Xas
Benvido/a á Galipedia Xas. Grazas por unirte a este proxecto e por colaborar connosco na mellora do wiki. Se tes algunha suxerencia sobre o wiki, as páxinas de axuda ou todo aquilo que penses que pode mellorar a Galipedia para nós sería de moita axuda coñecela. Este proxecto ademais da Galipedia inclúe Wikisource para textos orixinais, o Galizionario para entradas de dicionario, Galicitas para citas textuais e Galilibros para a publicación de libros. Tamén hai unha extensión da comunidade galega en Commons —un repositorio de imaxes común a todos wikis—. Podes establecer contacto cos outros usuarios nas diversas seccións da Taberna ou nas súas páxinas de discusión. Tes información sobre o funcionamento da wikipedia en galego en Wikipedia:Axuda, Wikipedia:Política e normas e no Portal da comunidade. Para calquera cousa que nos necesites aí nós tes. Un cordial saúdo. --Prevert(talk) 09:39, 23 marzo 2007 (UTC)
- Arquivo de vellas conversas:
Siento no poder expresarme en gallego. En relación con la entrada "José Díaz Andión" de Galipedia me gustaría saber: ¿Puedo completar y corregir la entrada? ¿Podría conseguir los libros a los que se hace referencia en su entrada? José María Díaz Andión era mi abuelo y hasta hace relativamente poco sabía muy poco de el. Gracias a la digitalización de hemerotecas he conseguido gran cantidad de información aunque solo tengo el libro del general Díaz Porlier. jmdiazretana@gmail.com
Gracias
editarMuchas Gracias Xas !
Ola Xas! Gracias pola axuda. A verdade e que non sei onde teño que deixar a mensaxe, polo que voy a "usurpar" este espazo onde pon "Gracias" e deixala aquí. Estou a mirar esas instruccións sobre a edición dos textos, (que xa tiña ollado algo) e casi estou optando por borrar o que puxen na sección de Baldomero Cores e deixala como estaba, ata que teña un mellor coñecemento do funcionamento desta ferramenta. En ningún caso quería dañar o traballo feito por outro e agora mesmo síntome algo intrusa, polo que pido disculpas xa que non era a intención. Ao mellor, podería facilitar os datos e que outro os subira sen problema. Seguiremos falando, voy estudiar ben o tema! un saúdo e moitas grazas! M.Cores
Bloqueo.
editarOla, Xas. A ver se podes protexer tamén Google Translate, que o mesmo tipo anda facendo unha desfeita, tradutor en man. Graciñas. Xoacas(ti si que es lindo, ho) 17:13, 28 de outubro de 2010 (UTC)
Torso de guerreiro
editarChámame a atención esta foto, Xas. Son ben poucos os museos que permiten facer fotografías no seu interior e, en calquera caso, especifican que só para uso privado. Máis dunha vez, alí onde me vían tirando fotografías -sempre pregunto se podo ou non- viñeron advertirme que só se permitía ese uso privado. Non sei as condicións do Museo de Ourense pero paréceme raro, raro, raro que se poidan subir á Galipedia. ¡E dá unha rabia...! Saúdos, Pedro --Lameiro (conversa) 23:09, 9 de novembro de 2010 (UTC)
Heineken Cup
editarHola Xas. Son novo nisto, ainda que veño de andar editando algún artigo na Wikipedia en español. Tanto a miña moza como unha das miñas irmás insistíame en facer aportacións á Wikipedia galega, e aquí estou. Pensaba aportar algo relacionado co rugby, xa que son moi afeccionado. O tema é que estaba lendo o artigo sobre a Heineken Cup e vin que cando se nomea a Biarritz Olympique, que é un equipo do sur de Francia, ten ó carón a bandeira vasca, i é certo que o clube é do Iparralde francés. Como teño pensado editar os artigos referidos ás tempadas dese torneo, a miña dúbida é si está correcto ou non, xa que por mín poñíalle ó lado a bandeira de Francia. Xa ves que tontería de pregunta. Un saudo. Rugbya15 19:17, 14 de novembro de 2010 (UTC)
Eugenio Rueda Perosanz
editarHola Xas,
queria darte las gracias por tu esfuerzo en recordar a mi tio abuelo Eugenio Rueda Perosanz. Si necesitas informacion sobre el, o fotos, puedes ponerte en contacto conmigo en la siguiente direccion de email purpurrote - arroba - yahoo.es
Muchisimas gracias de corazon! Un saludo, Sylvia Rueda —o anterior comentario sen asinar foi feito por 163.1.43.20 (conversa • contribucións)
Request
editarHi Xas. I have a request for you. Could you delete the four (nonsense) pages created by this user? Thanks in advance. Kind regards, Trijnstel 21:37, 11 de decembro de 2010 (UTC)
Castelo (Culleredo)
editarHola Xas. Grazas pola aportación sobre as igrexas de Castelo (Culleredo), acabo de engadinlle máis contidos ao artigo (Situación, Economía, Cultura e Ligazóns). Eliminei accidentalmente a referencia que tiñas da poboación de 1999, engádella de novo se así o cres convinte. Saúdos! —o anterior comentario sen asinar foi feito por Chayi (conversa • contribucións)
Actores e actrices
editarHoubo unha conversa sobre o cambio da categoría de actores e actrices para actores, parecía que había consenso pero caso de non estar de acordo podes dar a túa opinión en Conversa categoría:Actores e actrices, eu movín algúns actores para as novas categorías, pero é certo que fun pouco a pouco, a verdade é que me costa facer ese tipo de labor repetitivo.--Cheluco 15:01, 16 de decembro de 2010 (UTC)
A ver se .,.
editarA ver se me podes borrar rapidiño esta categoría Obxectos do cinto Kuiper, xa esta na Categoría de Limpar, é que ten un bucle moi pesado, e quería deixalo arreglado .. --Xabier Cancela (fálame 16:52, 26 de decembro de 2010 (UTC)
Graciñas meu, e que os bots reescribíanme a categoría nas ligazóns interwikis, e daba moito a lata.--Xabier Cancela (fálame 17:09, 26 de decembro de 2010 (UTC)
formato dun artigo
editarBoas, Xas! Podes botarlle un ollo a este artigo? Traducino dunha chapuza da wiki en castelán. Desculpa a molestia, pero prefiro que lle botes ti un ollo que andas máis ao día do formato e categorización de lugares. Un saúdo, e un millón! --Estevo(aei)pa o que queiras... 07:19, 27 de decembro de 2010 (UTC)
O enuso pódese quitar ou vas engadir algo, Xas? --Atobar (conversa comigo) 14:56, 7 de xaneiro de 2011 (UTC)
- Mesma pregunta para Celestino Noya. --Atobar (conversa comigo) 15:01, 7 de xaneiro de 2011 (UTC)
Xas pídoche que se pode ser, subas as fotos a commons para que se poidan usar en todas as wikipedias de todos os idiomas. --Vivaelcelta 19:04, 10 de xaneiro de 2011 (UTC)
Pois as que subes como estas: Ficheiro:Fachada da igrexa de San Pedro de Gonte, Negreira.jpg, Ficheiro:Igrexa de San Pedro de Gonte, Negreira.jpg
Cristina Ferreiro
editarOla, Xas; Mirei que creaches hai tempo o artigo de Cristina Ferreiro Real; Na súa ficha en galegos.info diverxen en dous datos: Din que naceu en 1983, e que o seu segundo apelido é Leal; Saberás cal é o dato correcto?
Agradecido! --Estevo(aei)pa o que queiras... 11:32, 18 de xaneiro de 2011 (UTC)
Correo
editarXas, mandeiche un e-mail. Douche aviso aquí por se non o miras decotes, que supoño que si. Un saúdo. --Atobar (conversa comigo) 21:09, 20 de xaneiro de 2011 (UTC)
Nomes propios na Galipedia
editarXas, perdoa pola falta de experiencia total que teño a respecto dos modos de traballo deste ámbito. Cando argumento que a Asociación de Escritores en Lingua Galega non debe figurar como AELG é porque entendo que cada persoa ten dereito a decidir como se denomina e como por tanto debe escribirse o seu nome. Non é así na Galipedia? Seguro que se me escapan moitas cousas, mais se eu digo que me chamo Alfredo Ferreiro supoño que ninguén na Galipedia pode decidir mudar o meu nome por AF. Agardo impaciente os teus argumentos. Agradecido desde xa, este novato manda unha aperta fraterna. —o anterior comentario sen asinar foi feito por Alfredo Ferreiro (conversa • contribucións)
Bloqueo de IP
editarHola Xas haber si podes bloquear a IP esa que xa leva feito vandalismo en varias páxinas no que vai de mañan. Grazas--Alfonso (fálame sempre e pitame nas curvas) 08:44, 8 de febreiro de 2011 (UTC)
Berres, A Estrada
editarOla! Cambio os datos sobre poboación de Berres (A Estrada) pois non sei cal foi a fonte de datos que usaches, pero o INE indica que Berres posúe 431 habitantes no 2010, e non creo que non 2009 tivese 176 nada máis.
Un Saúdo —o anterior comentario sen asinar foi feito por Martinho12 (conversa • contribucións) 9 de febreiro de 2011 ás 02:39
Artigos sobre castros
editarOla, Xas. Vin as edicións que fixeches en Castros da provincia de Ourense e Castros da provincia de Pontevedra, cambiando as parroquias nas que se localizan algúns deles. As parroquias que estaban indicadas saqueinas do Catálogo do PXOM de Allariz e de Vigo, respectivamente, como poderás ver na ligazón que hai na nota correspondente. Se ti tes unha referencia mellor sería bo achegala. Un saúdo. Xoacas(ti si que es lindo, ho) 15:19, 15 de febreiro de 2011 (UTC)
Non te preocupes, fixeches o mesmo que fixen eu, pero vese que algunha se me escapou. É o malo que ten traballar ata tan tarde, o sono non axuda nada. Un saúdo. Xoacas(ti si que es lindo, ho) 15:30, 15 de febreiro de 2011 (UTC)
CAN DE PALLEIRO guerra de páxinas
editarOla Xas,
Gostaría de presentar unha queixa formal dun usuario da galipedia que penso que non está referenciando correctamente, e actuando de mala fé. A usuario é XOACAS, Trátase en concreto do artículo con descripción CAN DE PALLEIRO. As fotografías que está a colgando no artículo non se corresponden coa raza CAN DE PALLEIRO. Este usuario non entra en razón e dedícase a modificar a páxina constantemente. Solicito a a revisión deste artículo e se é necesario o bloqueo deste usuario. Que se modifique este artículo coas referencias correspondentes á páxina da Xunta de Galicia e as fotograías adecuadas desta raza galega en recuperación. É unha pena que pasen cousas así.Non fai ningún ben a preservación deste can galego e non crea máis que confusión. Gracias pola vosa colaboración.
Saudos,
Risonsinho
FICHEIROS ERRÓNEOS http://gl.wikipedia.org/wiki/Ficheiro:Loba.jpg http://gl.wikipedia.org/wiki/Ficheiro:1_Cadelo_palleiro.jpg FICHEIROS PROPOSTOS http://es.wikipedia.org/wiki/Archivo:Candepalleiro.JPG http://commons.wikimedia.org/wiki/File:Cachorrospalleiro.JPG
Adxunto os comentarios deste usuario: Can de palleiro Ola, Risonsinho. Non estamos aquí para perder o tempo. O marcador non se pode retirar. E as imaxes que había eran perfectamente válidas. Vou desfacer as túas edicións. Espero que agora entres en razón, de non ser así pedirei o teu bloqueo. Un saúdo. Xoacas(ti si que es lindo, ho) 00:04, 17 de febreiro de 2011 (UTC) —o anterior comentario sen asinar foi feito por Risonsinho (conversa • contribucións)
Thanks
editarThank you for your Welcome!--Alessandroga80 15:05, 25 de febreiro de 2011 (UTC)
Raposo
editarOla, Xas; Graciñas pola información; Se a foto sae elixida imaxe da semana habería que avisalo, a ver se así se anima a regresar de forma máis asidua. Por certo, moi agradecido pola tarefa que fas traendo fotos do Flickr, algunhas son incribles. Un saúdo! --Estevo(aei)pa o que queiras... 13:35, 3 de marzo de 2011 (UTC)
Colocar imaxes nas galerías
editarBos días.
O meu obxetivo : Engadir imaxes ás galerías.
Subin esta imaxe http://gl.wikipedia.org/wiki/Ficheiro:5458501340_7043076190_b.jpg
según este enlace
http://gl.wikipedia.org/wiki/Especial:Cargar
Ben, e agora que...??
Quixera que aparecera nesta galería
http://gl.wikipedia.org/wiki/Galer%C3%ADa_de_imaxes_de_Cerceda Por certo unha parte da galería (onde se ve a central e o aguapark) non se pode editar...?????
Que teño que facer...?
Moitas gracias. Como me entero da resposta...??? se hai resposta, claro....
Uffff..esto atafegame, moi complicado para min...
Repito, moitas gracias. Saúdos. —o anterior comentario sen asinar foi feito por Orxeira (conversa • contribucións) 13:27, 10 de marzo de 2011
Eureka
editarhttp://gl.wikipedia.org/wiki/Cerceda#Galer.C3.ADa_de_imaxes
Xa está, xa entendin como se fai para engadir imaxes. Ao final non era tan dificil. Moitas gracias pola axuda. Saúde e terra ! —o anterior comentario sen asinar foi feito por Orxeira (conversa • contribucións) 19:24, 10 de marzo de 2011
Grazas
editar--Uxío Castelo 16:17, 11 de marzo de 2011 (UTC)
Bloqueo
editarHaber si me podes botar unha man co Usuario:Fabian bello e bloquealo pois non esta facendo máis que vandalismo . Grazas--Alfonso (fálame sempre e pitame nas curvas) 17:39, 11 de marzo de 2011 (UTC)
Parroquias de Vigo
editarO que dis é certo. Inda que no é exacto que na Galipedia consideremos a Cíes coma unha das parroquias de Vigo, na lista non figura dende 2008 [2]. E o tema xa se tratou amplamente na Conversa:Cíes, Vigo, con bastante confusión entre a división eclesiástica e a división civil.
Supoño que cando se fixo seguiuse o criterio do Concello de Vigo e non o da Xunta de Galicia. E iso deixa os lugares propios da Florida (Carballa, A Espedrigada, Figueirido, Lavadouro e Quintela) dentro de Coia, Vigo--. HombreDHojalata.conversa 11:37, 13 de marzo de 2011 (UTC)
Dubida coas licenzas
editarComo é que vai isto das licencias que se editan no flickr? A licencia que me indicaches CC BY 2.0 a que corresponde ?
Atribuição - Uso não comercial – Compartilhamento pela mesma licença Creative Commons Atribuição - Uso não comercial Creative Commons Não-atribuição a Uso Comercial - a Obras Derivadas Atribuição Creative Commons Atribuição – Compartilhamento pela mesma licença Creative Commons Não-atribuição a obras derivadas Creative Common
A ver se me vou poñendo ao día... De todolos xeitos esta imaxe http://www.flickr.com/photos/25347364@N06/4615450084/ vouna subir directamente á galipédia. Iso do commons e subir imaxes polo flickr non me chista moito, só me interesa metelas na galipédia (en galego) e non máis e mandalas desde o computador. Se algunha das que mande considerades que non é axeitada pois nada, apagadea. Saudar saúdo, o dos chirinbolos tampouco o pillei.—o anterior comentario sen asinar foi feito por Orxeira (conversa • contribucións)
Anxopadron
editarGrazas por axudarme a completar a entrada sobre J.L. Cochón. Gustaríame facer una biografía en condicións, pero dame un pouco de reparo propoñerllo (isto enténdese se se sabe que é o meu profesor de lingua castelá). A ver se me armo de valor e llo digo (e a ver se el non me manda á m...) jaja. Un saúdo. —o anterior comentario sen asinar foi feito por Anxopadron (conversa • contribucións)
Semella estraña a denominación coas parénteses. Está ben? --Atobar (conversa comigo) 01:03, 19 de marzo de 2011 (UTC)
Logo do DLR
editarRecibin o logo do DLR con permiso da organización, non sei porque o retiras. " Dear Sir, we give you with pleasure the permission to use our Logo (attached) for your internet article.
Please name as origin “DLR”. Best regards, Michael Walter michael.walter@dlr.de
www.DLR.de
Se tes algunha dubida,fala conmigo.--Suarez ruibal 15:54, 21 de marzo de 2011 (UTC)
Grazas
editarGrazas por crear a categoría de Gobernadores civís. Aínda non me deu tempo... que sigo pelexando cos datos biográficos do paisano. Apertas. --Xabier Cid Talk, please 18:25, 25 de marzo de 2011 (UTC)
Help
editarPlease remove all the vandalismo por Usuario:Fart. Spider Pig 22:26, 29 de marzo de 2011 (UTC)
- As páxinas de Charlotte's Web (filme de 1973) e The Fox and the Hound semella válida, poden ser restaurados? Malia o vandalismo, as edicións semella válida. Spider Pig 22:04, 30 de marzo de 2011 (UTC)
Anne Philipe
editarOla, Xas. O que pasou con Anne Philipe foi que houbo un conflito de edición que resolvín de forma pouco ortodoxa: boteille un ollo por riba á túa edición, vin que coincidía ca miña en todo menos nun par de puntos que ti non tocaras ("Camiño da seda" por "Ruta da seda", lembro agora) e supuxen que todo quedaría resolto substituíndo a túa edición pola miña polo método de copiar e pegar. Non me decatei dos dous detalles que me comentas. Acabo de amañalos. Perdoa pola molestia. Un saúdo. Xoacas(ti si que es lindo, ho) 14:58, 30 de marzo de 2011 (UTC)
Novas sobre o das camisetas
editarBoas, o primeiro grazas á pola túa participación no pasado reto do aniversario da Galipedia. Xa teño a túa camiseta e deixei un aviso nesta conversa para tentar quedar con algúns dos participantes e repartilas. A cousa posiblemente sexa en Pontevedra, como é un pouco lonxe de onde ti estás si non che ven ben xa quedaremos noutra ocasión, pero si podes vir sería un puntazo :). Un saúdo, --Elisardojm (conversa) 09:04, 15 de abril de 2011 (UTC)
- Ola!. Propuxen un galencontro na taberna, si che apetece podes apuntarte alí e si coincidimos lévoche a camiseta do reto. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 23:27, 28 de xullo de 2011 (UTC)
- Por favor, o antes posible confirma, ou non, na taberna que poderías ir ó Galencontro o 17 de setembro. Estamos tentando organizar unha boa pero para iso necesitamos quórum!. :). Saúdos, --Elisardojm (conversa) 10:27, 31 de agosto de 2011 (UTC)
Grazas
editarMoitas grazas Xas pola benvida. --Ana Viso 14:15, 23 de abril de 2011 (UTC)
Imaxes de don Ramón Mª Aller
editarOla Xas. A esta altura, xa saberás que son un novato e que, por iso, non sabía que na Galipedia non se admitían ligazóns externas a buscadores. Onte, fun visitar a don Ramón (a quen coñecín persoalmente) con motivo de que o día de hoxe celébrase o 1º día do Científico galego, e está dedicado a el.[1] De paso, corrixín a galería, centreina, corrixín o pé da foto do observatorio astronómico da USC que, ao parecer, á morte do sabio a Universidade *nomeouno co seu nome en vez de denominalo. E como vin que a galería tiña poucas fotos, encontrei en Google moitas (algunhas, non eran del), porque vira que tamén había unha ligazón con Google (que creo que é un buscador) referida a Google libros que, estas si, parecen estar autorizadas polas normas da Galipedia. Así como tamén parecen estar autorizadas as incorreccións gramaticais, aínda que, coma neste caso, pareza un simple despiste. Pero eu cría, pola cantidade de críticas que recibín (moitas, xustificadas; outras, totalmente fóra de lugar), que a Galipedia era un proxecto serio e rigoroso. Un cordial saúdo. --Xoio (fálame) 15:23, 27 de abril de 2011 (UTC)
Notas
editarAdxunto referencia
Grazas!
editarGrazas pola benvida, a ver se vou aprendendo e facendo máis ...--Alytes 22:18, 3 de maio de 2011 (UTC)
fotos
editarOla, Xas; Efectivamente, estaban mal os datos; confundinme ao subilas, e están mal dúas imaxes. Xa vou corrixir agora, graciñas polo aviso!!! --Estevo(aei)pa o que queiras... 18:56, 27 de maio de 2011 (UTC)
- Ola, de novo! Mira, de momento vou deixar as imaxes cun marcador de atención e vounas quitar dos artigos, e cando me asegure de onde son (a ver se me podo achegar por alá en breve) poño os datos correctos. Graciñas de novo por avisar. Saúde! --Estevo(aei)pa o que queiras... 09:39, 30 de maio de 2011 (UTC)
Pechar imaxes e artigos de semana e mes
editarGraciñas, Xas, por ocuparte do tema. Para a semana encárgome eu e así non sempre lle queda o traballiño ao mesmo. Un saúdo. --Atobar (conversa comigo) 18:13, 29 de maio de 2011 (UTC)
Poderías facerlle o artigo, Xas?[3] [4] Saúdos. --Atobar (conversa comigo) 22:12, 4 de xuño de 2011 (UTC)
Petición
editarXas, podes facer isto?:
- User has not yet opted in. If you want to see graphs, please create User:Xas/EditCounterOptIn.js with any content. Alternatively, you can create meta:User:Xas/EditCounterGlobalOptIn.js to opt-in across all Wikimedia wikis.
- User has not yet opted in. If you want to see graphs, please create User:Xas/EditCounterOptIn.js with any content. Alternatively, you can create meta:User:Xas/EditCounterGlobalOptIn.js to opt-in across all Wikimedia wikis.
Mellor explicado nesta páxina. É para eu vos ter controlados aos máis activos nas estatísticas. Graciñas e un saúdo. --Atobar (conversa comigo) 20:07, 16 de xuño de 2011 (UTC)
- É moi sinxelo, trátase de crear unha páxina de usuario para poder ver a estatística en detalle. Sería esta: usuario:Xas/EditCounterOptIn.js, pero soamente o pode facer o usuario en cuestión, de aí que cho pida. --Atobar (conversa comigo) 21:02, 16 de xuño de 2011 (UTC)
Borrado
editarporque me mato en buscar informacions e colgalas na wiki ?? pa que despois borredes todo MO POES EXPLICAR?? —o anterior comentario sen asinar foi feito por 87.217.68.62 (conversa • contribucións)
Foto:louredo (cortegada)incorrecta posición.
editarOLa, creo que foi vostede quen subiu a foto pertencente ao artigo "louredo" parroquia do concello de Cortegada, a foto non se corresponde co lugar en cuestión, dado que esta parroquia está situado entre os vales do Miño e Arnoia e as montañas agochan ambos vales xa que a aldea se atopa nun rebaixe do terreo, a foto que amosas pertence mais ben aos concellos de Ribadavia ou Laias.Ó louredo ó que se refire este artigo é mais ben este: http://www.flickr.com/photos/42410144@N02/3911331955/in/photostream —o anterior comentario sen asinar foi feito por Titvs (conversa • contribucións)
Xas, temos un problemiña con este artigo. A ver se tes tempo de botarlle un ollo.
Graciñas, un saúdo--. HombreDHojalata.conversa 17:29, 12 de xullo de 2011 (UTC)
3.000 artigos
editarMoitos parabéns e moi agradecido por ter un compañeiro de Galipedia tan capaz coma ti, Xas. Superaches a barreira dos 3.000 artigos únicos creados. [5] Es a 3ª persoa que o logra. Un saúdo. --Atobar (conversa comigo) 23:36, 30 de xullo de 2011 (UTC)
petición de artigo
editarOla, Xas! Como ultimamente andastes facendo artigos de senadores e deputados vencellados a Galiza, heiche pedir un favorciño: podes procurar información de Eduardo de Cea Naharro? Graciñas! --Estevo(aei)pa o que queiras... 12:07, 14 de setembro de 2011 (UTC)
- Graciñas, meu; completei cun datiño que era o motivo polo que o coñecín, porque foi o Barón que dá nome ao Parador de Pontevedra. Saúde! --Estevo(aei)pa o que queiras... 09:47, 15 de setembro de 2011 (UTC)
IGE Nomenclátor
editarGrazas Xas, agora penso mudar a nota do INe pola do IGE que penso que quedar mellor- Unha cousa, como se fai para facer outra páxina de conversas? hai algunha paxina de axuda? pois amiña páxina orixinal estáseme a quedar moi longa. --Alfonso (fálame sempre e pitame nas curvas) 19:22, 17 de setembro de 2011 (UTC)
Azuleando o Estatuto
editarGrazas, Xas, por preocuparte de encher as ligazóns vermellas do artigo. Dá gusto traballar en equipo. E en equipos coma este, máis. Saúdos, Pedro --Lameiro (conversa) 22:16, 28 de setembro de 2011 (UTC)
O Grove
editarBos días Xas. Onte puxen os datos das municipais do Grove 2011, pero non sei completar esa gráfica de cores, á que lle falta esta columna. Cos datos que puxen seguro que saberás facelo. Grazas. Pedro --Lameiro (conversa) 09:46, 9 de outubro de 2011 (UTC)
- Feito!--. HombreDHojalata.conversa 09:57, 9 de outubro de 2011 (UTC)
- Máis datos, agora das eleccións municipais de 1983. Hai un problema: Os 5 votos que puxen en EU foron, daquela, para o PCG, pero poño EU por aproximación. Tampouco entendo as diferenzas entre EU e EU-EG. Outro: Bea Gondar presentouse como CIG (¿C? Independentes do Grove; non lembro que puido significar ese C). Co tempo pasouse a AP, pero a alcaldía gañouna como CIG (AP presentouse pola súa banda, e sacou 1 só concelleiro que, por certo, tamén chegou a ser alcalde pasando o tempo), e o caso é que non puiden poñer CIG porque remite á Confederación Sindical, coa que evidentemente non ten que ver. Agora falta por pasar estes datos ó gráfico de barras. Pedro --Lameiro (conversa) 15:10, 9 de outubro de 2011 (UTC)
Eleccións municipais de 1979
editarOla! Xas Sabes dalgunha páxina web onde haxa datos sobre as eleccións municipais de 1979? --Vivaelcelta 21:21, 22 de outubro de 2011 (UTC)
eleccións municipais
editarOla, Manuel! Como saberás, hoxe houbo tamén eleccións municipais no concello dos Blancos; impórtache revisar e actualizar os artigos relacionados, por favor? Hai algo de información en es:Blancos (Orense). Graciñas, e saúde! --Estevo(aei)pa o que queiras... 21:52, 20 de novembro de 2011 (UTC)
Coalición Radical Europea?
editarHa! :) :) Non se che iría a man en José Posada? --Xabier Cid Talk 2 me, please 14:24, 14 de decembro de 2011 (UTC)
- Xa o mudou Estevoaei. :) --Xabier Cid Talk 2 me, please 16:31, 14 de decembro de 2011 (UTC)
- Hahaha, :) Entón aos que se lles foi a man é aos do Parlamento Europeo. ;) --Xabier Cid Talk 2 me, please 17:33, 14 de decembro de 2011 (UTC)
Painceira
editarOla, como vai? estou a facer artigos de lugares de parroquias, pero aínda non sei moi ben cando debo incluír unha páxina en homónimos. Na páxina Painceira, Sancovade, Vilalba supuxen que debía incluílos porque tamén existen dous topónimos chamados "A Painceira" . Que criterios debo seguir para evitar futuros erros? Por certo, parabéns polas túas achegas e graciñas! --Chairegosi? 20:26, 16 de decembro de 2011 (UTC)
Xas, creo que entendo a túa edición [6]. Haberá que modificar, logo, de Medalla_de_Galicia#Medallas_de_Ouro_de_Galicia o: "1990. Centro Galego de Bos Aires."?--. HombreDHojalata.conversa 14:55, 17 de decembro de 2011 (UTC)
- Non me fagas caso, crera ler que a que recibira a medalla fora a Federación Mundial de Sociedades Gallegas, e que a túa edición ía nese sentido. Entendera eu mal.
- E que desfrutes do iPod ! --. HombreDHojalata.conversa 21:02, 17 de decembro de 2011 (UTC)
Painceira
editarGrazas!!, tereino en conta. =) --Chairego, si? 20:28, 17 de decembro de 2011 (UTC)
Faime o favor de reverter todos os engadidos de alcaldes que fixen neste artigo, xa que estaba a consultar os datos de 1999. Grazas e un saúdo.--PepedoCouto (dimo aquí) 18:47, 29 de decembro de 2011 (UTC)
Homónimos de lugares
editarMoi boas, Xas: Como vexo que andas nesto dos lugares, queríache consultar sobre o topónimo Sevil que é un lugar de Monfero. Hai outro Sebil en Cuntis. Porén, na páxina de Xoán Xesús González, este último lugar é nomeado tamén como Sevil. Sería conveniente unha páxina de homónimos de Sevil? Ou corrixir o lugar na páxina de Xoán Xesús González?--Xosé Antonio (fálame sempre) 23:08, 16 de xaneiro de 2012 (UTC)
- Tamén estiven dándolle voltas ao asunto. Que che parece se facemos unha sección Outros artigos en Sevil, e alí poñemos Sebil? Habería que corrixir o topónimo Sevil por Sebil na páxina de Xoán Xesús González. Xa me dirás. Recibe ti tamén os meus parabéns pola túa traxectoria na Galipedia.--Xosé Antonio (fálame sempre) 23:31, 17 de xaneiro de 2012 (UTC)
Grazas
editarMoitas grazas, teño a intenzón de completar toda a área de Numismática. Apertas.--Moinante 05:34, 19 de xaneiro de 2012 (UTC)
Membros da RAG
editarDo telexornal de hai un anaco, e verifiqueino buscando na rede [7] --. HombreDHojalata.conversa 21:36, 21 de xaneiro de 2012 (UTC)
- Europapress --. HombreDHojalata.conversa 21:40, 21 de xaneiro de 2012 (UTC)
- Non hai de que. --. HombreDHojalata.conversa 22:59, 21 de xaneiro de 2012 (UTC)
- Certo! Son correspondentes segundo: [8] (a partires de 00:28) --. HombreDHojalata.conversa 10:04, 22 de xaneiro de 2012 (UTC)
- Non hai de que. --. HombreDHojalata.conversa 22:59, 21 de xaneiro de 2012 (UTC)
OLA
editarOla Xas, son a usuaria anónima á que enviaches a mensaxe. Grazas pola axuda para me poder rexistrar. Un saúdo--Trasdezana 14:01, 30 de xaneiro de 2012 (UTC)
Alcalde de Silleda
editarOla Xas, vin que no artigo que creei sobre Emilio Alonso Paz, engadíches o cadro cos alcaldes anteriores e posteriores a el. Tes un listado dos mesmos? Un saúdo--Trasdezana 11:36, 2 de febreiro de 2012 (UTC)
- Ola de novo, esta é a conta de correo que utilizo, aínda que é compartida: difraa@hotmail.com. Grazas--Trasdezana 16:11, 2 de febreiro de 2012 (UTC)
por se for de interese
editarBoas Xas. Bota un vistazo aquí por se queres utilizar ese dato. Saúdos, Pedro --Lameiro (conversa) 19:17, 7 de febreiro de 2012 (UTC)
Acción católica
editarBoas Xas. Lembra que tes "en uso" e a medio traducir o artigo Acción Católica. Saúdos, Pedro--Lameiro (conversa) 19:48, 10 de febreiro de 2012 (UTC)
Casas de concellos
editarBoas!, mira, que temos por aquí unha páxina coas fotos de tódalas casas de concellos e ó mellor podías facer ti algunhas que che queden perto e que faltan (ou non as atopamos) por exemplo Dozón é limítrofe con Lalín..., aínda que non sei se estará a man ou non. Boeno, se che cadra de dar unha volta por alí coa cámara, e che apetece, completaríamos un pouco máis esa galería. A lista de tódolos concellos que faltan está na conversa desa páxina. Boeno, parabéns por todo o teu traballo e a ver cando nos vemos outra vez :). Saúdos, --Elisardojm (conversa) 09:31, 14 de febreiro de 2012 (UTC)
- Xenial! :). Saúdos, --Elisardojm (conversa) 14:17, 14 de febreiro de 2012 (UTC)
Erro meu
editarOnte marquei para borrado "Ignacio Castro". Tiña na cabeza que era obra dun so editor e non me din de conta que había edicións anteriores recuperables. Erro meu! Desculpas. --. HombreDHojalata.conversa 10:32, 16 de febreiro de 2012 (UTC)
Pilar Rojo
editarOla Xas. Non quero comezar un novo debate sobre o tema dos conflitos de intereses pero estou en desacordo coa retirada do marcador atención do artigo Pilar Rojo. Se o artigo foi creado nun conflito de intereses hai que borralo antes de lexitimalo coas edicións dos editores da Galipedia. Habería que determinar se a conta Pargal corresponde ao Parlamento de Galicia e quen opera a conta (servizo de prensa, o equipo dalgún grupo político, etc). Na miña opnión aínda que sexa unha conta institucional non deben suspenderse as directrices de Wikipedia:Conflito de intereses. Un cordial saúdo. --Prevertgl 14:28, 24 de febreiro de 2012 (UTC)
- Creo que antes de borralo é mellor preguntarlle a Pargal para aclaralo todo, ía facelo cando vin a corrección. Un cordial saúdo. --Prevertgl 14:35, 24 de febreiro de 2012 (UTC) E moitas grazas pola benvida, tamén quería aproveitar para preguntarche que opinas da sección demografía para os lugares e parroquias se queres comentar algo. --Prevertgl 14:38, 24 de febreiro de 2012 (UTC)
Demografía
editarGrazas polo comentario. É de moita axuda porque eu tampouco teño claro que facer. Tes razón no que dis sobre completar os artigos e sobre o traballo que supón. Así que a sección demografía vouna deixar aparcada polo de agora. Un cordial saúdo. --Prevertgl 15:42, 24 de febreiro de 2012 (UTC)
Artigo Agricultura Ecolóxica
editarOlá!! Puxen A Xoaniña porque coñezo ben e, tal e como estaba, con Labregos Daiquí e a Cooperativa Árbore (que é igual que A Xoaniña) pareceume que faltaban aínda varias iniciativas sociais que se adican a esto, das que tería que recopilar datos: Zocamiñoca (A Coruña), Panxea (Santiago), A Cova da Terra (Lugo). No sector do que trata o artigo hai un debate relacionado coa dimensión social da actividade, no que as entidades mencionadas son a parte contraria á gran distribución que está a introducirse... Antes de ver como iba esto das mensaxes (que como é o primeiro que escribo non sei se o fago ben) quitei tamén a Árbore por seguir un criterio... pero fai como vexas. Eu xa fixen e desfixen sen saber moi ben. Xa non vou tocar máis!!
Un saúdo!!
--Xan.martinez 14:59, 29 de febreiro de 2012 (UTC)
Enquisa WikiSkills
editarBoas meu, comezou unha primeira parte do proxecto WikiSkills que consiste en cubrir unha enquisa, a ligazón é http://enquisas.cesga.es/index.php?sid=37569&lang=es. Non estou de todo seguro pero por un correo que me mandaron doutro sitio parece que o plazo para cubrila remata o día 17 deste mes, coméntocho para que non se che pase, total só tardas 15 minutos en enchela. Tamén sería moi interesante que lle comentaras a creación deste proxecto ás persoas do ámbito da educación que podan estar interesadas ou que o difundas noutros lados que coñezas coma webs de educación, listas de correo, etc, se non saben nada de wikis ou se aínda non as usaron na clase non importa, o proxecto é para tódolos interesados. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 16:35, 13 de marzo de 2012 (UTC)
- Por si se che pasa, coméntoche que hai novas deste proxecto na taberna, cando teñas un momento podes botarlle un ollo. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 11:54, 28 de marzo de 2012 (UTC)
Novo usuario AArizaga
editarGraciñas pola benvida --AArizaga (conversa) 11:44, 20 de marzo de 2012 (UTC)
Les mains sales
editarOla Xas. En francés teñen Mains escrito en maiúscula, non sei se é esa a forma correcta. Un cordial saúdo. --Prevertgl 20:13, 21 de marzo de 2012 (UTC)
- Grazas polas túas palabras. --Prevertgl 23:11, 21 de marzo de 2012 (UTC)
- Perdoar de meterme : As regras da ortotipografía en francés din ca primeira palabra dun titulo leva maiuscula, inda que teña diante un artigo. Mais moitos editores non na respetan, a coberta da edición que teño eu (é xa ten un montón de anos) :"Les mains sales", igual nesta edición que sendo mais recente tamén leva minuscula ; e nas publicacións vense as dúas formas. Agora ben, si queremos respetar a regra convencional en francés é : "Les Mains sales". --Elvira (Conversa comigo) 21:29, 22 de marzo de 2012 (UTC)
Artigo
editarHola Xas eu son novata nisto pero gostaríame escribir un artigo. MªPilar Santos Filgueira (conversa) 10:50, 26 de marzo de 2012 (UTC)
O Corazón do Negror → Corazón da escuridade
editarXas, non deixaches redirección atrás no movemento, pero eu creeina porque o certo é que existe edición con ese título, inda que sexa posterior no tempo. --. HombreDHojalata.conversa 20:13, 26 de marzo de 2012 (UTC)
- Xa vin que si que hai redirección, en minúscula, «O corazón do negror». Saúdos. --. HombreDHojalata.conversa 20:16, 26 de marzo de 2012 (UTC)
- Non teñas medo, xa me decatara que hai un novo grupo de rapaces a traballar nas publicacións do eido da filosofía. Andou por aí outro con artigos de tema imaxe e son.
- Agora quédame a dúbida, a redirección que creei, en maiúscula, mellor que quede ou mellor hai que borrala???--. HombreDHojalata.conversa 20:26, 26 de marzo de 2012 (UTC)
Colaboracións
editarOla Xas. Moitas grazas polas achegas dos alumnos, aí está parte do futuro deste proxecto e por extensión dos proxectos en lingua galega. Por desgraza non fomos quen de crear un sistema que facilitara a colaboración estable coas institucións educativas, mentres este tipo de iniciativas teñen para a Galipedia moito mais valor que unha simple contribución illada. Faille chegar aos alumnos que vemos con interese as súas edicións e que esperamos que tamén nalgún deles surxa a semente dunha futura colaboración con este proxecto. Un cordial saúdo. --Prevertgl 08:58, 27 de marzo de 2012 (UTC)
- Eu tamén me sumo á felicitación e pensando no que di Prevert de tentar colaborar coas institucións educativas coméntovos un proxecto que está comezando na Viquipèdia e que podería tentarse aplicar tamén na Galipedia, Viquiescoles que foi presentado precisamente estes días aquí. Hai varias cousas que habería que debatir e penso que non fai falta ter un wiki externo para un proxecto deste tipo, os participantes poden traballar en subpáxinas ou case mellor poñer o marcador {{enobras}} e xa valería. Se estades interesados en facer algunha iniciativa deste tipo poderíamos tentar organizar algo este curso ou o que vén, unha experiencia piloto en tres ou catro institutos de Galicia, cun pequeno wikiproxecto na Galipedia e ir artellando a forma de integrar a Galipedia na escola. Eu non estou dentro da comunidade educativa pero se queredes facer algo disto eu ofrézome a colaborar, aportar ideas, buscar axudas, facer obradoiros da Galipedia ou outras cousas porque penso que sería un gran aporte para o proxecto e tódalas mans son poucas. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 11:09, 27 de marzo de 2012 (UTC)
dubida?
editarIntimidación, acoso ou ataques persoais? cando? como? en ningún momento trataei de acosar a ninguén. Sinto se foi ese o resultado, pero para nada era a miña intención.--83.58.21.28 19:10, 6 de abril de 2012 (UTC)
Unha encarga
editar¿Terías tempo de facerlle a biografía de Francisco Ponte Blanco (1853-1926), presidente da RAG anterior a Eladio Rodríguez e posterior a Andrés Martínez Salazar? Grazas, Pedro --Lameiro (conversa) 21:27, 7 de abril de 2012 (UTC)
Datos de poboación de lugar
editarBoas, unha pregunta, ¿como podo atopar os datos de poboación dun lugar?. Estiven mirando algo no IGE e no INE e non atopo máis datos que de concellos. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 12:27, 11 de abril de 2012 (UTC)
- Graciñas, xa me funcionou..., pero preciso máis axuda. Resulta que estou tentando atopar a poboación de Angrois, Sar, Santiago de Compostela e non aparece no listado do IGE. Tamén fixen unha busca en todo o sitio web por Angrois e non sae nada, ¿será que teñen os datos dese lugar agrupados co de outro maior?. ¿Sabes se hai outro sitio onde conseguir esta información?. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 19:32, 11 de abril de 2012 (UTC)
Imaxe da semana
editarBoas Xas! Fixen a páxina da igrexa de San Martiño de Andrade, cuxa foto propuxestes para imaxe da semana. Quizais quedara ben unha ligazón á páxina desde o comentario que redactaches para a imaxe. Saúdos!--Xosé Antonio (fálame sempre) 21:20, 12 de abril de 2012 (UTC)
Obradoiro WikiSkills
editarBoas, se te apuntaches ó tinglado ese supoño que xa che enviarían o correo de que van facelo o martes 17, o que che veño a avisar é que propuxen na taberna facer un pequencontro ó rematar ese choio. Se podes deixa unha nota alí para ver como nos organizamos. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 22:29, 13 de abril de 2012 (UTC)
Ramón Pardo de Montenegro
editarOla Xas. Moitas grazas pola túa valiosísima achega. --XoioÉche o que hai 22:47, 15 de abril de 2012 (UTC)
cambio excepcional
editarBoas Xas ! A ver si non che pareze mal o troco que fixen aquí ? Si gardas o voto para a imaxe retocada, retiro a primeira. Perdoa pola molestia, no no vou facer todos los días. --Elvira (Conversa comigo) 22:52, 22 de abril de 2012 (UTC)
Ríos de Deza
editarOla Xas, estiven mirando o artigo Comarca de Deza e pensei que non estaría mal que houbese un modelo dos ríos que a percorren como o que hai para Silleda,
. Que opinas? Un saúdo--Pontesiño (conversa) 18:07, 23 de abril de 2012 (UTC)
Suárez Picallo
editarBoas tardes biógrafo. Acabo de ver que no artigo Ramón Suárez Picallo dicimos, desde a creación, que nos anos trinta "dirixiu SER, un semanario de esquerdas". O 10.06.2007 ligaches SER e desde aquela resulta que Suárez Picallo consta como director da Cadena SER. Un erro chusco que cómpre corrixir. Saúdos, Pedro --Lameiro (conversa) 19:28, 26 de abril de 2012 (UTC)
Xestionar a súa conta global
editarOla teño unha conta na Galipedia e quixera convertina en global pero nun podo porque ai máis usuarios rexistrados co mesmo nome como o podo solucionar. --casasnovas conversa conmigo 17:15, 30 de abril de 2012 (UTC)
Proposta a QI
editarOla Xas. Propuxen unha imaxe túa a QI no día de hoxe. Boa toma. Un cordial saúdo-- Lmbuga / Conversa comigo 11:12, 1 de maio de 2012 (UTC)
Lugares e estatística
editarXas, quería facer o artigo de Amio, San Lázaro, Santiago de Compostela, pero o caso é que eu con estes de lugares nunca me puxen e agora mesmo non dou atopado o web onde saber que poboación ten. Pódesme indicar onde buscalo? Graciñas e un saúdo. --Atobar (conversa comigo) 19:29, 25 de maio de 2012 (UTC)
Referencias históricas
editarOla Xas, sabes onde podería atopar información sobre a historia de Silleda ou do Deza en xeral, ben sexan webs ou libros? Grazas de antemán--Pontesiño (conversa) 17:07, 30 de maio de 2012 (UTC)
peticións
editarOla, Xas; Aquí estou de novo para romperche a cabeza cunha nova petición.
Anímaste a crear o artigo "Premio Arcebispo San Clemente"? Hai ligazóns con varios nomes ("Premio Arcebispo Xoán de San Clemente", "Premio Xoán de San Clemente"... Non sei cal é a correcta.
Graciñas! Saúdos! --Estevo(aei)pa o que queiras... 17:33, 15 de xuño de 2012 (UTC)
Igrexa de San Martiño de Lalín
editarOla, Manuel! Ando a xeolocalizar arquivos coa axuda do Google Earth, pero non dou situado a Igrexa de San Martiño de Lalín; podes botarme un cable??
Saudiña! --Estevo(aei)pa o que queiras... 18:42, 24 de xuño de 2012 (UTC)
- Graciñas, Xas! Acabo de contrastar no Google Earth e as coordenadas que puxeches son correctas. Adoito colocar as coordenadas nos artigos e imaxes que podo, e penso que é unha ferramenta moi útil para localizar lugares. Un saúdo!! --Estevo(aei)pa o que queiras... 11:26, 16 de setembro de 2012 (UTC)
Votacións
editarBoas Xas. Coméntoche unha cousiña cativa. Vin que pechaches unha votación, e coido que está habendo un pequeno despiste nas votacións. Polo que teño entendido, un usuario ten que levar polo menos 60 días na wikipedia para participar nunha votación, e malia que o Usuario:Nemigo leva rexistrado só 30 ou 35 días, as súas votacións non están sendo riscadas. ¿Estou enganado ou aínda non ten dereito a voto?. Graciñas, un saúdo. -- JonnyJonny (conversa) 23:00, 22 de xullo de 2012 (UTC)
imaxe da semana
editarBoas. Vexo que mudaches a imaxe da semana, dados os erros que contiña; o caso é que o arquivo correctamente corrixido é este: Ficheiro:Vía XIX gl.svg . Se o cambiases a cousa quedaría redonda. Un saúdo --Servando2 (Dime) 11:01, 24 de xullo de 2012 (UTC)
Moi agradecido
editarPois iso, que aínda estou vendo o complicado que pode meterse nisto. Graciñas pola benvida. --Lelo lailo (conversa) 19:33, 29 de xullo de 2012 (UTC)Lelo lailo
As Burgas
editarComo sei que che gustan os artigos sobre periódicos e reixtas galegos, aí che vai un enlace da web da RAG que conta a breve historia dun semanario editado en Ourense, "As Burgas", en 1894, e que só sobreviviu uns meses. Podes velo aquí. Un saúdo e ata sempre. Pedro --Lameiro (conversa) 19:53, 7 de setembro de 2012 (UTC)
Nova ferramenta
editarPodes levar a cabo a miña petición? --Vivaelcelta {conversa · contribucións} 19:31, 15 de outubro de 2012 (UTC)
Outra encarga
editarVou atreverme a facerche outra encarga, co obxectivo de azulear máis o artigo sobre o Prestige. ¿Poderías encargarte de crear os artigos sobre `Federico Trillo, José Luis López Sors, Ángel del Real (Minguel Ángel del Real Abella) e Adela Leiro Lois? E xa postos a pedir, aínda que estean fóra do eido das biografías, tamén algo sobre Tragsa, Sogarisa, Sasemar (Sociedade de Salvamento e Seguridade Marítima) e Expocoruña? Xa sei que é moito pedir, pero por pedir que non quede. Veña, anímate. Grazas, Pedro --Lameiro (conversa) 17:28, 18 de outubro de 2012 (UTC)
Francisco Álvarez de Nóvoa
editarOla, Manuel!
No artigo de Francisco Álvarez de Nóvoa pon (puxeches) que naceu o 11 de xuño, aínda que nunha edición anterior puxeras que naceu o 13 de xuño. Porén, na introdución da edición que teño de Pé das Burgas, Méndez Ferrín di que "nacera o 16 de xuño de 1873, segundo me informa o seu fillo Reinaldo". Poño esta data indicando a referencia, ou tes ti outras referencias para o día 11?
Saúdos!! --Estevo(aei)pa o que queiras... 19:51, 18 de outubro de 2012 (UTC)
- Ola, Xas! Pídoche axuda de novo con outro artigo, o de Manuel Pardo de Andrade. Incluín como dato que naceu en 1862, segundo di Tarrío Varela no libro que mencionei na bibliografía, pero no artigo en castelán dan outros datos, con outra bibliografía. Ti terás fontes onde contrastar?
Graciñas!! Falamos! --Estevo(aei)pa o que queiras... 12:12, 24 de outubro de 2012 (UTC)
Opinar
editarPodes dar a túa opinión aquí é que fai falta cuórum. --Vivaelcelta {conversa · contribucións} 07:37, 19 de outubro de 2012 (UTC)
Décimo aniversario
editarBoas, fai tempo fixen unha proposta na taberna para tratar de organizar algún evento para o décimo aniversario da Galipedia e gustaríame que deras alí a túa opinión. Só che pido que poñas as túas impresións sobre a proposta, as túas ideas, as cousas coas que estás dacordo ou desacordo para tentar levar adiante esa idea, se é posible. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 01:09, 21 de outubro de 2012 (UTC)
- Ola!, aquí estamos facendo unha pequena votación para ver se poñemos un aviso na cabeceira da Galipedia, precisamos o teu voto para tomar unha decisión, poderías botarlle un ollo? Saúdos, --Elisardojm (conversa) 21:39, 25 de outubro de 2012 (UTC)
- Como xa hai 9 propostas para facer e o tempo non para propuxen na taberna que se faga unha votación para escoller o que facer. Se tes un momento podes dar alí o teu voto, a favor ou en contra, para pasar á seguinte fase. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 12:33, 12 de novembro de 2012 (UTC)
- Precisamos algún concordo máis para poder facer a votación das propostas para o décimo aniversario, a ver se tes un momento e podes pasarte pola taberna. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 10:31, 19 de novembro de 2012 (UTC)
- Como xa hai 9 propostas para facer e o tempo non para propuxen na taberna que se faga unha votación para escoller o que facer. Se tes un momento podes dar alí o teu voto, a favor ou en contra, para pasar á seguinte fase. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 12:33, 12 de novembro de 2012 (UTC)
Boas, xa rematou a votación e as propostas con máis aceptación foron Wikipedia:Difusión nos medios e Wikipedia:Participación activa, fixen unhas páxinas separadas para ir organizando mellor eses eventos. Nos próximos días haberá que traballar nesas páxinas para darlles máis forma a esas propostas. :) Ó mesmo tempo na taberna fixen un comentario para tentar levar adiante a proposta das conferencias, podes comentar alí o que che parece. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 1 de decembro de 2012 ás 02:41 (UTC)
Sitenotice
editarBoas, poderías modificar o Mediawiki:Sitenotice para que apareza o novo aviso na cabeceira dos artigos? Comenteino no taboleiro dos biblios aquí. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 21 de novembro de 2012 ás 23:36 (UTC)
- Podes facer esa modificación? É que eu non teño permisos. Se che parece ben cambia as datas para que dure unha semana. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 22 de novembro de 2012 ás 09:22 (UTC)
- Boas!, cando podas, podes quitar o aviso do sitenotice?, é que xa rematou o prazo da votación. E moitas grazas por poñelo, que se me pasou darchas da outra vez! :) Saúdos, --Elisardojm (conversa) 28 de novembro de 2012 ás 09:31 (UTC)
- Moitas grazas! Saúdos, --Elisardojm (conversa) 28 de novembro de 2012 ás 10:05 (UTC)
- Boas!, cando podas, podes quitar o aviso do sitenotice?, é que xa rematou o prazo da votación. E moitas grazas por poñelo, que se me pasou darchas da outra vez! :) Saúdos, --Elisardojm (conversa) 28 de novembro de 2012 ás 09:31 (UTC)
Outra vez o sitenotice
editarBoas, veño de novo co sitenotice. Agora que están decididas as propostas a organizar para o aniversario penso que se podían anunciar no sitenotice para que a xente saiba onde están e podan traballar sobre elas. ¿Haberá que facer outra votación para poñelo ou asumimos que vale a anterior votación? As páxinas dos proxectos están en Wikipedia:Participación activa e Wikipedia:Difusión nos medios. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 5 de decembro de 2012 ás 23:36 (UTC)
- Boas, ¿viches este comentario? Saúdos, --Elisardojm (conversa) 9 de decembro de 2012 ás 03:05 (UTC)
- Moitas grazas! Saúdos, --Elisardojm (conversa) 9 de decembro de 2012 ás 17:09 (UTC)
Nomes de lugares deshabitados
editarBoas, cal é o procedemento con topónimos que aparecen no nomenclátor de Galicia pero non constan no IGE? Ando a crear os lugares da provincia de Ourense e atópome con casos como no de Boborás, onde iso ocorre moitas veces. Vexo por aí algún artigo de lugares onde só se informa dun lugar dicindo que pertence a tal parroquia de tal concello, sen dar información de poboación, calculo que será un destes casos. Hai algunha política prevista? Déixanse sen facer?--Servando2 (Dime) 9 de decembro de 2012 ás 12:17 (UTC)
El Pensamiento Gallego
editarOla, Manuel!
No artigo El Pensamiento Gallego di que apareceu entre 1888 e 1889, mais na bibliografía sobre A tecedeira de Bonaval dise que apareceu en 1894 nese periódico. Tes máis información ao respecto? Un saúdo! --Estevo(aei)pa o que queiras... 12 de decembro de 2012 ás 12:40 (UTC)
- Vaia! A cuestión é que no artigo El Pensamiento Galaico di que este foi substituído en 1897 por El Pensamiento Gallego, mais no artigo sobre o segundo dise que apareceu entre 1888 e 1889, co cal a cousa aparece máis revirada. --Estevo(aei)pa o que queiras... 12 de decembro de 2012 ás 12:42 (UTC)
- Pois mira, nun artigo da EGU dise que A tecedeira apareceu no Galaico, mais na ficha da obra da BVG dise que foi no Gallego. Voulle preguntar a un profesor, a ver que me di. Graciñas! --Estevo(aei)pa o que queiras... 13 de decembro de 2012 ás 10:21 (UTC)
Moitas grazas
editarPor la traducción :-) Un saludo --Ecemaml (Fala comigo) 18 de decembro de 2012 ás 14:50 (UTC)
Batalla de Cambedo
editarOla, Manuel!
Podes botarlle un ollo ao artigo batalla de Cambedo?; Como andaras a facer artigos de guerrilleiros, igual podes revisar os datos e as ligazóns internas.
Falei co profesor do asunto dos periódicos e díxome que o libro saíra no Pensamiento Gallego', pero que non sabe onde se pode referenciar.
Saúdos!! --Estevo(aei)pa o que queiras... 19 de decembro de 2012 ás 07:50 (UTC)
Participación activa
editarBoas, puxen unha ligazón na páxina da proposta de participación activa a unha presentación de introdución á Galipedia, a ver se che é útil. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 23 de decembro de 2012 ás 11:59 (UTC)
Imaxe da semana
editarBoas!, felices festas! :) Mira, que renomeei a imaxe do peto de ánimas e o programa que substitúe as imaxes non sei por que deixou sen cambiar a copia que temos na portada, cando teñas un momento, cambias o nome polo de "Peto de animas no lugar de O Peto, San Xurxo de Asma (Chantada).jpg". Saúdos, --Elisardojm (conversa) 26 de decembro de 2012 ás 00:16 (UTC)
- Grazas! Saúdos, --Elisardojm (conversa) 26 de decembro de 2012 ás 17:14 (UTC)
San Sadurniño
editarPreciso axuda para modificar os datos na Parroquia de Lamas, porque entidades desa parroquia son da parroquia do Camiño Arriba na que en ningunha paxina se fai referencia, cousa que estou intentando cambiar agora que teño uns días libres. Espero que me poidas axudar.
Un saudo —o anterior comentario sen asinar foi feito por Cristobal13 (conversa • contribucións) 26 de decembro de 2012 ás 19:10
novo no wikipedia en galego
editarOla, eu son novo no wikipedia en galego, se ve algo que pode corrixir ou modificar aceptar, suxestións, grazas, saúdos. --VictorAlvarez89 (conversa) 27 de decembro de 2012 ás 22:22 (UTC)
Traduci directamente á páxina español, eu só quero apoiar todas as linguas. Grazas se puder me axudar grazas, Saúdos.--VictorAlvarez89 (conversa) 27 de decembro de 2012 ás 22:31 (UTC)
Sergio9C.M.
editarOla encantame o teu traballo Xas eu vivo en Cabana de Bergantiños ai o lado. En pecei fai pouco na Galipedia pero vou aprendendo cada día máis. Ata pronto. —o anterior comentario sen asinar foi feito por Sergio9C.M. (conversa • contribucións) 30 de decembro de 2012 ás 11:14
Sergio9C.M.
Grazas polos teus animos Xas espero que sigas traballando. --sergio 31 de decembro de 2012 ás 10:47 (UTC)
"Isozaki Atea"
editarO usuario volveu a crear o artigo. Aviseino na súa páxina de que non é enciclopédico. Podes facer algo?--AMPERIO (conversa) 7 de xaneiro de 2013 ás 16:46 (UTC)
- É moi probable que AIA Espana e Wikiadicto9 sexan a mesma persoa. Un saúdo--AMPERIO (conversa) 9 de xaneiro de 2013 ás 15:29 (UTC)
Dúbida votacións
editarOla Xas! vin que pechaches a votación a dous artigos e que na conclusión aparecen como rexeitados a pesar de ter só votos a favor. Isto por que é?. (Só é por sabelo non por outra cousa)--AMPERIO (conversa) 9 de xaneiro de 2013 ás 12:42 (UTC)
- Moitas grazas! Descoñecía eses datos sobre as votacións. Un saúdo--AMPERIO (conversa) 9 de xaneiro de 2013 ás 12:49 (UTC)
galipedia 10 lalín
editarola, veño de recibir un correo electrónico de Lalín http://cemit.xunta.es/centros/36/46756 están interesados en que alí se faga algunha actividade e cedería a aula que teñen. Penso que ti es o que está máis preto, estás interesado e podes ir. Saúdos --Nemigo 10 de xaneiro de 2013 ás 12:57 (UTC)
Re:Pablo Insua ou Pablo Ínsua
editarXa está. Moitas grazas por avisar, non me dera conta! Unha apertiña. --Krisko (conversa) 21 de xaneiro de 2013 ás 09:39 (UTC)
galipedia 10 aniversario
editarOla, como xa sabes estamos a traballar na organización de obradoiros de edición e creación de contidos para a galipedia como proxecto para achegar novos editores. Temos a posibilidade de facer un de estos obradoiros en Lalín (no cemit http://cemit.xunta.es/centros/36/46756 ) alí responderon positivamente e poderían estar interesados en facer estas actividades alí. Penso que ti es o que está máis preto. Se che interesa pódeste poñer en contacto con eles para facer as xestións e concretar datas e organización. Fainos saber se estás interesado e se necesitas calquera axuda ou información. Saúdos --Nemigo 21 de xaneiro de 2013 ás 11:17 (UTC)
Editorial SEPT
editarHi, I recently created en:Bible translations into Galician. As you created Editorial SEPT can you please confirm that the English article is correct? Many thanks. In ictu oculi (conversa) 25 de xaneiro de 2013 ás 05:08 (UTC)
Ultreya
editarOla, Manuel!
vendo o artigo de Cotarelo Valledor, vin que fundou unha revista chamada Ultreya; terás algo de información?
Respecto ao nome do artigo, existe xa Ultreya para referirse á agrupación galeguista; penso que o mellor sería deixar "Ultreya" como páxina de homónimos (explicando a orixe do termo), e ligar cara a "Ultreya (organización)", "Ultreya (revista)", "Ultreya (ópera)" (que escribiu o propio Cotarelo) etc. Como o ves?
Saúdos! --Estevo(aei)pa o que queiras... 7 de febreiro de 2013 ás 11:25 (UTC)
Ricardo III
editarOla Xas. Grazas pola benvida. Como podes imaxinar non teño experiencia na edición de artigos da wikipedia e xa que logo darei pasos en falso. Efectivamente a miña intención é completar a entrada que xa está creada. Pensei que era millor facelo na miña páxina antes ca facelo directamente no artigo, porque completar o traballo pode levarme algún tempo. Iremos a poucos. Agradézoche as suxerencias e intentarei ir respetándoas, pero puidera cometer máis erros como é lóxico. Grazas por estar aí e pola túa axuda.--Breogan72 (conversa) 9 de febreiro de 2013 ás 06:17 (UTC)
Xas, fun á zona de probas e vexo que hai un artigo en elaboración sobre a biblioteca da USC. Suxires que escriba a continuación disto? Síntome un pouco "intruso" no traballo que xa hai nesa páxina de probas. É normal que estean escribindo nesa mesma páxina varias persoas ó mesmo tempo en traballos totalmente distintos?
--Breogan72 (conversa) 9 de febreiro de 2013 ás 06:50 (UTC)
Ti es Manuel Igrexas Rodríguez? --Vivaelcelta {conversa · contribucións} 9 de febreiro de 2013 ás 20:35 (UTC)
wikiArS Grazas
editarGracias por tu apoyo para el IEG para wikiArS. Para que cuente como apoyo para obtener el Grant deberías hacerlo firmando aquí. Saúdos. --Dvdgmz (conversa) 14 de febreiro de 2013 ás 16:11 (UTC)
Efemérides
editarOla Xas. Vin que recuperaches a sección santoral como independente nalgunhas páxinas de efemérides dos días do ano. Hai anos decidíuse que non debía de ter entidade propia senón estar dentro do apartado outros. Non sei se falou algo noutro sentido. Un cordial saúdo. --Prevertgl 17 de febreiro de 2013 ás 16:29 (UTC)
- Grazas pola túa mensaxe. Sobre o das efemérides hai tanto diso (vou para nove anos no wiki e creo que se falou na primeira época) que xa non sei nin onde está. Vino porque coincidiu que estaba revisando unhas páxinas nas que xa correxira o formato. Un cordial saúdo. --Prevertgl 17 de febreiro de 2013 ás 18:03 (UTC)
Unha duda
editarXas, mira, sintoo por molestarte, xa que teras mellores cousas que facer que axudar a un novato. Busquei na información da Galipedia e non aparecia o que buscaba, así que é o seguinte ¿permitense que as referencias ou enlaces sexan noutro idioma? e tamén ¿necesitase permiso para pòñer referencias? e decir, imaxinemos que estou a crear un artigo sobre o Imperio Austriaco, e hai unha entrevista nun periódico feita a un historiador sobre o imperio que poderiame interesar ¿necesitaria un permiso especial do periódico?. —o anterior comentario sen asinar foi feito por Alber1840 (conversa • contribucións) 19 de febreiro de 2013 ás 18:52
Moitas grazas polo teu traballo
editarOla Xas. Moitas grazas polo teu traballo na mellora da Galipedia. Ollando o teu historial de contribucións non só es o editor máis prolífico senón que as edicións son de calidade, moitas delas relacionadas con Galicia e con temas que confiren un gran valor a este proxecto. Podo dicilo sen esaxerar nin trabucarme porque vin, só por poñer un exemplo, a evolución do wiki de apenas un feixe de artigos de concellos e unhas poucas fotografías aos milleiros de artigos de parroquias e lugares xunto coas fotografías de toda a xeografía galega que temos agora. Na miña opinión, de cando en vez hai que manifestar que o resto dos colaboradores nos decatamos do esforzo dos compañeiros e, polo menos, aínda que só sexa un xesto moi pequeno deixar constancia do recoñecemento ao labor constante por facer da Galipedia un instrumento útil para todos. Como levo moitos anos aquí e porque teño certo coñecemento sobre a transformación da Galipedia quixera ser un dos colaboradores en darche os parabéns e as grazas polo que levas feito. Un cordial saúdo. --Prevertgl 20 de febreiro de 2013 ás 21:42 (UTC)
Proposta
editarBoas, fixen unha proposta urxente na taberna, se tes un momento bótalle un ollo a ver que che parece. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 6 de marzo de 2013 ás 09:48 (UTC)
- Fixen tamén unha especie de nota de prensa polos dez anos e os 100 M artigos, mételle man todo o que queras. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 6 de marzo de 2013 ás 13:23 (UTC)
Sábado e papatoria
editarBoas, vas a achegarte a Santiago mañá? Se te achegas e queres vir despois a comer, ¿podes apuntarte na taberna para saber máis ou menos con cánta xente contamos? Saúdos, --Elisardojm (conversa) 8 de marzo de 2013 ás 14:09 (UTC)
En uso
editarBoas Xas. Lembra que tes o artigo Manuel Basulto Jiménez co marcador "en uso" desde decembro pasado. Un saúdo, Pedro --Lameiro (conversa) 22 de marzo de 2013 ás 23:13 (UTC)
- Igualmente, Manuel Blanco Pascual e Batallón Galicia desde novembro. Pedro --Lameiro (conversa) 22 de marzo de 2013 ás 23:15 (UTC)
- É que ando metido nesa campaña de melloramento de calidade da Galipedia que propuxeron hai uns días. Comecei cos casos de copyvio (2), logo os que estaban en tradución (6), os pendentes de categorizar (16) e agora cos 98 artigos que tiñan o marcador "en uso", moitos deles de hai menos de un mes pero outros moitos con ese prazo superado. Medo me dá cando haxa que repasar os 8.125 artigos que temos "en progreso". Saúdos, Pedro --Lameiro (conversa) 23 de marzo de 2013 ás 13:41 (UTC)
Moisés Barcia Rodríguez
editarOla, Xas. Parece que Moisés Rodríguez Barcia mudou a orde dos seus apelidos ([9], ver páxina 2 en Xestión Literaria Galega, S. L.). Hai máis exemplos na rede, polo que semella bastante crible o que se escribiu na páxina de conversa da ip. Movín o artigo. Saúdos. --Paradanta (Cóntame) 31 de marzo de 2013 ás 10:41 (UTC)
Fusionar historiais
editarPodes ver a última petición de Wikipedia:Taboleiro dos administradores? Tes axuda aquí. --Vivaelcelta {conversa · contribucións} 7 de abril de 2013 ás 16:10 (UTC)
- Grazas e desculpa por poñer mal a ligazón. --Vivaelcelta {conversa · contribucións} 7 de abril de 2013 ás 17:09 (UTC)
Fusións, traslados e restauracións
editarPodes ver estas peticións? --Vivaelcelta {conversa · contribucións} 7 de abril de 2013 ás 20:00 (UTC)
- Xas entón podes facelo? Só quedan por facer dúas fusións. E intenta arranxar a de GNU General Public License, xa que Lameiro fíxoa mal. --Vivaelcelta {conversa · contribucións} 8 de abril de 2013 ás 12:37 (UTC)
Entrada borrada
editarOla Xas! son Abel Rguez. Eu fixen a entrada Falcatrueiros que borraches. Hoxe quixen incorporar o escudo-logo da asociación e unha foto e vin que desaparecera. Son novato nestas lides e seguramente metín a pata en algo. O que sí é certo é que seguín a estrutura da entrada Xacarandaina que todavía está na Galipedia e non acabo de ver onde está a diferencia que motiva a permanencia dunha e a eliminación da outra. Se me podes orientar nesta cuestión quedaría en débeda contigo. Grazas por adiantado. Un saúdo. --UL Abelrr (conversa) 15 de abril de 2013 ás 23:04 (UTC)
Jenaro Villamil
editarOla, Xas! Grazas pola información; de feito aclaráchesme ben, porque tiña un cacao mental entre José Villamil e Jenaro Pérez Villaamil, que ten unha rúa en Pontevedra. Un saúdo! --Estevo(aei)pa o que queiras... 22 de abril de 2013 ás 16:38 (UTC)
Proposta
editarBoas, abrin un fío de conversa na taberna que penso que é de interese de toda a comunidade, está en Wikipedia:A_Taberna_(propostas)#Votacións. Agradeceríache que o leras. Un saúdo!!! Piquito (conversa) 23 de abril de 2013 ás 17:07 (UTC)
Favorciño
editarOla, Xas! Vin que estiveches a pechar distintas votacións que levaban ben tempo abertas. Se puideses pechar tamén a de Lenin como artigo de calidade agradeceríacho, xa que andas na allada...Graciñas, un saúdo! --Paradanta (Cóntame) 2 de maio de 2013 ás 13:06 (UTC)
Aires d'a Miña Terra
editarSupoño que xa o sabes, pero máis vale que abonde que non que falte. Hai outra revista Aires d'a miña terra publicada na Habana en 1908 e que podes descargar na web do Ramón Piñeiro (publicou o facsímile en 2004). E tamén un Airiños d'a miña terra, tamén publicada polo Ramón Piñeiro en 2005, pero do que só hai versión en papel. Por certo, na web do Ramón Piñeiro escriben miña terra nos dous casos con minúsculas. No facsímile os dous títulos están escritos con tódalas letras en maiúsculas. Saúdos, Pedro --Lameiro (conversa) 7 de maio de 2013 ás 11:17 (UTC)
Traslado
editarPodes trasladar Modelo:InfFut2 a Modelo:Futbolista, e Modelo:InfFut2/uso a Modelo:Futbolista/uso? Saúdos --Vivaelcelta {conversa · contribucións} 19 de maio de 2013 ás 13:08 (UTC)
- Podes contestarme? --Vivaelcelta {conversa · contribucións} 25 de maio de 2013 ás 14:16 (UTC)
- Pero primeiro traslada Modelo:InfFut2 a Modelo:Futbolista, para despois cambiar nos artigos que usan Modelo:InfFut por este. Xa que o segundo úsano 1000 artigo e outro uns 80. E despois xa pido a fusión. --Vivaelcelta {conversa · contribucións} 25 de maio de 2013 ás 14:49 (UTC)
- Olividaches trasladar a documentación, Modelo:InfFut2/uso a Modelo:Futbolista/uso. A que aparece agora é a de Modelo:InfFut, debido a que a subapáxina redirecciona cara ela. --Vivaelcelta {conversa · contribucións} 25 de maio de 2013 ás 18:13 (UTC)
- Pero primeiro traslada Modelo:InfFut2 a Modelo:Futbolista, para despois cambiar nos artigos que usan Modelo:InfFut por este. Xa que o segundo úsano 1000 artigo e outro uns 80. E despois xa pido a fusión. --Vivaelcelta {conversa · contribucións} 25 de maio de 2013 ás 14:49 (UTC)
Canedo
editarOla, Manuel! No artigo de Concello de Canedo incluín a categoría:Ourense, ao igual que o artigo Xeve está na Categoría:Pontevedra. Unha cousa: dis que abranguía nove parroquias, mais só aparecen mencionadas oito; podes revisar iso?
Un saúdo!! --Estevo(aei)pa o que queiras... 3 de xuño de 2013 ás 19:54 (UTC)
Dúbida en traducción
editarOla Xas: Son novo nesto da wikipedia, e fixen unha traducción do artigo da Idade de Pedra. Teño unha dúbida cunha palabra (fusayolas, que galeguicei como fusaiolas, xa que non din atopado ningún termo axeitado en galego), pero do resto está rematado. Como debo facer para publicalo e retirar o aviso de traducción. Basta con quitar o código de traducción? Debo facer iso eu mesmo ou un usuario máis avanzado? Grazas de antemán pola resposta. --Quinif (conversa) 4 de xullo de 2013 ás 11:29 (UTC)Quinif
Grazas
editarGrazas polas correcións. Son novo nesto.Un saúdo.--Desancristovo (conversa) 7 de agosto de 2013 ás 17:29 (UTC)
Manuel Saravia
editarOla, Xas! Como ás veces fas artigos de deputados galegos do XIX, a ver se consegues información de Manuel Saravia; o único que sei del é o que pon no seu sepulcro (imaxe), no cemiterio de San Amaro de Pontevedra.
Xa me contarás. Un saúdo!! --Estevo(aei)pa o que queiras... 15 de agosto de 2013 ás 15:13 (UTC)
En uso
editarOla Xas. O artigo José Creo Liste leva máis dun mes co modelo {{en uso}}, posto por ti. Saúdos. --Vivaelcelta {conversa · contribucións} 28 de agosto de 2013 ás 02:09 (UTC)
Xuntanza
editarBoas, propuxen na taberna facer unha xuntanza de galipedistas, se che interesa o tema comenta por alí o que che parece o tema e o lugar e datas que estarías libre. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 10 de setembro de 2013 ás 08:47 (UTC)
José Moreno Torres
editarOla, Xas! Podes botarlle un ollo a José Moreno Torres, que che quedou o artigo a medio facer?
Saúdos!! --Estevo(aei)pa o que queiras... 30 de setembro de 2013 ás 22:30 (UTC)
Monteagudo
editarBoas, cando teñas un momento, poderías contestar a un comentario sobre as fotos do artigo Monteagudo, Codeseda, A Estrada? Graciñas e un saúdo, --Elisardojm (conversa) 15 de outubro de 2013 ás 08:09 (UTC)
Traslado
editarPor favor traslada Sudáfrica a Suráfrica. Xa que é o nome que indica o DRAG, como referenciei no artigo.--Vivaelcelta {conversa · contribucións} 19 de outubro de 2013 ás 21:52 (UTC)
Xeorxia, Estados Unidos
editarBoas, na táboa do artigo aparece unha ligazón ao que se supone debería ser a bandeira do estado de Xeorxia (EUA), porén a redirección vai cara a República de Xeorxia no Caúcaso. Non sei como podo facer para cambiar isto porque na táboa non se pode editar este apartado. Sabes como facer?--AMPERIO (conversa) 5 de novembro de 2013 ás 18:41 (UTC)
- Non hai problema, xa me axudou HombredeHojalata. Gracias de todas formas. --AMPERIO (conversa) 5 de novembro de 2013 ás 18:56 (UTC)
Xuntanza o sábado día 30
editarDespois de moitas voltas, perdón pola parte que me toca a este respecto, parece que este vindeiro sábado día 30 vai ser cando se faga a xuntanza. Pasa pola conversa da taberna e vota pola cidade na que queres que nos xuntemos. Tamén podes propor co teu voto unha hora de quedada e así imos perfilando os detalles. A ver se nos vemos o sábado! Saúdos, --Elisardojm (conversa) 26 de novembro de 2013 ás 09:21 (UTC)
Proposta nova
editarBoas Xas! Deixei unha proposta na taberna, se podes e queres pásate a opinar e aportar as túas ideas e aportacións sobre os temas que máis controles, chega con que vaias a Wikipedia:A_Taberna_(propostas)#Artigos_que_a_Galipedia_debera_ter. Unha aperta!! Piquito (conversa) 12 de decembro de 2013 ás 13:53 (UTC)
Pazo de Liñares
editarOla, Manolo! Estiven buscando no Google Earth pero non dei atopado o Pazo de Liñares. Ti sabes onde está? Poderías chuzarlle ao artigo as coordenadas?
Un saúdo, e graciñas! Bo inverno! --Estevo(aei)pa o que queiras... 21 de decembro de 2013 ás 14:27 (UTC)
- Ola de novo! Se che cadra, poderías botarlle unha foto á Casa de Quintela? Saúdos! --Estevo(aei)pa o que queiras... 14 de xaneiro de 2014 ás 04:24 (UTC)
Grazas
editarBoas Xas, grazas por facer as redireccións aos artigos, posto que atopei algunha foto para engadir ao artigo. Os nomes que da lista de deputados por Galicia en 1871 son os que aparecen na web do Congreso e por iso aparecen os con tanto "y" e "de". Un saúdo--AMPERIO (conversa) 4 de xaneiro de 2014 ás 19:07 (UTC)
Proposta na taberna
editarBoas, hai unha proposta na taberna para tentar organizar un traballo conxunto da comunidade, se che interesa comenta alí o que che parece, a proposta está aberta e se a comunidade o decide pode ser adaptada ó que faga falta. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 14 de xaneiro de 2014 ás 01:25 (UTC)
Políticos galegos
editarBoas, tes algún método para buscar aos políticos ou simplemente procuras o nome no buscador?. Pregunto por que así podo facer eu as redireccións nos artigos sobre as eleccións --AMPERIO (conversa) 14 de xaneiro de 2014 ás 14:55 (UTC)
RE:circunscricións electorais na Restauración
editarImaxino que o dis polo artigo Eleccións Xerais 1898 en España non si? ou o dis por todos en xeral?. --AMPERIO (conversa) 17 de xaneiro de 2014 ás 17:39 (UTC)
- O problema é que na páxina do Congreso dos Deputados non aparecen os distritos electorais senon que aparecen os deputados de toda a provincia, por iso non podo saber a que distrito pertence cada un dos deputados. Un saúdo! --AMPERIO (conversa) 17 de xaneiro de 2014 ás 17:52 (UTC)
- Pero no exemplo ese que me poñes si que di circunscrición Pontevedra e distrito Tuy... De todos modos penso que é mellor deixalo como está, por que si teño que facer iso con cada deputado podo tardar un século en facer o artigo. --AMPERIO (conversa) 18 de xaneiro de 2014 ás 10:05 (UTC)
Adolfo Rey Ruibal
editarBotalle se podes unha ollada a este artigo Adolfo Rey Ruibal, que creou unha IP. Eu tratei de arranxalo un pouco, mais como non sei quen foi este señor non podo aportar mais información sobre el. --AMPERIO (conversa) 21 de xaneiro de 2014 ás 17:23 (UTC)
Wikipedia:Artigo destacado/Votacións
editarHabería que pechar a votación de Tristán e Isolda que xa rematou o 18 de xaneiro. Eu non sei se podo facelo por iso cho digo a ti que es administrador. Un saúdo! --AMPERIO (conversa) 21 de xaneiro de 2014 ás 19:26 (UTC)
Ira
editarVou converter o artigo "Ira" en redirección cara a "Xenreira". Traballa alí o que ías facer, para non termos que fusionar nada a posteriori. Saúdos! --Toliño Fala aquí comigo 26 de xaneiro de 2014 ás 20:35 (UTC)
- Pensándoo mellor, non estou de todo seguro que ambas palabras sexan exactamente sinónimas. Pódesmo confirmar? --Toliño Fala aquí comigo 26 de xaneiro de 2014 ás 20:36 (UTC)
Proposta na taberna
editarBoas Xas, deixei unha proposta en Wikipedia:A Taberna (técnica) que creo que é da interese de todos. Agradeceríache que deras a túa opinión. Un saúdo --AMPERIO (conversa) 27 de xaneiro de 2014 ás 10:53 (UTC)
Revista Galega do Ensino
editarOla Xas.
Ti que tes experiencia en artigos de publicacións periódicas de Galicia. Podes mirar de ampliar EDUGA?
Moitas grazas. --. HombreDHojalata.conversa 30 de xaneiro de 2014 ás 20:24 (UTC)
- Ola.
- Outra suxestión: Madrygal. Revista de Estudios Gallegos (editar | conversa | historial | ligazóns | vixiar | rexistros | protexer | borrar) Complutense: [10].
- Grazas! --. HombreDHojalata.conversa 12 de febreiro de 2014 ás 10:59 (UTC)
Proposta de categorización
editarBoas Xas! Fixen unha proposta na taberna para organizar as categorías sobre entidades de poboación. Se queres podes opinar. Piquito (conversa) 3 de febreiro de 2014 ás 15:40 (UTC)
RE:¿Qué es filosofía?
editarAh, vale, moi ben, entón xa está aclarado, grazas polo aviso. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 4 de febreiro de 2014 ás 21:43 (UTC)
Superficie de parroquias
editarBoas Xas, ti saberás de ónde se quitan os datos da área das parroquias e dos lugares? É que busquei no IGE e noutras webs da Xunta e non dou atopado ese dato... Saúdos, --Elisardojm (conversa) 10 de marzo de 2014 ás 01:51 (UTC)
- Estou mirando isto porque Harpagornis díxome que ten un ficheiro que lle mandaron do ITE da Xunta, creo que era, pero que está revisando as superficies dos artigos e non lle coinciden, pero paréceme raro porque a superficie dun sitio non pode variar. O problema é que lle mandaron o ficheiro por correo e que creo que non está publicado en internete, vou falar con el para revisar un pouco eses datos e ver se os podemos utilizar. Xa che contarei. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 10 de marzo de 2014 ás 09:35 (UTC)
- Boas Xas, como xa che comentou Elisardo, estaba pedindo opinions sobre este tema, para si concordades conmigo, pedirlles, que suban os ficheiros a internete, e así poder usálos como referencia, non quería deixar avanzar moito isto. Si precisas do acesso a documentación, tan só dame o seu correo. Saúdos --Harpagornis (Talk) 14 de abril de 2014 ás 17:41 (UTC)
- Deixei na taberna a proposta, si podes, unha vez visto o que te enviei, conmeta algo na taberna, --Harpagornis (Talk) 18 de abril de 2014 ás 16:18 (UTC)
- Boas Xas, como xa che comentou Elisardo, estaba pedindo opinions sobre este tema, para si concordades conmigo, pedirlles, que suban os ficheiros a internete, e así poder usálos como referencia, non quería deixar avanzar moito isto. Si precisas do acesso a documentación, tan só dame o seu correo. Saúdos --Harpagornis (Talk) 14 de abril de 2014 ás 17:41 (UTC)
Copyvio
editarCando podas bótalle unha ollada a Desde dentro (libro), semella un copyvio. Puxen o marcador, pero non sei se sería mellor borralo ao non ter artigos que redirixan a el e non ter moita relevancia. --AMPERIO (conversa) 19 de marzo de 2014 ás 15:48 (UTC)
Pregunta
editarBoas Xas! Por que revertiches unha edición dun usuario anónimo na Conversa:Reino de Galicia? Eu non lle vexo ningún mal ton, polo que non entendo a qué se debe. A min non me parece axeitado eliminar comentarios das páxinas de conversa (únicamente os eliminaría se foran irrespetuosos, cousa que non ocorre nese caso, dende logo). Supoño que terías motivos de peso para reverter o comentario do usuario anónimo (aquí), supoño que sería pola sinatura (ou o especial de edicións) do principio da páxina, mais con borrar eso só creo que era suficiente. Un saúdo, Piquito (conversa) 19 de marzo de 2014 ás 22:56 (UTC)
Xosé Ramón Crecente Vega
editarBoas, Xas. Como experto en biografías, bótalle un vistazo á conversa de José María Crecente Vega, por favor. Grazas, Pedro --Lameiro (conversa) 21 de marzo de 2014 ás 22:52 (UTC)
Erros nos nomes de imaxes
editarBoas, Xas. Acabo de ver unhas imaxes que tomaches das igrexas que se atopan en Abades, Silleda, pois no artigo sobre a mesma, aparecía "Santiago de Abades", en lugar de "Santa María de Abades", o correcto e que ademais aparece así na caixa de parroquias de Silleda. Supoño que este erro, que polo que vin se deu xa na creación do artigo, pasou inadvertido por moitos usuarios, entre eles eu, e foi o que te levou a esa equivocación. Nada máis pola miña parte e perdoa as molestias. Un saúdo. --Pontesiño (conversa) 25 de marzo de 2014 ás 19:53 (UTC)
Votación para anunciar as votacións de artigos de calidade
editarBoas, cando teñas un momento, poderías revisar e achegar as túas ideas e voto nesta proposta?. Grazas, --Elisardojm (conversa) 26 de marzo de 2014 ás 02:03 (UTC)
Proposta
editarBoas Xas!, cando teñas un momento, poderías revisar e achegar as túas ideas e voto nesta proposta?. Un saúdo! --AMPERIO (conversa) 2 de abril de 2014 ás 11:18 (UTC)
Maruxa
editarOla, Xas! Seica houbo un semanario creado en Compostela en 1917 chamado Maruxa; de feito hai dous artigos que ligan con Maruxa (Santiago de Compostela); tes algo de información para crear o artigo?
Saudiña! --Estevo(aei)pa o que queiras... 8 de abril de 2014 ás 00:29 (UTC)
Opinión
editarBoas, fixen unha proposta na taberna, dado que é un asunto que afectaría á portada creo que canta máis xente opine mellor. Un saúdo, Piquito (conversa) 14 de abril de 2014 ás 17:31 (UTC)
Hola. Lo siento si no hablo gallego. He encontrado esta foto File:1921. AG 1922 - D. Francisco Portela Pérez 2.jpg. Quizás es Francisco Portela Pérez--Pierpao (conversa) 15 de abril de 2014 ás 15:40 (UTC)
Luis Bazal
editarOla, Xas! Veño de ler o libro Memoria e fuga dun mestre anarquista galego, e na introdución dise que Luis Bazal finou en 1990; porén, no artigo puxeches que morreu en 1993; lembras de onde tomaches o dato, para contrastar? Un saúdo! --Estevo(aei)pa o que queiras... 24 de abril de 2014 ás 16:54 (UTC)
Utopía
editarOla, Xas! Non sei se a estas alturas de curso irá ben, pero quizais sería interesante proporlle ao teu alumnado a creación do artigo utopía; como o ves?
Un saúdo!! --Estevo(aei)pa o que queiras... 2 de maio de 2014 ás 05:21 (UTC)
File:1921. AG 1922 - D. Francisco Portela Pérez 2.jpg
editarThis file is up for deletion at Wikimedia commons because it has no source. As the author of the article Francisco Portela Pérez, I thought you might be able to help.
Traduce Google: Este ficheiro é para exclusión en Wikimedia porque non ten letra. Como o autor do artigo Francisco Portela Pérez, eu penso que pode ser capaz de axudar. --Trlkly (conversa) 2 de maio de 2014 ás 19:01 (UTC)
Opinión
editarBoas, fixen unha nova proposta na taberna e creo que é importante que opine o maior número de usuarios posible, polo que pido a túa opinión. Un saúdo, Piquito (conversa) 12 de xullo de 2014 ás 14:42 (UTC)
Sobre unha das modificacións no artigo "Lino Torre Sánchez-Somoza"
editarOla Xas,
Teño que facerte observar unha cousa sobre as modificacións que fixeches ás miñas correccións ao artigo de referencia. É no que respecta ao sucesor na alcaldía. Cando cambiei o nome do sucesor na alcaldía de Salvador Cabeza de León a Pedro Pena Gamallo, engadindo a coletiña "interino", foi despois de o valorar moito antes. A razón de que Pedro Pena tería que aparecer na listaxe de alcaldes de Santiago é porque, de feito, Lino Torre dimitíu totalmente do seu cargo, non voltando a tomar o poder municipal, o 17/01/1909. O día 23/01/1909 Pedro Pena toma posesión do cargo de alcalde. De modo interino, si; pero, se non fora así, houberase producido un baleiro de poder durante 5 meses ata a toma de posesión do novo alcalde Francisco Piñeiro no 01/07/1909. Pedro Pena non foi un alcalde accidental (cando hai un alcalde vixente que está de "baixa" por enfermidade, por viaxe ou razóns similares) ou circunstancial (producido cando se produce o cese dunha corporación ata que toma posesión a nova), senon un alcalde en toda regra de tipo interino. Se, aínda que fora có de "interino", Pedro Pena non figura na relación de alcaldes, penso eu que habería contradiccións en outros artigos, como o de Gerardo Jeremías Devesa, que foi alcalde tamén interino por falecemento do anterior. Ou como pasa na actualidade co alcalde Hernández, que tomou o poder por dimisión de Currás, ou este pola de Conde Roa.
Penso que teriamos que ter un criterio claro neste sentido. Na miña opinión Pedro Pena "mandou" de modo autónomo, sen precisar a sinatura doutro.
Quedo á espera dos teus comentarios, por se a min se me está escapando algo.
Un saudo --Castelao (conversa) 14 de setembro de 2014 ás 15:25 (UTC)
Hola de novo Xas,
Gracias pola tua resposta. O problema coas referencias está en min. Non adoito a entrar moito na Galipedia e, por tanto, tampouco estou afeito a moitas das maneiras de funcionar. Todo lévame demasiado tempo, incluso enviarche estas verbas. O tema de por referencias que me dis, estou dacordo. Pero, non me puxen a ver como se fai e por iso non as agreguei. No referente a estos artigos sobre os alcaldes composteláns, as fontes son os xornais da época, xa sexan a Gaceta de Galicia, El Correo de Galicia, Diario de Galicia (todos santiagueses) ou outros de fora.
Se podo facer outra cousa ou quéresme facer algunha recomendación, por favor, faina sen problema. Estou aberto a todo.
Recibe un cordial saudo --Castelao (conversa) 14 de setembro de 2014 ás 16:30 (UTC)
Modificacións feitas no artigo "Manuel García Diéguez"
editarOla de novo Xas,
Por favor, comproba que, neste artigo, nas citas modificadas estás empregando un formato de datas ([número de día] de [nome do mes] de [ano en número]) que difire do habitual noutros artigos teus (dd-mm-aaaa, sempre en número). Mesmo neste artigo aparecen as dúas fórmulas.
Penso que é mellor que, cando menos, nas citas a fórmula máis cómoda (sempre en número) sexa a que empreguemos, salvo que haxa algunha outra norma que se houbera aprobado.
Un saudo e gracias por completar e correxir os artigos de Manuel García Diéguez, José Puente Castro e Juan Varela-de Limia García.
Unha aperta --Castelao (conversa) 15 de setembro de 2014 ás 14:52 (UTC)
Ramón Obella Vidal
editarOla, Xas!
Terás algo de información para crear o artigo sobre Ramón Obella Vidal?
Un saúdo!! --Estevo(aei)pa o que queiras... 20 de setembro de 2014 ás 17:57 (UTC)
Galencontro 2014
editarPropuxen na taberna facer un novo galencontro de galipedistas, en Coruña ou en Lugo dependendo da aceptación da xente. Tamén se poden propor temas para tratar no encontro aínda que non se poida asistir. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 14 de outubro de 2014 ás 23:37 (UTC)
Aviso para editatón de Lugo
editarBoas, propuxen na taberna poñer un aviso na cabeceira das páxinas, se tes un momento indica alí se concordas ou non, grazas. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 25 de outubro de 2014 ás 16:21 (UTC)
Artigo en uso
editarBoas Xas! Tes un marcador "en uso" no artigo Banco de La Coruña, no que non editas dende hai máis de 30 días. Unha aperta!! Piquito (conversa) 4 de novembro de 2014 ás 01:39 (UTC)
Bos Aires / Buenos Aires
editarBoas tardes Xas,
Estou vendo que estás facendo cambios nas páxinas que teñen "(Buenos Aires)" e "(Bos Aires)", que afectan principalmente a xornais. Coido que quizáis sexa convinte manter a redirección dun ao outro lado porque vexo que non hai un criterio claro entre os galipedistas. Na miña opinión, penso que o fetén sería que a páxina principal mantivera o nome en galego e a redirección viñera da castelá/española (o idioma orixinal). Este tema dos topónimos en galego ou na lingua orixinal é un problema que estoume a encontrar a cotío. Por exemplo, vexo que se emprega Novo Brunswick para designar a rexión canadiana en vez de New Brunswick. Pero, isto leva á moitas complicacións como tódolos demáis topónimos que son New Brunswick, que seguindo ese criterio, terían que mudar a "Novo Brunswick", pero non se fai.
Se hai algo xa falado neste asunto, por favor, dimoo para telo en conta de aquí en diante.
Gracias e un saudo
--Castelao (conversa) 12 de novembro de 2014 ás 15:49 (UTC)
Bos días de novo Xas, Despois da miña mensaxe da tarde de onte vexo que fixeches novamente modificacións no artigo que subín sobre Juan Martínez Buján cambiando tódolos "Bos Aires" por "Buenos Aires". É un artigo escrito no mes de outubro e, sinceramente, non vexo claro o por que destes cambios cando hai tantísimos outros co criterio "Bos Aires" pululando na Galipedia (por exemplo, Universidade de Bos Aires, de xaneiro). Compre un criterio claro, como díxenche onte, porque caso contrario haberá sempre quen pense o contrario e mude tódolos teus arranxos, para que logo outro faga o contrario, e así sisíficamente ata a eternidade. Vólvocho a preguntar porque non estou disposto a traballar dun xeito erroneo e botalo meu tempo pola borda. Hai algo falado a nivel xeral neste sentido ou é unha decisión de cada articulista? Un cordial saudo --Castelao (conversa) 13 de novembro de 2014 ás 08:14 (UTC)
- Gracias pola túa resposta Xas. Se é así, perfeito. É bo que todos rememos na mesma dirección, porque se non é unha tolemia todo isto e damos unha imaxe na Galipedia aos usuarios que non é a que queremos ninguén. Se atopas nalgún momento o lugar onde ficou o criterio, estaría ben para que tamén eu poda poñer en cada modificación una ligazón para que ninguén o tome a mal e saiba o por qué. De novo gracias polos teus ánimos, que aprecio especialmente vendo de que ven. Ainda teño moito que aprender. Un moi cordial saudo. --Castelao (conversa) 13 de novembro de 2014 ás 10:25 (UTC)
Concurso de artigos wiki
editarPor se vos interesa botádelle un ollo á nova que deixei na taberna. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 22 de novembro de 2014 ás 01:06 (UTC)
Actividade e galencontro Coruña
editarBoas, anunciei unha actividade na taberna que podería ser do teu interese, tes máis información aquí. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 4 de decembro de 2014 ás 11:36 (UTC)
Gobernadores civís da Coruña: o teu engadido de Diego Salas
editarOla Xas,
Vin que fixeches un engadido na listaxe dos gobernadores civís no Franquismo. Por favor, recomprobao porque segundo o BOE (https://www.boe.es/datos/pdfs/BOE//1945/076/A02064-02064.pdf), que é a fonte que empreguei, Emilio Aspe foi cesado como Gobernador civil da Coruña en 05/03/1945, tal como puxen. Podes comprobar a fonte que che di que foino Diego Salas entre 1941 e 1943 e aclararmo?
Un saúdo
--Castelao (conversa) 15 de decembro de 2014 ás 16:19 (UTC)
--Ola de novo Xas. Supuxen que algo así pasaba cando o puxeches, pero como hai veces en que fago suposicións por non ter suficentes fontes, preferín que o miraras ti, non fora ser que estivera eu no erro. Gracias en calquera caso por tentar mellorar a listaxe. Aínda lle falta moito. Un saudo. --Castelao (conversa) 15 de decembro de 2014 ás 17:53 (UTC)
Nova proposta na taberna
editarFixen unha nova proposta na taberna, cando teñas un momento bótalle un ollo. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 19 de decembro de 2014 ás 01:45 (UTC)
Biblioteca virtual da RAG
editarOla Xas.
Non sei que pasa coas ligazóns externas á Biblioteca Virtual da RAG, se son dinámicas, se as mudaron... Levo revisados varios artigos e non ligan o que deben ligar. É frustrante. Olla, por exemplo, Aureliano Pereira.
Ti sabes que pode ser?
En fin. Un saúdo :-) --. HombreDHojalata.conversa 29 de decembro de 2014 ás 22:40 (UTC)
Proposta
editarBoas, fixen unha proposta en Conversa:Galicia na que creo que deberías participar como administrador. Un saúdo --AMPERIO (conversa) 30 de decembro de 2014 ás 10:35 (UTC)
Wikirreto
editarOla Xas. Lánzoche un Wikirreto --~~~~ |
Aclaración sobre unha aportación!
editarDespois de dar non sei cantas voltas! por fin creo que xa sei onde se deixan as mensaxes! A ver si vai desta! Deixeite mensaxe noutro sitio, nun apartado que pon "gracias", así que se o ves dos veces é por eso! o que che dicía era o seguinte:
"Ola Xas! Gracias pola axuda. A verdade e que non sei onde teño que deixar a mensaxe, polo que voy a "usurpar" este espazo onde pon "Gracias" e deixala aquí. Estou a mirar esas instruccións sobre a edición dos textos, (que xa tiña ollado algo) e casi estou optando por borrar o que puxen na sección de Baldomero Cores e deixala como estaba, ata que teña un mellor coñecemento do funcionamento desta ferramenta. En ningún caso quería dañar o traballo feito por outro e agora mesmo síntome algo intrusa, polo que pido disculpas xa que non era a intención. Ao mellor, podería facilitar os datos e que outro os subira sen problema. Seguiremos falando, voy estudiar ben o tema! un saúdo e moitas grazas! M.Cores"--Marya Karib (conversa) 3 de febreiro de 2015 ás 21:44 (UTC)
Encarga
editarOla Xas.
Tes material para facer algo de Galicia, revista regional, A Coruña (1887 - 1893) [11]?
Moitas grazas. --. HombreDHojalata.conversa 8 de febreiro de 2015 ás 21:57 (UTC)
RE
editarPois pode ser... marquei os que non tiñan o {{Listaref}} ou semellantes. Mais tamén é certo que en artigos ben curtos abonda cunha referencia xeral, que debe ir na sección de "Bibliografía". No referente ás ligazóns externas non son refs cando non se especifican como tal. Revisarei as edicións. Saúdos! --Norrin (Fálame) 11 de febreiro de 2015 ás 16:23 (UTC)
Aviso de wikimaratón en Vigo
editarBoas, puxen unha nota na taberna e coméntocho por se che interesa. Tamén pedín un permiso urxente para cambiar o aviso da cabeceira dos artigos, se ves algún problema coméntao alí. Saúdos, Elisardojm (conversa) 23 de febreiro de 2015 ás 10:12 (UTC)
- E que, poderemos vernos en Vigo? Aínda que non poidas ir á actividade podemos quedar pola tardiña e falar un chisco :) Saúdos, Elisardojm (conversa) 23 de febreiro de 2015 ás 10:48 (UTC)
- Vaia, o mundo ó revés, ti a Coruña e eu a Vigo... :) Queda para outra entón. Saúdos, Elisardojm (conversa) 23 de febreiro de 2015 ás 13:12 (UTC)
Eclipse
editarGazas pola movida. Non me decatara.--Agremon(contacto) 3 de marzo de 2015 ás 17:32 (UTC)
Doce aniversario da Galipedia
editarNa taberna hai unha nova proposta que pode ser do teu interese.
Esta mensaxe foi enviada coa ferramenta de Mensaxes masivas da Galipedia, se non queres recibir máis mensaxes deste xeito podes borrarte da lista de subscritores aquí. Saúdos.
José Carbonell Alsina
editarHola Xas
No conozco suficientemente el galego y utilizo el español. Lo siento. Tu consulta sobre José Carbonell Alsina me ha hecho revisar mis fuentes. No tengo más datos que los que corresponden al artículo en catalán, y he visto que tú conoces la parte galega del escritor, que procuraré incorporar. Sólo he encontrado artículos o valoraciones sobre su obra Del cuertel y la Manigua, que por cierto, la califican mas parecida a un reportaje que a una novela o a un libro de memorias, y es sobre todo un comentario en catalán de la guerra de Cuba. La opinión es de Joaquín Santasusagna, reusense que analizó a los escritores de su ciudad en un importante libro: Reus i els reusencs en el renaixement de Catalunya fins al 1900. Reus: Associació d'Estudis Reusencs, 1982, p. 359.
Siento no poder serte de más utilidad. Con unos compañeros estamos analizando el periódico Semanario católico de Reus, aunque no creo que aparezcan más datos biográficos, peró quizás sí ideológicos. Si te parece, en unos meses te avisaré.--Magenri (conversa) 10 de marzo de 2015 ás 08:41 (UTC)
Nova proposta
editarBoas! Fixen unha nova proposta na taberna, podes vela aquí e opinar. Un saúdo!! Piquito (conversa) 14 de marzo de 2015 ás 22:36 (UTC)
Adaptación do formato dos números no sistema wiki
editarBoas, na taberna hai unha nova proposta que debe ser votada pola comunidade para saber se é aceptada ou non. Se tes un momento libre precisamos a túa opinión para decidir entre todos a mellor opción. Saúdos, MediaWiki message delivery (conversa) 16 de marzo de 2015 ás 08:58 (UTC)
Nota: Esta é unha mensaxe enviada coa utilidade de Mensaxes masivas de MediaWiki, se non queres seguir recibindo estas mensaxes podes quitar o teu usuario desta lista.
Festas Minervais
editarBoas Xas, xa sei que non era páxina axeitada, mais por motivos de traballo e pouco tempo non puiden contestar. A entrada sobre as Festas Minervais estaba na páxina do meu usuario porque aínda non esta rematada, cando o estivese ía a revisala e poñela no lugar correcto. Non estou afeito moi ben aínda ao control da páxina, polo que se és tan amábel agradeceríache que volvese a poñerme a entrada na miña sección de usuario, xa que non me gusta que se "publique" unha información que non está rematada nin completa.
Un saúdo —o anterior comentario sen asinar foi feito por Manugarrobo3 (conversa • contribucións) 18 de marzo de 2015 ás 12:06
Festas Minervais
editarBoas Xas, grazas pola información e pola aportación ao artigo. A ver se me podes botar unha mán co seguinte:
- A última foto do artigo penso que vai ser borrada polos problema de dereitos de autor, ¿que hai que facer? - Na sección de as festas no século XX, puxen un parágrafo en formato "Bloque de cita", mais o adecuado sería tamén con menor tamano de letra, ¿ como o fago?
Desculpa as molestias e un saúdo, --Manugarrobo3 (conversa) 19 de marzo de 2015 ás 09:31 (UTC)
Primeiras xornadas "Coñece a Galipedia na UDC" e galencontro na Coruña
editarBoas, na taberna hai unha nova sobre unha actividade da Galipedia na Coruña. Tamén se precisa a túa colaboración para decidir se poñer ou non un aviso sobre a mesma. Saúdos, MediaWiki message delivery (conversa) 25 de marzo de 2015 ás 12:04 (UTC)
Nota: Esta é unha mensaxe enviada coa utilidade de Mensaxes masivas de MediaWiki, se non queres seguir recibindo estas mensaxes podes quitar o teu usuario desta lista.
Publicada foto da túa autoría
editarOla Xas.
Publicaron unha foto da túa autoría en [12]
Un saúdo. --. HombreDHojalata.conversa 22 de abril de 2015 ás 18:08 (UTC)
Proposta para reorganizar a páxina de artigos de calidade
editarBoas, na taberna hai unha proposta para reorganizar a páxina de artigos de calidade. Se tes un momento libre agradeceríamos a túa participación na conversa. Saúdos, MediaWiki message delivery (conversa) 22 de abril de 2015 ás 22:29 (UTC)
Nota: Esta é unha mensaxe enviada coa utilidade de mensaxes en masa da Galipedia, se non queres seguir recibindo estas mensaxes podes quitar o teu usuario desta lista.
Proposta para cambiar o logo para o Día das Letras
editarBoas, na taberna hai unha proposta para cambiar o logo da wikipedia polo Día das Letras. Se tes un momento libre agradeceríamos a túa participación na conversa. Saúdos, --MediaWiki message delivery (conversa) 13 de maio de 2015 ás 13:40 (UTC)
Nota: Esta é unha mensaxe enviada coa utilidade de mensaxes en masa da Galipedia, se non queres seguir recibindo estas mensaxes podes quitar o teu usuario desta lista.
Cambio do logo
editarDeixei unha mensaxe sobre como cambiar o logo na taberna. Agora hai que buscar unha páxina onde quede a man. Saúdos, Elisardo usando o MediaWiki message delivery (conversa) 18 de maio de 2015 ás 01:02 (UTC)
Carlos Monasterio Valerio
editarUn saludo, Xas
En primer lugar, muchas gracias por tus contribuciones a Wikipedia. En tu artículo "Carlos Monasterio Valerio" he corregido tanto su segundo apellido, que es Valeiro, como el primer apellido de su mujer, que es Ruibal. Lo que no se si se puede corregir es el título, en el que sigue figurando Valerio, que no es correcto.
Non deixes que a UE nos roube a Liberdade de Panorama
editarBoas, na taberna hai un aviso sobre un posible cambio na lexislación europea para cambiar a Liberdade de Panorama que faría que unha gran cantidade das imaxes da Wikipedia tiveran que ser borradas. É importante que coñezas este problema e que actúes dentro do que poidas. Saúdos, MediaWiki message delivery (conversa) 22 de xuño de 2015 ás 10:17 (UTC)
Nota: Esta é unha mensaxe enviada coa utilidade de mensaxes en masa da Galipedia, se non queres seguir recibindo estas mensaxes podes quitar o teu usuario desta lista.
Consulta
editarBoas meu! Unha petición, podes consultar en
- Santos Gayoso, Enrique (1990). Do Castro, ed. Historia de la Prensa Gallega 1800-1986. Sada. ISBN 84-7492-489-8.
se existe algunha referencia para un xornal de As Pontes de comezos do século XX (1910 ou 1915) chamado "La Unión" e se existíu algunha re-impresión posterior? Teño algunhas fontes por aquí, pero cantas máis mellor :)
Grazas! ☣Banjo tell me 22 de xuño de 2015 ás 16:03 (UTC)
Moitas grazas a ti pola consulta e o traballo :) ☣Banjo tell me 22 de xuño de 2015 ás 18:56 (UTC)
Carlos Monasterio Valeiro
editarEstimado Xas
Siento decir que no tengo mas datos que aportar.
Muchas gracias --Enmonasterio (conversa) 23 de xuño de 2015 ás 11:10 (UTC)
Poñer aviso polo tema da liberdade de panorama
editarBoas, fixen unha proposta na taberna para poñer un aviso nos artigos polo tema da Liberdade de Panorama que está a revisarse na Unión Europea. Se tes un momento libre bótalle unha ollada. Saúdos, Elisardo. MediaWiki message delivery (conversa) 23 de xuño de 2015 ás 17:50 (UTC)
Proposta de cambio do logotipo para o Día de Galicia
editarNa taberna hai unha proposta para cambiar o logotipo da Galipedia no Día de Galicia. Se tes un momento libre agradeceríamos a túa participación na conversa. Saúdos, MediaWiki message delivery (conversa) 20 de xullo de 2015 ás 11:05 (UTC)
Nota: Esta é unha mensaxe enviada coa utilidade de mensaxes en masa da Galipedia, se non queres seguir recibindo estas mensaxes podes quitar o teu usuario desta lista.
Festa da malla
editarBoas, mandeiche un correo electrónico por se che apetece ir mañá á festa da malla en Doade. Saúdos, Elisardojm (conversa) 21 de agosto de 2015 ás 23:33 (UTC)
José Elduayen Gorriti vs Ángel Elduayen Mathet
editarOla Xas.
Tes fontes que acrediten que o segundo era fillo do primeiro?
Non atopo ese dato por ningures. --. HombreDHojalata.conversa 23 de agosto de 2015 ás 10:44 (UTC)
Proposta para o 2017
editarBoas, na taberna hai unha proposta para desenvolver un grupo de artigos relevantes e que podería ser do teu interese. Saúdos, MediaWiki message delivery (conversa) 17 de setembro de 2015 ás 17:16 (UTC)
Nota: Esta é unha mensaxe enviada coa utilidade de mensaxes en masa da Galipedia, se non queres seguir recibindo estas mensaxes podes quitar o teu usuario desta lista.
Festa da Malla
editarXa que non fuches á festa, a festa ven a ti :) Saúdos, --Elisardojm (conversa) 27 de setembro de 2015 ás 00:24 (UTC)
Invitación á entrega do Premio Princesa de Asturias de Cooperación Internacional
editarBoas, na taberna hai unha nova sobre unha invitación para asistir á cerimonia da entrega do Premio Princesa de Asturias de Cooperación Internacional concedido á Wikipedia, e que podería ser do teu interese. Saúdos, MediaWiki message delivery (conversa) 30 de setembro de 2015 ás 11:24 (UTC)
Nota: Esta é unha mensaxe enviada coa utilidade de mensaxes en masa da Galipedia, se non queres seguir recibindo estas mensaxes podes quitar o teu usuario desta lista.
Calendario de votacións de propostas de políticas e normas para outubro, novembro e decembro
editarBoas, na taberna hai unha nova conversa sobre unha serie de novas propostas de políticas que se van a votar próximamente. Anímase a tódolos usuarios e editores da Galipedia a revisar a mensaxe e as próximas propostas e participar nas conversas correspondentes para acadar o maior consenso posible. Saúdos! MediaWiki message delivery (conversa) 2 de outubro de 2015 ás 10:41 (UTC)