Abrir o menú principal
Benvido á Galipedia, Atobar!

Esta é a túa páxina de conversa, que che servirá para recibires mensaxes doutros colaboradores. Ademais, tes a túa páxina de usuario, onde podes poñer os teus datos, intereses etc.

Crystal Clear app korganizer.png Primeiros pasos

Os alicerces da Wikipedia son estes Cinco piares, polo que é importante que lle botes unha ollada. Na guía de edición e nas preguntas frecuentes podes atopar moita información de axuda. Explícase como editar unha páxina, como configurar a interface (por exemplo, elixir a lingua), como cargar ficheiros e os puntos básicos das políticas e normas da Wikipedia. Non precisas de coñecementos técnicos para contribuír aquí. Anímate a contribuír e presupón boa fe con respecto ás intencións dos outros colaboradores. Isto é un wiki, polo que é realmente doado contribuír. Se o desexas podes crear un artigo, paso a paso, coa axuda do noso asistente.

Icon apps query.svg Onde atopar axuda
Hai máis información dispoñible na páxina de axuda e no Portal da comunidade. Pódeste pór en contacto co resto dos usuarios na Taberna da Galipedia. Tamén podes contactar cos administradores na súa páxina de conversa ou no Taboleiro dos administradores.
Crystal Clear app amor.png Recomendacións
  • Na túa páxina de usuario podes pór caixas informativas coas linguas que coñeces, segundo se explica na páxina Babel, para que outros saiban en que linguas se poden comunicar contigo ou coas que podes axudar.
  • Para responder a unha mensaxe dun usuario tes que facelo na súa páxina de conversa, senón, non lle sairá o aviso de que ten mensaxes novas e é moi posíbel que non se decate da túa resposta.
  • Por favor, engade sempre a túa sinatura nas páxinas de conversa escribindo ~~~~.   Para asinar usa este botón.png
  • Se o desexas, podes axudarte do revisor ortográfico, activándoo en: PreferenciasTrebellosNavegaciónCheck mark.png Ortografía: Activar o revisor ortográfico.
Nuvola gnome-fs-trash-full.svg Cometiches un erro?
  • Queres avisar dun erro que cometiches e que non sabes como solucionar? Deixa unha mensaxe na páxina de conversa dese artigo, comunícao na Taberna ou coméntallo a outro usuario. Todos cometemos erros, é normal, e sempre estamos dispostos a axudar a quen comeza.

Boa estadía e bo traballo. Arquivo de vellas conversas:

Índice

A Wikipedia italiana parada como medida contra a votación do artigo 13 da nova lei europea de copyrightEditar

Boas, na taberna hai unha proposta para bloquear a Galipedia durante 24 horas como medida contra a votación de certos puntos da nova lei europea de copyright. Precísase un consenso da comunidade para poder realizar esta acción, por eso animamos a tódolos usuarios a participar. Saúdos, --MediaWiki message delivery (conversa) 4 de xullo de 2018 ás 07:55 (UTC)

Nota: Esta é unha mensaxe enviada coa utilidade de mensaxes en masa da Galipedia, se non quere seguir recibindo estas mensaxes pode quitar o seu usuario desta lista.

Cárcere NeumunsterEditar

Ola, grazas polo comentario na miña conversa. Entón a pauta a seguir é eliminar a información do centro penitenciario dun artigo tan pequeno como o de esta cidade para facer outro aínda máis pequeno sobre o centro penitenciario? Non sabería nin como enlazalos ... Non é o que observo en artigos similares, cal é a razón? --Usuario:Iscream icecream (conversa)

Moitas grazas polo exemplo e instrución na páxina da cárcere. Desculpas pola miña inexperiencia. (conversa)

páxina de conversa dos artigosEditar

ola admin/usuari@ como xa sabes perfectamente as referencias dos artigos pídense nas páxinas de conversa dos mesmos artigos --188.86.115.149 4 de agosto de 2018 ás 19:57 (UTC)

RE:ArafatEditar

Boas Alejandro. Sobre Arafat, o seu nome en árabe é ياسر عرفات, separado ي ا س ر ع ر ف ا ت, e aplicando WP:TRL Y-(a)-s-r (a)-r-f-(a)-t; enchendo os ocos queda Yasir Arafat. As "y" e "w" non intervocálicas mudan en "i" e "u" respectivamente, polo que o nome axeitado é Iasir Arafat. O seu nome completo, محمد ياسر عبد الرحمن عبد الرؤوف عرفات, romanizaríase como Muhamad Iasir Abdul Rahman Abdul Rauf Arafat. Saúdos! --Norrin (Fálame) 7 de agosto de 2018 ás 13:21 (UTC)

Seguindo coa asociaciónEditar

Boas, na taberna hai unha proposta para continuar avanzando na creación da asociación de amigas e amigos da Galipedia, tódolos comentarios son benvidos. Saúdos, --MediaWiki message delivery (conversa) 8 de agosto de 2018 ás 23:17 (UTC)

Nota: Esta é unha mensaxe enviada coa utilidade de mensaxes en masa da Galipedia, se non quere seguir recibindo estas mensaxes pode quitar o seu usuario desta lista.

Votación administradores da interface e enmendas administradoresEditar

Ola. Acaba de comezar a votación para a proposta de definición do novo grupo de administradores da interface e dúas enmendas para a actual política de administradores. As conversas previas a esta votación pódense atopar neste fío da Taberna e na propia páxina de conversa da votación. Saúdos. Banjo tell me 10 de agosto de 2018 ás 18:20 (UTC)

Paraskeví PapakhrístouEditar

Ola Alejandro. Moitas grazas poa túa aclaración sobre a transcrición do χ grego. Pero teño un problema: non son quen de editar un novo artigo co nome Paraskeví Papachristou (o acento do apelido, en galego, sobra), porque cando poño o título, sáeme sempre o que estuou a editar. Non sei se ti es "administrador" (creo que si); daquela rogaríache que, por favor, cambiases o título (sen o acento do apelido). Se non, que lle pediras a algún administrador que o cambie anída que estea co modelo en uso. Eu agardarei a ver se o podes solucionar e, mentres, dadícome a outros artigos pendentes. Moitas grazas por antecipado. Un cordial saúdo. --XoioÉche o que hai 16 de agosto de 2018 ás 15:21 (UTC)

CiúmesEditar

Evidentemente non é un lusismo, pero vamos deixalo aí… One2 (conversa) 16 de agosto de 2018 ás 23:52 (UTC)

Ola, One2. Si o é. Non figura no DRAG, que só da por bo celos (Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para celos.), e no Gran Xerais sucede o mesmo, co engadido de que a maiores apostila como incorrecto *ciumes, *ciumento e *ciumoso, por celos e celoso respectivamente. Se tes algunha queixa ou pensas que pode tratarse dun erro, é a esas institucións a quen debes dirixirte, pois como sabes a Wikipedia non é fonte primaria, e en consecuencia segue os criterios académicos que elaboran outros. Un saúdo. --Atobar (conversa comigo) 17 de agosto de 2018 ás 09:05 (UTC)

Lista de voces dos animaisEditar

Ola Atobar. Había tanto tempo que non editaba que busquei todo el non referenciei res.Todas son voces do DRAG, e algunha engadida máis específica do Dicionario de dicionarios da lingua galega. Intentarei referencialo. Un saúdo. —o anterior comentario sen asinar foi feito por Nachonion (conversacontribucións)

Facultade de Ciencias do Deporte e a Educación Física da CoruñaEditar

Ola Alejandro. Sinto ter que amolarte, unha vez máis, por outra das miñas clásicas falcatruadas. Resulta que acabo de redactar a 1ª edición do artigo Facultade de Ciencias do Deporte e a Educación Física da Coruña que, por un dos meus clásicos despistes, titulei como Facultade de Ciencias do Deporte e a Educación Física da Universidade da Coruña, engadindo o de "Universidade" en contra do usual nos títulos das facultades (fixen outros, fundamentalmente da USC, e aí non me equivoquei). De momento, para emendar o erro, fixen unra redirección do segundo para o primeiro. Quixera a túa axuda en dúas alternativas:

  1. Se podo facer eu o cambio, se me esxplicas como se pode facer, ou
  2. Se o podes amañar ti.

Desculpa o traballo extra que che fago facer, que ti xa tes de abondo.
Nota: outras redireccións que fixen, do Instituto Nacional de Educación Física de Galicia e mais do INEF Galicia, fíxenas xa para Facultade de Ciencias do Deporte e a Educación Física da Coruña,
Moitas grazas antecipadas, e as miñas desculpas. Unha aperta. --XoioÉche o que hai 4 de setembro de 2018 ás 17:16 (UTC)

Esa redirección xa a fixen. Pero agora teño un problema máis gordo. Banjo indica que "violei os dereitos de autor". Vou ver se amaño iso, senón se elimina o artigo e quedo vetado para escribir na Galipedia. --XoioÉche o que hai 4 de setembro de 2018 ás 17:57 (UTC)
Ola. Perdoa que che moleste outra vez. Pero agora que o artigo Facultade de Ciencias do Deporte e a Educación Física da Universidade da Coruña está libre de sospeitas, cumpriría cambiar o título polo de Facultade de Ciencias do Deporte e a Educación Física da Coruña, para harmonizar con outros artigos similares. Pero eu non o podo facer. Poderías facelo ti? Grazas. --XoioÉche o que hai 7 de setembro de 2018 ás 21:24 (UTC)

Facultade de Ciencias do Deporte e a Educación Física da CoruñaEditar

Moitas grazas, amigo. --XoioÉche o que hai 8 de setembro de 2018 ás 12:57 (UTC)

Recordatorio de revisión dos estatutos da asociaciónEditar

Boas, na taberna hai un recordatorio para a revisión dos estatutos da futura asociación de promoción da Galipedia e do día da asemblea constituínte que será o vindeiro día 22, sábado, en Santiago. Saúdos, --MediaWiki message delivery (conversa) 8 de setembro de 2018 ás 23:21 (UTC)

Nota: Esta é unha mensaxe enviada coa utilidade de mensaxes en masa da Galipedia, se non quere seguir recibindo estas mensaxes pode quitar o seu usuario desta lista.

Proposta de aviso na cabeceira sobre a votación da proposta de directiva sobre dereitos de autor no Parlamento EuropeoEditar

Boas, na taberna hai unha proposta para poñer un aviso os días 11 e 12 de setembro en tódalas páxinas da Galipedia, para pedir a mobilización de todo o mundo para pedir ós parlamentarios da UE que protexan o Dominio Público na próxima reforma das leis europeas de dereitos de autor. Saúdos, --MediaWiki message delivery (conversa) 10 de setembro de 2018 ás 00:27 (UTC)

Eliminación dos errores dos meus artículosEditar

Boas tardes Atobar. Que erros teño nos meus artículos e como podo correxilos? Vexo que deixaches unha mensaxe na miña páxina dicindo que podías axudarme --Andbar02 (conversa) 11 de setembro de 2018 ás 16:53 (UTC)

E o formato porqué non é correcto? E que máis problemas ten o artigo de Relación entre España e Xapón? A min paréceme que está ben estruturado. Grazas por responder—o anterior comentario sen asinar foi feito por Andbar02 (conversacontribucións)

Sobre a Referencia do nome alternativo ao SancosmeiroEditar

Non referenciei xa que non existe ningún artigo que o recolla coma tal. Iso non quita que o nome tradicional na súa zona de orixe (San Ourente, Outes) siga a ser "chapeu de San Ourente". Editei nesta sección porque non sei como engadir unha nova. —o anterior comentario sen asinar foi feito por Anxo Núñez Fernández (conversacontribucións)

Continuamos organizando a asociación de apoio á GalipediaEditar

Boas, na taberna xa está indicado o lugar e a hora para revisar e rematar os estatutos da futura asociación de apoio á Galipedia. A reunión será no Centro Sociocultural As Fontiñas de Santiago de Compostela, este sábado día 22 a partir das 11:00. Hai máis detalles no comentario da taberna. Saúdos, --MediaWiki message delivery (conversa) 20 de setembro de 2018 ás 22:39 (UTC)

Nota: Esta é unha mensaxe enviada coa utilidade de mensaxes en masa da Galipedia, se non quere seguir recibindo estas mensaxes pode quitar o seu usuario desta lista.

Suxestións de uso de linguaxe inclusiva na GalipediaEditar

Boas, na taberna están a comezar os debates sobre unhas propostas para mellorar a linguaxe inclusiva na Galipeida, tódolos comentarios son benvidos. Saúdos, --MediaWiki message delivery (conversa) 29 de setembro de 2018 ás 00:00 (UTC)

Nota: Esta é unha mensaxe enviada coa utilidade de mensaxes en masa da Galipedia, se non quere seguir recibindo estas mensaxes pode quitar o seu usuario desta lista.

Reino de AsturiasEditar

Atobar, hai que facer algo xa co artigo Reino de Asturias. Non entro xa en si existiu ou deixou de facelo, falo de que de é completamente ilexible e fai valoracións que non cumpren co punto de vista neutral. Por exemplo na cabeceira do artigo di:

Para esta parte da historiografía estase a falsear a historia pois ao non respectar a literalidade da documentación, a cal fai sempre referencia ao Reino de Galicia, terxivérxanse os feitos xa que coa mudanza de nome muda tamén a propia idea do que o reino representou...

E outras tantas... Penso que para ter un artigo así, que o único obxectivo que ten é facer unha listaxe das fontes nas cales se nega a existencia do devandito reino, o mellor e borralo e facer un máis neutral. Non sei que opinas... --AMPERIO (conversa) 4 de outubro de 2018 ás 16:35 (UTC)

Resquebraxar?Editar

Boas, unha dúbida, é correcto o termo resquebraxar? É que non o atopo nin no DRAG ni no Gran Xerais, nin no de Dúbidas... Saúdos, Elisardojm (conversa) 6 de outubro de 2018 ás 09:42 (UTC)

Moi ben, moitas grazas! Saúdos, --Elisardojm (conversa) 6 de outubro de 2018 ás 14:39 (UTC)

Modiificación en texto de portadaEditar

Boas, hoxe comeza unha votación para decidir se cambiar ou non un pequeno texto da portada. Anímase a participar a tódalas persoas usuarias que poidan votar. Saúdos, --MediaWiki message delivery (conversa) 9 de outubro de 2018 ás 00:18 (UTC)

Nota: Esta é unha mensaxe enviada coa utilidade de mensaxes en masa da Galipedia, se non quere seguir recibindo estas mensaxes pode quitar o seu usuario desta lista.

Pedro Ignacio Wolcan OlanoEditar

Hola, querido Atobar, como estàs? Yo bien!

He abierto esta pagina, en la Galipedia, y te pido por favor alguno minuto de tu tiempo por un contextito rapido, no hà muchas cosas.

Muchas gracias por todo, y si quieres te contexto en Italiano y Francès.

Rei Momo (conversa) 9 de outubro de 2018 ás 08:16 (UTC)

Gacela de ClarkeEditar

Ola Alejandro. Non me importa que lle cambiases o título á páxina Ammodorcas clarkei, polo de Gacela de Clarke. Pero deberías suprimir, daquela, o modelo título en cursiva. Un cordial saúdo, Luís --XoioÉche o que hai 10 de outubro de 2018 ás 17:20 (UTC)

Ola. Recupeaches a "frase correcta en concordancia coa fórmula empregada noutros artigos". Non sei se hai unha nova norma na Galipedia para estes casos. Eu, de momento, non vin en ningún artigo esta fórmula: "A gacela de Clarke, ou polo nome cientíco Ammodorcas clarkei". O que si vexo e que a tal fórmula é, gramaticalmente, incorrecta (ademais de incomprensíbel). Nos textos biolóxicos, tanto de ooloxía como de botánica, cando se usa o nome vulgar dunha especie, o habitual é poñer, a continuación, o mome científico, pra ue non haxa dúbida sobre a especie qu e cita. Ao nome científico pódese engadir, ou non, o nome do descritor co ano da descrición ou sen el. Polo tanto, neste caso, caberían as opcións:
  • A gacela de Clarke, Ammodorcas clarkei, é...
  • A gacela de Clarke, Ammodorcas clarkei Thomas, é...
  • A gacela de Clarke, Ammodorcas clarkei, Thomas 1891, é...
Un saúdo. --XoioÉche o que hai 11 de outubro de 2018 ás 11:01 (UTC)

Litocranius walleriEditar

Ola. Perdoa que te moleste outra vez. Pero é un asunto que eu non podo amañar. Resulta que onte á noite, na madrugada, acabei de rematar o longo artigo do antilopino Litocranius walleri. En outros traballos anteriores que fixen, antes e despois de empezar na Galipedia, non encontrei na bibliografía dispoñíbel naquel momento ningún nome galego para esta especie, xa que en case todos os idiomas úsase o nome inglés, gerenuk (algúns coa variante gerenuc), escollín, por proximidade lingúistica, o nome catalán, antílop girafa, que adaptei como antílope xirafa. E así foi como comecei a editalo. Pero encontrei a páxina web A Chave que, ao parecer, é para a autoridade competente da Gaipedia unha "fonte fiábel", e alí chámana, na sección de "ungualdos" (Os nomes galegos dos ungulados) gacela xirafa, nome que non me parece mal (en realidade, polo seu tamaño —agás o pescozo e as patas—, é una "gacela". Así que corrixín o título da páxina e puxen (por orde alfafética, Antílope xirafa/Gacela xirafa). Non recorrín, como fixen outras veces, e como se fai nalgunhas wikis, por exemplo na castelá, a poñer o título só con nome científico, porque noutras ocasións xa me tiraron das orellas dicindo que, se había un nome galego "autorizado", había que poñelo. Para min, a autoridade é a Real Academia Galega (e os dicionarios de lingua con maís entradas que din no prólogo que se acomodan ás normas da RAG-ILG (aínda que algúns, como os de Ir Indo ás veces van por libre). En resume, o título pode quedar así (hai algunha redirección —feita por min— que remite a "Antílope xirafa", ou sería conveniente cambiar o título por Gacela xirafa (cousa que, como sabes, eu non podo facer) e amañar as redireccións, que non son moitas? Agradeceríache moito que consideraras o caso e que me deras a túa opinión (e se a opinión é que hai que cambiar o título, ti podes facelo, deixando o de "antílope xirafa" como sinónimo). Un cordial saúdo, Luís. --XoioÉche o que hai 13 de outubro de 2018 ás 20:29 (UTC)

DíbatagEditar

Supoño que se pode cambiar o nome da páxina. Aparece así, con acentuación esdrúxula, no dicionario Digalego, que é avalado pola Xunta, pero non aparece aínda no DRAG. Non sei se hai que esperar a que apareza no DRAG, pero creo que o Digalego debería ser dabondo.--Miguelferig (conversa) 18 de outubro de 2018 ás 19:02 (UTC)

Preparación do servizo ORES na GalipediaEditar

Boas, en Wikipedia:A_Taberna_(novas)#Preparación_do_servizo_ORES_na_Galipedia coméntase a preparación da aplicación do servizo ORES na Galipedia. Precísase xente que avalíe algúns artigos para ensinar ó servizo automático antes de que este poida comezar a traballar, os interesados teñen máis información na taberna. Saúdos, --MediaWiki message delivery (conversa) 25 de outubro de 2018 ás 18:14 (UTC)

Nota: Esta é unha mensaxe enviada coa utilidade de mensaxes en masa da Galipedia, se non quere seguir recibindo estas mensaxes pode quitar o seu usuario desta lista.

Lingua flamengaEditar

Por suposto. Perde conta que xa me encargo eu de facelo. Saúdos.--Breogan2008 (conversa) 25 de outubro de 2018 ás 20:46 (UTC)

Re: Re: Borrado de artigos.Editar

¡Hola!

Que tal, compañeiro? Non se trata dunha actitude á brava, mais só para romper a inercia.

Há braços. --Johnny Ulrich DC (Fálame) 26 de outubro de 2018 ás 13:22 (UTC)

Se volveres a me ameazar, abrirei disputa, pois as túas accións non son correctas. Mira un exemplo aquí. Saúdos. — Johnny Ulrich DC (Fálame) 15 de novembro de 2018 ás 00:12 (UTC)

Xornal El Momento (Viveiro)Editar

Bo día,

estou a realizar un traballo de investigación na Universidade de Santiago de Compostela sobre o xornal El Momento, editado en Viveiro entre os anos 1931 e 1934. Comprobei que colaborou vostede na edición da súa páxina na wikipedia, e gustariame saber se coñece algunha referencia documental máis alá das xa publicadas, ou se sabe da existencia de arquivos de hemeroteca, xa que eu non dou atopado ningún.

Moitas grazas de antemán, un saúdo —o anterior comentario sen asinar foi feito por Gloriapcacharron (conversacontribucións)

Votación sobre icona para artigos do Wikiproxecto de 1000 artigos de calidade para alumnado de 12 a 16 anosEditar

Boas, en Wikipedia:Votacións/Icona nos artigos do Wikiproxecto para alumnado 12/16 comezou a votación para decidir se engadir ou non unha icona nos artigos do Wikiproxecto dos 1000 artigos de calidade para o alumnado de 12 a 16 anos. A votación durará ata o 4 de decembro de 2018. Saúdos, --MediaWiki message delivery (conversa) 5 de novembro de 2018 ás 13:16 (UTC)

Nota: Esta é unha mensaxe enviada coa utilidade de mensaxes en masa da Galipedia, se non quere seguir recibindo estas mensaxes pode quitar o seu usuario desta lista.

BiTraGaEditar

Máis vale tarde que nunca :). Creáronse dúas propiedades en wikidata, d:Property:P6173 e d:Property:P6175, unha para obras e outra para autores. Os modelos quedan creados, {{Bitraga autor}} e {{Bitraga obra}}. Tamén quedan engadidas as propiedades no control de autoridades. O ideal sería usar os modelos puntualmente cando haxa que referenciar títulos ou obras dos autores, e deixar as ligazóns para o propio CdA. Aquí e aquí pódense ir engadindo os IDs ós elementos de Wikidata correspondentes dunha forma semi-automática, irei dándolle a isto pouco a pouco segundo vaia sacando tempo. @HombreDHojalata: isto é semellante ó que se fixera para Galiciana. Banjo tell me 25 de novembro de 2018 ás 20:34 (UTC)

Moitas grazas, @Banjo:. Varias cousas: que é CdA? E outra: fai unha cousa: modifica ti, por exemplo en H.G. Wells, as ligazóns ás súas obras en BiTraga para que vaian mediante os modelos. Pídocho para termos un caso práctico como guieiro a partir do cal meterlle man o demais ao resto. Grazas. --Atobar (conversa comigo) 26 de novembro de 2018 ás 10:35 (UTC)
CdA = Control de autoridades (refírese concretamente ao Modelo:Control de autoridades). Exemplo: --. HombreDHojalata.conversa 26 de novembro de 2018 ás 11:54 (UTC)
Grazas HdH! :) Co modelo de {{Bitraga obra}} a primeira referencia nese artigo podería quedar así:
"A máquina do tempo". Biblioteca de tradución galega. Traducido por Raúl Araya. Toxoutos. 2002. 
Pero ó ver isto coido que non nos vale este modelo, xa que este liga coas obras orixinais e non coas traducións individuais, que polo que vexo pode haber máis dunha tradución por obra orixinal. Por isto faise necesario un novo modelo para manexar as traducións, independente dos dous xa creados. Póñome con iso e en canto teña novedades aviso. Banjo tell me 26 de novembro de 2018 ás 21:08 (UTC)

──────────────────────────────────────────────────────────────────────────────────────────────────── Queda listo o modelo, {{Bitraga trad}}. Useino nas tres primeiras refs de H.G. Wells, as dúas primeiras con maior detalle, a terceira co mínimo necesario. O primeiro parámetro é o identificador da web, pode sacarse da URL correspondente (p.ex http://bibliotraducion.uvigo.es/traduccions_ver.php?id=5473 -> 5473). O resto de parámetros son relativamente sinxelos. De todas formas o modelo está baseado en {{cita libro}}, polo que hai marxe para engadirlle máis parámetros se fan falla. En canto colla folgos engadireille as instrucións na páxina deste modelo e dos outros dous. Banjo tell me 27 de novembro de 2018 ás 19:15 (UTC)

Cuarta malla de artigos da GalipediaEditar

Boas, en Wikipedia:A_Taberna_(propostas)#Cuarta_malla_de_artigos_da_Galipedia fíxose unha proposta para organizar a Cuarta malla de artigos da Galipedia, tódolos comentarios son benvidos. Saúdos, --MediaWiki message delivery (conversa) 25 de novembro de 2018 ás 22:05 (UTC)

Nota: Esta é unha mensaxe enviada coa utilidade de mensaxes en masa da Galipedia, se non quere seguir recibindo estas mensaxes pode quitar o seu usuario desta lista.

Entrega do Premio Rosalía de CastroEditar

Boas, en Wikipedia:A_Taberna_(novas)#Entrega_do_Premio_Rosalía_de_Castro hai información sobre a cerimonia de entrega do Premio Rosalía de Castro de Lingua á Galipedia, será o día 12 de decembro ás 17.00 h no Pazo de Mariñán (Bergondo). As persoas interesadas en asistir deben anotarse nese lugar para indicar a asistencia á Deputación. Tamén se pode facer entre todos unha nota en nome da comunidade para ler no momento da recollida. Saúdos, MediaWiki message delivery (conversa) 28 de novembro de 2018 ás 16:07 (UTC)

Nota: Esta é unha mensaxe enviada coa utilidade de mensaxes en masa da Galipedia, se non quere seguir recibindo estas mensaxes pode quitar o seu usuario desta lista.

ChascoEditar

Hai un problema na galipedia coa ave chasco. Creo que hai dúas páxinas de Saxicola rubetra, e confusión con Saxixola torquatus. Hai que velo con calma. Intentarei facer a páxina do chasco común (para min S. torquatus). Pero hai un lio co nome das páxinas. Con tempo irei facendo o que poida, pero non é a época de máis tempo libre para min agora.--Miguelferig (conversa) 28 de novembro de 2018 ás 19:08 (UTC)

Nova firma dos estatutos de A3GALEditar

Boas, en Wikipedia:A_Taberna_(xeral)#Seguindo_coa_asociación hai información sobre a nova firma dos estatutos da asociación A3GAL e a posibilidade de aparecer como socio fundador da mesma. Saúdos, --MediaWiki message delivery (conversa) 11 de decembro de 2018 ás 16:06 (UTC)

Nota: Esta é unha mensaxe enviada coa utilidade de mensaxes en masa da Galipedia, se non quere seguir recibindo estas mensaxes pode quitar o seu usuario desta lista.

Re: Enciclopedias...Editar

Non atopo res. Nin Cassiv..., nin Casiv.... --. HombreDHojalata.conversa 18 de decembro de 2018 ás 20:47 (UTC)

== Listas xeradas automaticamente no espazo de nomes principal ==

Boas, en Wikipedia:A_Taberna_(axuda)#Listas_xeradas_automaticamente no espazo de nomes principal, está a falarse do uso de listas xeradas por bots a partir dos datos de Wikidata. Tódolos comentarios son benvidos. Saúdos, --MediaWiki message delivery (conversa) 26 de decembro de 2018 ás 20:22 (UTC)

Nota: Esta é unha mensaxe enviada coa utilidade de mensaxes en masa da Galipedia, se non quere seguir recibindo estas mensaxes pode quitar o seu usuario desta lista.

Re: JamiEditar

Boas Alejandro, co persa pasa que non está engadido en WP:TRL polo de agora. Porén, como falamos nesta conversa, a futuro haberá que engadilo. Segundo o previsible as romanizacións de [ جامی ] (Jami) e [ نقش جهان ] (Naqsh-e Yahán) quedarán como:

  • [ جامی ] --> separando --> [ ج ا م ی ] --> romanizando e espello [ j ā m i ] --> quedará como Jāmi ou Jami.
  • [ نقش جهان ] --> separando --> [ ن ق ش ج ه ا ن ] --> romanizando e espello [ n (a) q š (-e) j (a) h ā n ] --> quedará como Naqš-e Jahān ou Naqš-e Jahan.

Xa che digo, porén, que non hai política para o persa polo de agora... Eu a verdade é que non teño demasiados folgos, amais de que lle vin algunhas eivas a algunhas linguas coa política actual que penso que cómpre modificar. Pero como xa é a segunda vez, vou facerme un espazo persoal (Usuario:Norrin strange/Romanización2) para comezar a traballalo paseniño. --Norrin (Fálame) 19 de xaneiro de 2019 ás 19:35 (UTC)

Non, non, transliteralo coma se fora árabe sería un erro... as letras non teñen o mesmo valor no persa que no árabe. --Norrin (Fálame) 20 de xaneiro de 2019 ás 12:23 (UTC)

Categorización de persoas por etnia, raza, sexo, xénero, relixión, orientación sexual, ideoloxía políticaEditar

Boas, en Wikipedia:A_Taberna_(políticas)#Categorización_de_persoas_por_etnia,_raza,_sexo,_xénero,_relixión,_orientación_sexual,_ideoloxía_política,_etc. comezou un debate para falar sobre diferentes categorizacións dos artigos de biografías, tódolos comentarios son benvidos. Saúdos, --MediaWiki message delivery (conversa) 25 de xaneiro de 2019 ás 14:11 (UTC)

Nota: Esta é unha mensaxe enviada coa utilidade de mensaxes en masa da Galipedia, se non quere seguir recibindo estas mensaxes pode quitar o seu usuario desta lista.

Reprodución de citas traducidas xa publicadasEditar

Ola, que tal? Estaba ampliando a seguinte entrada Olympe de Gouges e mudei unha cita traducida do francés que aparecía e máis tarde engadín outra. O tema é que, aínda que sexan ilustrativas, non sei se están permitidas, xa que o libro do que proveñen ten copyright. A verdade é que me dá algo de preguiza revisar a Lei de propiedade intelectual para mirar o dos límites de "ilustración" e pensei que posiblemente ti o teñas claro. Púxenlle este modelo de referencia, por se serve. [1] A ver se me podes axudar. Graciñas!

  1. Tradución de Mercedes Pacheco Vázquez en Gouges, Olympe de (2007). Escritos políticos e literarios. Sotelo Blanco. ISBN 9788478245116. 

Maria zaos (conversa) 31 de xaneiro de 2019 ás 15:23 (UTC)

Moitas grazas! Si, como di, HdH entraría dentro do "fair use". Tiña a dúbida porque soábame que cando se inclúen citas (a típica ao inicio dun poema dentro dun poemario)nunha obra (xa con lucro, claro) requiría permiso. A ver se me repaso a lei de novo e fago unha chuleta destas cousas...--Maria zaos (conversa) 1 de febreiro de 2019 ás 08:42 (UTC)
Ollo Maria, eu non dixen nada do "fair use". Aquí non admitimos o "fair use". O "fair use" non permite uso comercial e o que nós publicamos está baixo CC BY-SA e permite calquera uso, mesmo comercial. Eu falei de dereito de cita (right to quote). Son dous conceptos completamente distintos. --. HombreDHojalata.conversa 1 de febreiro de 2019 ás 12:09 (UTC)

Proposta de modificación en efeméride do 26 de agostoEditar

Boas, en Wikipedia:A Taberna (propostas)#Modificación en efeméride do 26 de agosto presentouse unha modificación da efeméride Wikipedia:Efemérides destacadas/26 de agosto que precisa a revisión da comunidade para acadar un consenso sobre a cuestión, tódolos comentarios son benvidos. Saúdos, --MediaWiki message delivery (conversa) 12 de febreiro de 2019 ás 00:12 (UTC)

Nota: Esta é unha mensaxe enviada coa utilidade de mensaxes en masa da Galipedia, se non quere seguir recibindo estas mensaxes pode quitar o seu usuario desta lista.

Referencias para efeméridesEditar

Ola! moitas grazas polas referencias de datas que faltaban en varias mulleres galegas. Que rápidez!. Ando a revisar as efemérides para incluír en cada día ós poucos e a verdade é que se me puña a buscalas ao mesmo tempo, con tanta pestana e hoxe co día espesiño que levo tiña risco de confundirme. Tomo nota das túas fontes ;) . Todos os días aprendo algo. Un saudiño. --Maria zaos (conversa) 25 de febreiro de 2019 ás 20:57 (UTC)

Colaboración en evento sobre normalización lingüísticaEditar

Colaboración en evento sobre normalización lingüísticaEditar

Boas, en Wikipedia:A_Taberna_(novas)#Colaboración_en_evento_sobre_normalización_lingüística presentouse unha solicitude para participar nun encontro de normalización lingüística organizado polo Consello da Cultura Galega. As persoas interesadas en participar poden comentalo nese fío. Saúdos, --MediaWiki message delivery (conversa) 28 de febreiro de 2019 ás 23:42 (UTC)

Nota: Esta é unha mensaxe enviada coa utilidade de mensaxes en masa da Galipedia, se non quere seguir recibindo estas mensaxes pode quitar o seu usuario desta lista.

Primeira asemblea de A3GALEditar

Boas, en Wikipedia:A_Taberna_(xeral)#Primeira_asemblea_de_A3GAL anúnciase a primeira asemblea da Asociación de Amigas e Amigos da Galipedia e do Coñecemento Libre para o vindeiro 9 de marzo en Ourense. Saúdos, --MediaWiki message delivery (conversa) 1 de marzo de 2019 ás 14:02 (UTC)

Nota: Esta é unha mensaxe enviada coa utilidade de mensaxes en masa da Galipedia, se non quere seguir recibindo estas mensaxes pode quitar o seu usuario desta lista.

Poñer aviso nas páxinas da wikimaratona deste sábadoEditar

Boas, ó final da proposta Wikipedia:A_Taberna_(novas)#Contacto_da_concelleira_de_Igualdade_de_Ourense hai unha proposta para engadir un aviso na cabeceira de tódalas páxinas dos artigos para anunciar a todo o mundo a wikimaratona que se vai realizar este sábado 9 en Ourense. Se estás de acordo coa idea, pon un concordo ó final e asina co teu usuario. Saúdos, --MediaWiki message delivery (conversa) 7 de marzo de 2019 ás 09:03 (UTC)

Nota: Esta é unha mensaxe enviada coa utilidade de mensaxes en masa da Galipedia, se non quere seguir recibindo estas mensaxes pode quitar o seu usuario desta lista.

Modelos BITRAGAEditar

Grazas Atobar. Tereinos en conta nos seguintes artigos que faga. Saúdos.--Breogan2008 (conversa) 12 de marzo de 2019 ás 16:49 (UTC)

Wikipedia:Votacións/Wikipedia:Citar as fontes/proposta 2019Editar

Acaba de comezar unha votación para a proposta de actualización da redacción da política Wikipedia:Citar as fontes, anunciada nesta mensaxe da taberna. Podes ver e participar na votación e conversa sobre a mesma na seguinte ligazón: Wikipedia:Votacións/Wikipedia:Citar as fontes/proposta 2019. Un saúdo. Banjo tell me 14 de marzo de 2019 ás 23:02 (UTC)

EditoraEditar

Ola! Só quería preguntarche por que a corrección de "editora" por "editorial". Entendo que a consideras incorrecta, pero no dicionario Digalego está recollida (aínda que redirixa a "editorial", tal vez recomendando o seu uso, o que non indica incorrección). E alén diso, hai numerosos exemplos de empresas editoriais galegas que levan o apelido "editora". Non se trata dunha omisión de "empresa"? As (empresas) editoras, como se podería encontrar en exemplos equivalentes como "a (empresa) cotizada", ou "a (empresa) pasteira". Espero que sirva só como enriquecemento do debate, non como ataque nin nada así. Graciñas de todas formas polas túas revisións. --Marcoos44 (conversa) 18 de marzo de 2019 ás 23:01 (UTC)

Grazas pola resposta. Só dicirche que hai algúns "ionquis" sen corrixir. Saúdos. --Marcoos44 (conversa) 18 de marzo de 2019 ás 23:37 (UTC)

Accións a tomar contra o artigo 13 da Directiva EuropeaEditar

Boas, na taberna en Wikipedia:A_Taberna_(propostas)#Accións_a_tomar_contra_o_artigo_13_da_Directiva_Europea hai unha votación para decidir que accións realizar en contra do artigo 13 da Directiva Europea de dereitos de autor. Todos os comentarios son benvidos. Saúdos, --MediaWiki message delivery (conversa) 21 de marzo de 2019 ás 14:24 (UTC)

Nota: Esta é unha mensaxe enviada coa utilidade de mensaxes en masa da Galipedia, se non quere seguir recibindo estas mensaxes pode quitar o seu usuario desta lista.

Turco vs Lingua turcaEditar

Sobre a reversión realizada sobre o artigo "Lingua turca", quixera comentar que esta por suposto que é unha denominación correcta, mais o problema é non se corresponde coa fonte citada nin coa transcrición indicada. Por unha banda, tanto o DRAG coma o Portal das palabras o termo que definen con ese significado é "turco", e non "lingua turca". Por outra banda, a transcrición "türkçe" corresponde a "turco", e non a "lingua turca", que sería "türk dili", por tanto, a miña corrección non se debía a que "lingua turca" fose unha denominación incorrecta, senón a que as informacións que se ofrecen nas primeiras liñas do artigo non se corresponden con esa designación, senón con "turco", e por iso o cambio. Agora ben, fai como vexas. —o anterior comentario sen asinar foi feito por Lavandeira (conversacontribucións)

Wikipedia:Votacións/Wikipedia:SpamEditar

Acaba de comezar unha votación para a proposta de aprobación da redacción da política Wikipedia:Spam, anunciada nesta mensaxe da taberna. Podes ver e participar na votación e conversa sobre a mesma na seguinte ligazón: Wikipedia:Votacións/Wikipedia:Spam. Un saúdo. Banjo tell me 29 de marzo de 2019 ás 08:54 (UTC)

Aberto proceso de votación á administraciónEditar

Boas, en Wikipedia:Votacións á administración/Eleccións/Usuario:Maria zaos está aberto unha votación para decidir se escoller, ou non, á usuaria Maria zaos como administradora. Anímase a votar a quen reúnan os requisitos para participar. Saúdos, --MediaWiki message delivery (conversa) 30 de marzo de 2019 ás 15:39 (UTC)

Nota: Esta é unha mensaxe enviada coa utilidade de mensaxes en masa da Galipedia, se non quere seguir recibindo estas mensaxes pode quitar o seu usuario desta lista.

Wikipedia:Votacións/Wikipedia:Páxina de usuario/proposta 2019Editar

Acaba de comezar unha votación para a proposta de actualización da redacción da política Wikipedia:Páxina de usuario, anunciada nesta mensaxe da taberna. Podes ver e participar na votación e conversa sobre a mesma na seguinte ligazón: Wikipedia:Votacións/Wikipedia:Páxina de usuario/proposta 2019. Un saúdo. Banjo tell me 12 de abril de 2019 ás 17:57 (UTC)

Retirada de referenciasEditar

Ola Atobar. Perdoa, estaba facendo novas edicións nas versións en castelán e máis galego en paralelo e literalmente reempracei todo o párrafo polo da edición en castelán para traducilo, sen fixarme en que puxeras un marcador de "Compre referencias" novo. Síntoo. —o anterior comentario sen asinar foi feito por Scostas (conversacontribucións)

Ola de novo, Atobar: modifiquei o párrafo para ceñirme mellor á miña intención orixinal, que era únicamente indicar que os tres partidos xa non forman parte de En Marea. Claramente non debín partir da tradución literal dun párrafo da edición inglesa de En Marea.

Xestión dun premioEditar

Boas, na taberna, en Wikipedia:A_Taberna_(xeral)#Xestión_dun_premio, hai un comentario sobre a xestión do premio Rosalía de Castro da Deputación da Coruña que recibiu a Galipedia no ano 2018. Todos os comentarios e propostas son benvidas. Saúdos, --MediaWiki message delivery (conversa) 7 de maio de 2019 ás 22:49 (UTC)


Nota: Esta é unha mensaxe enviada coa utilidade de mensaxes en masa da Galipedia, se non quere seguir recibindo estas mensaxes pode quitar o seu usuario desta lista.

Grazas pola BenvidaEditar

Ata hoxe non sabía como escribir nas conversas. --AmeliaVR2019 (conversa) 9 de maio de 2019 ás 16:07 (UTC)

Grazas pola benvidaEditar

Gracias polos saludos en marzo, ata hoxe non sabía entrar en conversa.--Faia Costeira (conversa) 9 de maio de 2019 ás 16:08 (UTC)

Non entendoEditar

Pois non o entendo, unha cousa é asumir boa fe e outra ir contra as referencias. Na súa obra emprega o seu nome na forma oficial, o mesmo fai nas súas páxinas persoais. Alguén aparece aquí contradicindo os usos do autor por moito que empregue como alcume o nome dese autor, e temos que asumir boa fe. --HacheDous=0 (conversa) 13 de maio de 2019 ás 17:53 (UTC)

Proceso de reválida como administrador de ElisardojmEditar

Boas, na taberna, en Wikipedia:A_Taberna_(propostas)#Reválida_como_administrador_de_Elisardojm, hai un aviso do proceso de reválida como administrador do usuario Elisardojm. Saúdos, --MediaWiki message delivery (conversa) 22 de maio de 2019 ás 09:49 (UTC)


Nota: Esta é unha mensaxe enviada coa utilidade de mensaxes en masa da Galipedia, se non quere seguir recibindo estas mensaxes pode quitar o seu usuario desta lista.

Xurado do Premio Rosalía de CastroEditar

Boas, na taberna, en Wikipedia:A_Taberna_(xeral)#Xurado_do_Premio_Rosalía_de_Castro, hai un aviso para participar como xurado no premio Rosalía de Castro da Deputación da Coruña. As persoas interesadas que avisen nese fío o antes posible xa que urxe responder á Xunta. Saúdos, --MediaWiki message delivery (conversa) 22 de maio de 2019 ás 13:07 (UTC)

Nota: Esta é unha mensaxe enviada coa utilidade de mensaxes en masa da Galipedia, se non quere seguir recibindo estas mensaxes pode quitar o seu usuario desta lista.

RamoncínEditar

Boas, o artigo Ramoncín, que creaches ti, ten o marcador de curto de máis, a ver se podes amplialo un pouco máis. Saúdos, Maria zaos (conversa) 23 de maio de 2019 ás 21:21 (UTC)

Maurice DruonEditar

Boas, o artigo Maurice Druon, que creaches ti, ten o marcador de curto de máis, a ver se podes amplialo un pouco máis. Saúdos, Maria zaos (conversa) 23 de maio de 2019 ás 23:45 (UTC)

Proposta de novo funcionamento para a imaxe da semanaEditar

Boas, na taberna en Wikipedia:A_Taberna_(imaxes)#Proposta_de_novo_funcionamento_para_a_imaxe_da_semana, hai unha proposta para xestionar de forma diferente as imaxes da semana, tódolos comentarios son benvidos. Saúdos, --MediaWiki message delivery (conversa) 31 de maio de 2019 ás 22:37 (UTC)

Nota: Esta é unha mensaxe enviada coa utilidade de mensaxes en masa da Galipedia, se non quere seguir recibindo estas mensaxes pode quitar o seu usuario desta lista.

Votacións para xestión do premio da GalipediaEditar

Boas, na taberna en Wikipedia:A_Taberna_(xeral)#Votacións, están a votarse os proxectos que se van financiar co premio Rosalía de Castro da Deputación da Coruña que recibiu a Galipedia no ano 2018, tódolos votos e comentarios son benvidos. Saúdos, --MediaWiki message delivery (conversa) 7 de xuño de 2019 ás 17:14 (UTC)

Nota: Esta é unha mensaxe enviada coa utilidade de mensaxes en masa da Galipedia, se non quere seguir recibindo estas mensaxes pode quitar o seu usuario desta lista.

Eva MendesEditar

Boas, o artigo Eva Mendes, que creaches ti, ten o marcador de curto de máis, a ver se podes amplialo un pouco máis. Saúdos, . HombreDHojalata.conversa 8 de xuño de 2019 ás 14:12 (UTC)

Eva MendesEditar

Boas, o artigo Eva Mendes, que creaches ti, ten o marcador de curto de máis, a ver se podes amplialo un pouco máis. Saúdos, . HombreDHojalata.conversa 8 de xuño de 2019 ás 14:12 (UTC)

RE:Artigos curtosEditar

Perdón polo retraso. Grazas pola resposta. Non era con ánimo de meter présa nin fiscalizar nin nada, é que como ando a revisar as ligazóns mortas, os artigos dos inicios da Galipedia vanme saíndo bastante a miúdo. Son consciente de que présa non han ter, pero cando vexo algún clariño uso o marcador de artigos curtos, porque logo resulta máis doado facerlle seguimento. E chegado o momento tamén os podo ampliar eu mesma ou outra persoa, así que non ten fallo. Saúdos.--Maria zaos (conversa) 14 de xuño de 2019 ás 07:26 (UTC)

Volver á páxina "do usuario Atobar".