Wikipedia:Votacións/Wikipedia:Spam
Debate pechado. Por favor, non faga edicións neste arquivo.
Votación PECHADA: Proposta de aprobación da política Wikipedia:Spam
Período de votación: 29/03/2019 - 28/04/2019
SI: 6 — NON: 1 — NEUTRO: 1 — CONCLUSIÓN: aprobada |
Proposta para adoptar como política o texto recollido en Wikipedia:Spam, adaptado da política homónima xa existente na en.wiki, que contén consideracións e indicacións específicas sobre como tratar o spam dentro da Galipedia.
- A favor
- Concordo. --☣Banjo tell me 29 de marzo de 2019 ás 08:54 (UTC)[responder]
- Concordo. --Atobar (conversa comigo) 29 de marzo de 2019 ás 09:49 (UTC)[responder]
- Concordo.--Maria zaos (conversa) 29 de marzo de 2019 ás 10:03 (UTC)[responder]
- Concordo. --RubenWGA (conversa) 29 de marzo de 2019 ás 18:03 (UTC)[responder]
- Concordo--. HombreDHojalata.conversa 29 de marzo de 2019 ás 20:59 (UTC)[responder]
- Concordo. --Chairego apc (conversa) 29 de marzo de 2019 ás 22:19 (UTC)[responder]
- En contra
- Discordo o texto está redactado para a wikipedia en inglés, para os seus problemas. Non reflicte a realidade da wikipedia en galego. Fai alguén páxinas na wikipedia en galego para promocionarse? Spam é o que diga quen interprete a normativa. --Nemigo(fala sen cancelas)
- Neutros
Comentarios
editar- Penso que a proposta está abondo ben redactada e é concisa, e nese sentido estiven pensando en votar a favor. Mais, repasando feitos que me sucederon a min, a conta dun blog meu e información que non se podía atopar noutro lugar, entendo que unha normativa así non resolve o problema. Pode axudar? Mal non fai...--Agremon(contacto) 29 de marzo de 2019 ás 10:12 (UTC)[responder]
- Igual ando errada, pero o que comentas semella estar recollido acó no caso de ligazóns externas (poderíase incluír un apartado que admita blogs cando non hai outras fontes dispoñibles como comentas) e no caso de referencias acó. Entendo que son documentos diferentes a este, e non me parece que esta política sexa demasiado contradictoria respecto a eles. Maria zaos (conversa) 29 de marzo de 2019 ás 10:20 (UTC)[responder]
- Si, Maria zaos. O caso é cubrirse cunha ou outra normativa para argumentar nos posibles solapados. De calquera xeito, como afectado nalgún momento, coido que a mellor postura é a neutralidade como apoio ó que saia, máis que a abstención.--Agremon(contacto) 29 de marzo de 2019 ás 19:14 (UTC)[responder]
- Igual ando errada, pero o que comentas semella estar recollido acó no caso de ligazóns externas (poderíase incluír un apartado que admita blogs cando non hai outras fontes dispoñibles como comentas) e no caso de referencias acó. Entendo que son documentos diferentes a este, e non me parece que esta política sexa demasiado contradictoria respecto a eles. Maria zaos (conversa) 29 de marzo de 2019 ás 10:20 (UTC)[responder]
- De acordo con Agremon. A min vai anos pasoume o mesmo cun artigo de Oleiros. Puxen coma ligazón externa un texto dun blog meu que tiña información gráfica e tamén mo tentaron borrar. Estaba posto como informaición externa e referenciada como tal acollida a normas da wikipedia en galego como método válido pero houbo problemas igual. --Nemigo(fala sen cancelas)
- Incluír ligazóns a blogs propios é un conflito de intereses. ☣Banjo tell me 30 de marzo de 2019 ás 12:35 (UTC)[responder]
- esto si é xogar co sistema e coas normas. Se o tal blog non se emprega para referenciar texto do artigo si está permitido o uso. --193.125.224.134 30 de marzo de 2019 ás 20:31 (UTC)[responder]