gracias de novo, Pedro. Non deixa de ser un modo de aprender pola miña parte, e con sinceridade reitero que o entendo perfectamente e agradezo o traballo dos administradores e o cumprimento da norma. Saúdos cordiais. --Armoniauniversal (conversa) 28 de febreiro de 2015 ás 00:06 (UTC)Responder

RE: ‎Johannes Brahms editar

  Feito! Quedouse unha palabra na tradución, xa está arranxado. Grazas polo aviso! Piquito (conversa) 28 de febreiro de 2015 ás 15:23 (UTC)Responder

Opinión editar

Boas! Deixei un comentario na conversa do libro de estilo que fai referencia ás notas nos artigos, se podes e queres podes deixar a túa opinión. Un saúdo! Piquito (conversa) 4 de marzo de 2015 ás 10:15 (UTC)Responder

Doce aniversario da Galipedia editar

Na taberna hai unha nova proposta que pode ser do teu interese.

Esta mensaxe foi enviada coa ferramenta de Mensaxes masivas da Galipedia, se non queres recibir máis mensaxes deste xeito podes borrarte da lista de subscritores aquí. Saúdos.

RE:¿San/Santo? Amaro editar

Tamén tes razón, aínda que ningún está en Cenlle e na web do concello tampouco hai ningunha referencia. O único que se pode alegar é que o primeiro editor puxo "San", deixarémolo con San mentres non se sabe máis, engadindo unha nota no artigo, ou que fago? Saúdos, Elisardojm (conversa) 6 de marzo de 2015 ás 09:08 (UTC)Responder

Ribadeo editar

Paseille a túa info a Conversa_usuario:HombreDHojalata, que está a encargarse máis das correccións. Saúdos,--Agremon(contacto) 10 de marzo de 2015 ás 22:49 (UTC)Responder

Correccións ortográficas có Bot editar

Ola! Veño de terminar algunhas das correccións que propuxeras para facer có bot, "norleste"/ "sureste" / "surleste" / "sudoeste" / "sul" están feitas. No caso das 4 primeiras o bot pasou a corrección nos casos en que as palabras aparecían illadas, con espacio antes e despois, e comezando con minúscula.

Podo darlle outra pasada a maiores se ves que todavía fai falla ou hai moitos casos que teñan outras condicións. Para "sul" tiven que estar atento e confirmar as edicións individuais do bot unha a unha, xa que aparece en moitas frases en italiano e ahí o bot non fai distincións.

Para "con a" / "con as" / "con o" / "con os" / "con un" / "con unha" / "cun uns" / "con unhas" todavía non comecei, a ver se me podo poñer a próxima semana con eses.

Saúdos -Banjo tell me 12 de marzo de 2015 ás 22:44 (UTC)Responder

Nova proposta editar

Boas! Fixen unha nova proposta na taberna, podes vela aquí e opinar. Un saúdo!! Piquito (conversa) 14 de marzo de 2015 ás 22:30 (UTC)Responder

Adaptación do formato dos números no sistema wiki editar

Boas, na taberna hai unha nova proposta que debe ser votada pola comunidade para saber se é aceptada ou non. Se tes un momento libre precisamos a túa opinión para decidir entre todos a mellor opción. Saúdos, MediaWiki message delivery (conversa) 16 de marzo de 2015 ás 08:58 (UTC)Responder

Nota: Esta é unha mensaxe enviada coa utilidade de Mensaxes masivas de MediaWiki, se non queres seguir recibindo estas mensaxes podes quitar o teu usuario desta lista.

Invitation editar

 
Thank you for using VisualEditor and sharing your ideas with the developers.

Hello, Lameiro,

The Editing team is asking very experienced editors like you for your help with VisualEditor. The team has a list of top-priority problems, but they also want to hear about small problems. These problems may make editing less fun, take too much of your time, or be as annoying as a paper cut. The Editing team wants to hear about and try to fix these small things, too.

You can share your thoughts by clicking this link. You may respond to this quick, simple, anonymous survey in your own language. If you take the survey, then you agree your responses may be used in accordance with these terms. This survey is powered by Qualtrics and their use of your information is governed by their privacy policy.

More information (including a translateable list of the questions) is posted on wiki at mw:VisualEditor/Survey 2015. If you have questions, or prefer to respond on-wiki, then please leave a message on the survey's talk page.

Thank you, Whatamidoing (WMF) (talk) 16 de marzo de 2015 ás 23:31 (UTC)Responder

Dereitos de autor editar

Boas, por fin contestei ó tema das obras orfas, anónimas e tal, e tal, na taberna, a ver se che sirve de axuda, e se non seguimos investigando. Saúdos, Elisardojm (conversa) 18 de marzo de 2015 ás 18:10 (UTC)Responder

Hienas editar

Ola Pedro. Moitas grazas por corrixires esas "algunhas cousas que se me escaparan", e por retirares o marcador. Canto aos "hábitos cursoriais" xe me din de conta de que habería que facer un pequeno artigo para explicar o que son (é unha verdadeira chorrada, pero xa sabes, as novidades léxicas están moi de moda). Como aínda me quedaban por completar (e quedan) os artigos das hienas, onte e hoxe estiven redactando pequenos artigos "en progreso" de cada unha delas (e do prótele / lobo de terra que, aínda que non se chama hiena en ningún idioma é unha hiena), e eu son moi disperso nas miñas actividades —e, as veces, bastante vago—, funo deixando. Pouco a pouco irei completando estes artigos para suprimir o de "en progreso". Os paténteses —necesarios— de Austria xa os amañei.

O tema do título. Na miña opinión, e como deixei claro no "cadro de clasificación", debería ser hiénidos (cun sinónimo hienas). Pero coas redireccións que hai agora, non é un asunto demasiado importante. O título Hiena, en singular, era o que puxo o primeirò editor, e eu non o podo cambiar (a pesar de que, obviamente, se refería a toda familia). Pero agora, por min, pode quedar así: co cadro de clasificación xa se ve ben de que se trata. Un cordial saúdo. --XoioÉche o que hai 19 de marzo de 2015 ás 20:37 (UTC)Responder

Moitas grazas. --XoioÉche o que hai 19 de marzo de 2015 ás 23:19 (UTC)Responder

Lactosa editar

Saúdos, Lameiro. En primeiro lugar teño que dicir que a páxina da lactosa non a fixen eu. Iniciouna CarlosFKing, que creo que sei quen é, xa que traballou comigo nun instituto e sempre firmaba os seus correos así. As denominacións lactina e lactobiosa non son incorrectas. Son sinónimos de lactosa, pero son termos que se usan pouco. Lactina é moi obsoleto. Lactobiosa úsase algo máis, porque en moitos medicamentos se engade lactosa monohidrato e ás veces usan a denominación lactobiosa. En inglés úsase tamén (moi raramente) lactobiose e lactin (para esta última o wiktionary di que é un termo obsoleto). Hai referencias en castelán e inglés para eses nomes, pero en galego non vai haber. Tampouco son termos usados pola IUPAC e son sinónimos raros, así que ti verás o que se fai neses casos.--Miguelferig (conversa) 23 de marzo de 2015 ás 21:49 (UTC)Responder

Primeiras xornadas "Coñece a Galipedia na UDC" e galencontro na Coruña editar

Boas, na taberna hai unha nova sobre unha actividade da Galipedia na Coruña. Tamén se precisa a túa colaboración para decidir se poñer ou non un aviso sobre a mesma. Saúdos, MediaWiki message delivery (conversa) 25 de marzo de 2015 ás 12:05 (UTC)Responder

Nota: Esta é unha mensaxe enviada coa utilidade de Mensaxes masivas de MediaWiki, se non queres seguir recibindo estas mensaxes podes quitar o teu usuario desta lista.

O raxo do porco editar

Ola Pedro. Moitas grazas pola túa corrección no asunto do raxo de porco. Ao cabo, ti es veterinario; eu, simple comedor de raxo. Unha aperta, Luís. --XoioÉche o que hai 4 de abril de 2015 ás 21:58 (UTC)Responder

Conta global editar

Boas, se revisas Información global da conta podes ver que a conta de pt.wiki xa foi renomeada, e outras máis. Estes días están a traballar os bots de renomeado das contas e penso que en pouco tempo o choio estará feito. Saúdos, Elisardojm (conversa) 21 de abril de 2015 ás 00:06 (UTC)Responder

Amañei a ligazón que che puxen no anterior comentario, ademais hoxe acabo de comprobar nesa páxina que xa non hai ningunha edición, nin en pt.wiki, nin en en.wiki nin en commons, que non estean relacionadas co teu usuario. É dicir que as contas que tiñan o teu nome nesas wikis foron renomeadas e con iso quedan liberadas para que chas poidan asignar a ti para facerche a conta global co teu nome. Supoño que nuns días recibirás un aviso de que o proceso rematou correctamente, o que pasa é que non sei o que tardará porque ó mellor teñen que rematar os procesos en tódalas wikis. O que importa é que a cousa vai como estaba previsto :) Saúdos, --Elisardojm (conversa) 22 de abril de 2015 ás 07:33 (UTC)Responder
Boas acaban de avisar de que o proceso de unificación de contas xa rematou polo que agora a túa conta xa debe ser global, cando poidas da unha volta por Commons por exemplo e así xa a podes estrear :) Saúdos, --Elisardojm (conversa) 27 de abril de 2015 ás 17:19 (UTC)Responder

Proposta para reorganizar a páxina de artigos de calidade editar

Boas, na taberna hai unha proposta para reorganizar a páxina de artigos de calidade. Se tes un momento libre agradeceríamos a túa participación na conversa. Saúdos, MediaWiki message delivery (conversa) 22 de abril de 2015 ás 23:29 (UTC)Responder

Nota: Esta é unha mensaxe enviada coa utilidade de mensaxes en masa da Galipedia, se non queres seguir recibindo estas mensaxes podes quitar o teu usuario desta lista.

Proposta para cambiar o logo para o Día das Letras editar

Boas, na taberna hai unha proposta para cambiar o logo da wikipedia polo Día das Letras. Se tes un momento libre agradeceríamos a túa participación na conversa. Saúdos, --MediaWiki message delivery (conversa) 13 de maio de 2015 ás 13:40 (UTC)Responder

Nota: Esta é unha mensaxe enviada coa utilidade de mensaxes en masa da Galipedia, se non queres seguir recibindo estas mensaxes podes quitar o teu usuario desta lista.

editar

Deixei unha mensaxe sobre como cambiar o logo na taberna. Agora hai que buscar unha páxina onde quede a man. Saúdos, Elisardo usando o MediaWiki message delivery (conversa) 18 de maio de 2015 ás 01:02 (UTC)Responder

Non deixes que a UE nos roube a Liberdade de Panorama editar

Boas, na taberna hai un aviso sobre un posible cambio na lexislación europea para cambiar a Liberdade de Panorama que faría que unha gran cantidade das imaxes da Wikipedia tiveran que ser borradas. É importante que coñezas este problema e que actúes dentro do que poidas. Saúdos, MediaWiki message delivery (conversa) 22 de xuño de 2015 ás 10:17 (UTC)Responder

Nota: Esta é unha mensaxe enviada coa utilidade de mensaxes en masa da Galipedia, se non queres seguir recibindo estas mensaxes podes quitar o teu usuario desta lista.

Poñer aviso polo tema da liberdade de panorama editar

Boas, fixen unha proposta na taberna para poñer un aviso nos artigos polo tema da Liberdade de Panorama que está a revisarse na Unión Europea. Se tes un momento libre bótalle unha ollada. Saúdos, Elisardo. MediaWiki message delivery (conversa) 23 de xuño de 2015 ás 17:50 (UTC)Responder

Gallaecia Petrea editar

Ola Pedro.

Non terás algunha foto da obra de Silverio Rivas na Gallaecia Petrea? --. HombreDHojalata.conversa 3 de xullo de 2015 ás 08:41 (UTC)Responder

Chámase: Barca solar. --. HombreDHojalata.conversa 3 de xullo de 2015 ás 10:42 (UTC)Responder
Fóiseme a cabeza! Foto de obra con copyright feita en interiores ... non se pode publicar.
En calquera caso. Agora xa teño curiosidade, e non atopei por ningures foto ningunha da tal Barca solar. Pódesma mandar por correo? Inda que sexa para desfrutala eu só ( hombredhojalata      )
Grazas. Un abrazo. --. HombreDHojalata.conversa 3 de xullo de 2015 ás 19:01 (UTC)Responder
  Feito! Pedro --Lameiro (conversa) 3 de xullo de 2015 ás 19:07 (UTC)Responder
Grazas! É fea de carallo! --. HombreDHojalata.conversa 3 de xullo de 2015 ás 19:26 (UTC)Responder

Proposta de cambio do logotipo para o Día de Galicia editar

Na taberna hai unha proposta para cambiar o logotipo da Galipedia no Día de Galicia. Se tes un momento libre agradeceríamos a túa participación na conversa. Saúdos, MediaWiki message delivery (conversa) 20 de xullo de 2015 ás 11:05 (UTC)Responder

Nota: Esta é unha mensaxe enviada coa utilidade de mensaxes en masa da Galipedia, se non queres seguir recibindo estas mensaxes podes quitar o teu usuario desta lista.

Sumagre? editar

Boas, Lameiro. A ver se ma sabes dicir se sumagre[1] é correcto en galego. Non atopo referencia. Moitas grazas e un saúdo. --Atobar (conversa comigo) 4 de setembro de 2015 ás 14:27 (UTC)Responder

Moi agradecido, Pedro. --Atobar (conversa comigo) 5 de setembro de 2015 ás 09:14 (UTC)Responder

Proposta para o 2017 editar

Boas, na taberna hai unha proposta para desenvolver un grupo de artigos relevantes e que podería ser do teu interese. Saúdos, MediaWiki message delivery (conversa) 17 de setembro de 2015 ás 17:16 (UTC)Responder

Nota: Esta é unha mensaxe enviada coa utilidade de mensaxes en masa da Galipedia, se non queres seguir recibindo estas mensaxes podes quitar o teu usuario desta lista.

Invitación á entrega do Premio Princesa de Asturias de Cooperación Internacional editar

Boas, na taberna hai unha nova sobre unha invitación para asistir á cerimonia da entrega do Premio Princesa de Asturias de Cooperación Internacional concedido á Wikipedia, e que podería ser do teu interese. Saúdos, MediaWiki message delivery (conversa) 30 de setembro de 2015 ás 11:24 (UTC)Responder

Nota: Esta é unha mensaxe enviada coa utilidade de mensaxes en masa da Galipedia, se non queres seguir recibindo estas mensaxes podes quitar o teu usuario desta lista.

Calendario de votacións de propostas de políticas e normas para outubro, novembro e decembro editar

Boas, na taberna hai unha nova conversa sobre unha serie de novas propostas de políticas que se van a votar próximamente. Anímase a tódolos usuarios e editores da Galipedia a revisar a mensaxe e as próximas propostas e participar nas conversas correspondentes para acadar o maior consenso posible. Saúdos! MediaWiki message delivery (conversa) 2 de outubro de 2015 ás 10:41 (UTC)Responder

Anuncio da segunda malla de artigos da Galipedia editar

Boas, na taberna hai unha nova proposta para organizar a Segunda malla de artigos da Galipecia, e que podería ser do teu interese. Saúdos, MediaWiki message delivery (conversa) 3 de outubro de 2015 ás 04:09 (UTC)Responder

Nota: Esta é unha mensaxe enviada coa utilidade de mensaxes en masa da Galipedia, se non queres seguir recibindo estas mensaxes podes quitar o teu usuario desta lista.

Insectívoros que non o son editar

Ola Pedro. Hai tempo que no falo contigo. Hoxe quixera que, se tes tempo, lle botaras un ollo á páxina e conversa do artigo Insectívoros. Estou de acordo contigo en que os insectívoros son calquera dos animais que comen insectos. Pero, sobre todo, e como explico nesa conversa, e tamén na nova edición que fixen do artigo, a orde dos insectívoros (Insectivora) hai xa ben anos que está en desuso, e non é recoñecida pola maioría dos autores. A miña petición en cuestón, é a de suprimir a redireción SoricomorfosInsectívoros, e por iso a cualifiquei como lixo, porque non sei se eu podo (e debo) suprimila pola miña conta. Un codial saúdo, Luís. --XoioÉche o que hai 3 de outubro de 2015 ás 15:42 (UTC)Responder

Boas! Estou a traballar nunha proposta de política para os títulos dos artigos sobre organizacións (nomeadamente partidos políticos e sindicatos, organizacións internacionais, centros educativos e equipos deportivos). Agradeceríache que lle botaras unha ollada e que fixeras os comentarios e achegas que consideraras na conversa. Se adoitas traballar en artigos sobre equipos deportivos a túa axuda sería de especial interese, pois está moi verde o tema. Tamén convén un pulo especial á proposta de partidos. Grazas! --Norrin (Fálame) 16 de outubro de 2015 ás 20:16

Segunda malla de artigos da Galipedia editar

Esta semana, do 19 ó 25 de outubro, ambos inclusive, organízase a Segunda malla de artigos da Galipedia. A idea é que durante esta semana todos traballemos nos artigos con problemas que están na categoría Atención, para amañalos e que non enchan a Galipedia. Nesa categoría hai agora 355 artigos, se cada usuario activo amaña catro artigos remataremos o choio antes de rematar a semana! Saúdos, MediaWiki message delivery (conversa) 19 de outubro de 2015 ás 00:31 (UTC)Responder

Nota: Esta é unha mensaxe enviada coa utilidade de mensaxes en masa da Galipedia, se non queres seguir recibindo estas mensaxes podes quitar o teu usuario desta lista.

Wikipedia:Votacións para borrar/Aguas de Mondariz editar

Boas! Marcaches o artigo e engadiches a ligazón no das votacións para borrar, pero falta crear a páxina da votación en si mesma :) Banjo tell me 25 de outubro de 2015 ás 18:33 (UTC)Responder

Queda creada logo. Revisa por se queres engadir algo nos motivos da proposta. Saúdos! Banjo tell me 25 de outubro de 2015 ás 19:34 (UTC)Responder
Descoñecía que si se creara unha páxina con ese título incorrecto. Queda todo xunto fusionado en Wikipedia:Votacións para borrar/Aguas de Mondariz. Saúdos! Banjo tell me 25 de outubro de 2015 ás 23:37 (UTC)Responder

Segundo wikimaratón do Día da Ciencia en Galego editar

Na taberna hai unha información sobre o Segundo wikimaratón do Día da Ciencia en Galego que pode ser do seu interese. Tamén hai unha votación para engadir un aviso na cabeceira dos artigos sobre este evento e para a que se solicita a participación da comunidade. Saúdos, --MediaWiki message delivery (conversa) 27 de outubro de 2015 ás 09:54 (UTC)Responder

Nota: Esta é unha mensaxe enviada coa utilidade de mensaxes en masa da Galipedia, se non queres seguir recibindo estas mensaxes podes quitar o teu usuario desta lista.

Proceso de escolla de artigos bos editar

Boas, na taberna hai unha proposta para comezar a revisar o proceso de selección de artigos bos na Galipedia, e que pode ser do seu interese. Nesta fase debateranse os detalles necesarios para permitir a escolla deste tipo de artigos que mellorarán a calidade e visibilidade do proxecto. Saúdos, --MediaWiki message delivery (conversa) 29 de outubro de 2015 ás 11:24 (UTC)Responder

Nota: Esta é unha mensaxe enviada coa utilidade de mensaxes en masa da Galipedia, se non quere seguir recibindo estas mensaxes pode quitar o seu usuario desta lista.

Sobre o xugo cancis editar

Bom dia. Grato polos teus contributos. Era para che comentar da possibilidade de subir a imagem "xugo cancis" à wikimedia. Seria possível? Podería-o fazer? Cpls (conversa) 7 de novembro de 2015 ás 08:57 (UTC)Responder

Agradecido!--Cpls (conversa) 8 de novembro de 2015 ás 19:33 (UTC)Responder

Proposta para organizar a páxina dos artigos de calidade editar

Boas, na taberna hai unha proposta para organizar a páxina dos artigos de calidade na Galipedia, e que pode ser do seu interese. Saúdos, --MediaWiki message delivery (conversa) 11 de novembro de 2015 ás 10:38 (UTC)Responder

Nota: Esta é unha mensaxe enviada coa utilidade de mensaxes en masa da Galipedia, se non quere seguir recibindo estas mensaxes pode quitar o seu usuario desta lista.

Artigos bos editar

Boas rapás, cando poidas, se che vai ben, podes comentar na taberna o que che parece a nova definición para estes artigos?

Non sei se viches o último comentario que deixei alí, pero a idea que creo que é importante é que as páxinas que fixen son unha base, que están totalmente abertas, e sobre esa base podemos traballar para mellorala. Non me lío máis porque na taberna xa expliquei outros detalles e non quero repetirme que iso non presta :) Saúdos, Elisardojm (conversa) 11 de novembro de 2015 ás 10:46 (UTC)Responder

Galencontro en Pontevedra editar

Boas, estamos organizando un galencontro en Pontevedra para o día 27 deste mes, por se che interesa tes máis información en Wikipedia:A_Taberna_(propostas)#Galencontro_en_Pontevedra. Saúdos, --MediaWiki message delivery (conversa) 18 de novembro de 2015 ás 13:37 (UTC)Responder

Nota: Esta é unha mensaxe enviada coa utilidade de mensaxes en masa da Galipedia, se non quere seguir recibindo estas mensaxes pode quitar o seu usuario desta lista.

Votacións de propostas de políticas - Actualización a decembro de 2015 editar

Ola! Na taberna hai unha nova mensaxe de actualización sobre as votacións de políticas en curso e as próximas votacións programadas. O calendario completo pódese consultar aquí, e podes unirte á lista de mensaxes Usuario:MediaWiki message delivery/Propostas de Políticas para recibir unha mensaxe na túa páxina de conversa cada vez que comece unha nova votación.

A intención desta mensaxe e das consecuentes por medio desa lista é que a maior cantidade de editores posibles estean ao tanto do plan, e poidan colaborar na redacción final con correccións de erros ortográficos, mellora de redaccións ou no caso de non estar de acordo con algo debatilo antes e tentar acadar un consenso previo antes das propias votacións.

Saúdos! Banjo tell me1 de decembro de 2015 ás 09:14 (UTC)Responder

Volver á páxina do usuario "Lameiro/arquivo 9".