Wikipedia:Asistente para a creación de artigos

1. Introdución
2. Tema
3. Relevancia
4. Fontes
5. Contido
6. Fin
Atallo:
WP:ACA
Ficheiro de precarga
Ficheiro de precarga
Asistente para a creación de artigos
Benvido(s) ao asistente para a creación de artigos de Wikipedia! Este asistente axudarache durante o proceso de creación dun artigo en Wikipedia. Para a redacción dun artigo válido tes que seguir uns breves pasos. Segundo vaias avanzando, o seguinte paso será accesible. Nesta páxina axudarémosche a empregar as ferramentas precisas para redactar artigos.

Antes de comezar

É moi recomendable que fagas as túas primeiras experiencias mellorando artigos existentes antes de crear o teu primeiro artigo. É importante que os artigos cumpran certos requisitos. A miúdo, artigos cun formato non axeitado ou sen fontes de información, poden ser borrados. Se aprendes un pouco sobre os nosos costumes, aumentarán as túas posibilidades de éxito.

Para aprender máis sobre como editar, podes ler esta guía.

  1. Se es novo nisto suxerímosche que te familiarices cos seguintes termos: Wiki, enciclopedia e Wikipedia.
  2. Se queres facer probas de edición faino aquí. Se tes algunha dúbida nalgún momento, podes expoñela nesta páxina.
  3. Superados os puntos anteriores, fai clic nunha destas ligazóns:


Que desexas crear?

Cando esteas listo, elixe unha das opcións correspondentes.