Wiki

aplicación web que permite a edición colectiva de documentos

Un wiki[1] é unha aplicación web que permite aos internautas engadir, modificar ou borrar contido mediante software colaborativo que permite a edición colectiva dos documentos usando un sistema sinxelo sen que teña que ser revisado antes da súa publicación, toma o seu nome dunha palabra hawaiana que significa rápido. O meirande wiki do mundo é a Wikipedia, que ten o obxectivo de elaborar unha enciclopedia libre.[Cómpre referencia]

O obxectivo dunha wiki é democratizar un pouco a creación e mantemento das páxinas; ou eliminar a "síndrome dun só webmaster".[Cómpre referencia]

O potencial do wiki radica na non necesidade de aprender a usar complicadas etiquetas en HTML para escribir de xeito sinxelo documentos e establecer enlaces no sitio web.

Historia dos wikis

editar
 
Parada do autobús Wiki-Wiki

WikiWikiWeb foi o primeiro wiki[2], o seu creador foi Ward Cunningham quen comezou a desenvolvelo en Portland (Oregón) en 1994 e que o instalou no dominio de Internet c2.com o 25 de marzo de 1995. Segundo Cunningham o nome procede do autobús que transporta viaxeiros e equipaxe entre os diferentes terminais do Aeroporto Internacional de Honolulu, chamado "Wiki-Wiki" e que utilizou como un sinónimo de "rápido"[3][4]. Cunningham inspirouse en parte no HyperCard de Apple[5], desenvolvendo as ideas de Vannevar Bush para permitirlles aos usuarios comentar e mudar os textos doutra xente[6].

Wikipedia converteuse no máis famoso wiki, entrando na lista dos dez sitios web máis populares en 2007, o seu sistema wiki, MediaWiki, adoptáronno despois moitos outros wikis.

Para que serve un wiki?

editar

En principio, un wiki úsase para calquera cousa que os seus usuarios desexen. O formato préstase á colaboración (colaboración que involucra a calquera persoa, que pode facer o que queira coas páxinas). Wikipedia é un wiki que ten como misión específica ser unha enciclopedia. Así, todas as edicións que se fagan neste wiki deben ir orientadas a ese obxectivo.

  1. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para wiki.
  2. Ebersbach, Anja (2008), Wiki: Web Collaboration, Springer Science+Business Media, p. 10 ISBN 3-540-35150-7
  3. Cunningham, Ward (1 de novembro de 2003). WikiWikiWeb, ed. "Correspondence on the Etymology of Wiki". Consultado o 9 de marzo de 2007. 
  4. Cunningham, Ward (25 e febreiro de 2008). WikiWikiWeb, ed. "Wiki History". Consultado o 9 de marzo de 2007. 
  5. Venners, Bill "Exploring with Wiki. A Conversation with Ward Cunningham, Part I", artima.com, 20 de outubro de 2003
  6. Cunningham, Ward (26 de xullo de 2007). WikiWikiWeb, ed. "Wiki Wiki Hyper Card". Consultado o M9 de marzo de 2007. 

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar