Abrir o menú principal

José Carbonell Alsina

xornalista e político catalán

José Juan Carbonell Alsina, que asinaba como J. Cea, nado en Reus en 1873, foi un xornalista e político catalán afincado en Galicia.

José Carbonell Alsina
Nacemento1873
 Reus
Falecementoséculo XX
 Galicia
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónpoeta, xornalista, escritor e ensaísta
editar datos en Wikidata ]

Índice

TraxectoriaEditar

Fillo de José Carbonell Bras e Josefa Alsina Llabería. Foi membro dunha sociedade de librepensadores de Reus, participou na guerra de Cuba e publicou en 1898 Del cuartel y la manigua: impresións d'un soldat, de volta a Cataluña colaborou en Eco Republicano, pero despois dirixiu o Semanario Católico de Reus (1899-1901), onde publicaba co pseudónimo de Carlos de Vera; e deste pasou a dirixir o diario católico La Cruz de Tarragona (1901-1902). En 1906 publicou en Reus o poemario De l'amor: poesies e en 1910 estreou nesa cidade a obra Crim i redempció, que non foi publicada. A principios dos anos dez apareceu como redactor de El Progreso de Pontevedra e en 1913 xa é redactor xefe.

As súas actividades foron escuras ata que en 1916 o prietismo ordenou a loita contra o marqués de Riestra. José Carbonell desatou desde El Progreso unha campaña contra o marqués que rematou co seu prestixio. Converteuse no escritor anticaciquil máis coñecido e radical de Galicia. Tamén interveu como orador agrario e conferenciante. Participou na Asemblea de Santiago de Compostela de 1916 en protesta polos mártires de Cans. A partir de 1917 tomou parte nas concentracións agrarias e obreiras, dirixiu a operación electoral que a esquerda preparou para asaltar a Deputación de Pontevedra, implantou a súa orientación no Concello de Cerdedo e Forcarei e mantivo unha polémica con A Nosa Terra defendendo a tese de que o agrarismo tiña que ser político e decididamente anticaciquil.

Cando o catalanismo da Lliga Regionalista acadou o poder e o seu líder Francesc Cambó exerceu labores en relación coa política galega, Carbonell cambiou a súa orientación en función das ordes do seu diario, a favor das novas alianzas. Durante a súa visita a Galicia no Nadal de 1917, Cambó compartiu con Antón Losada Diéguez un multitudinario mitin electoral en Cerdedo o 19 de febreiro de 1918, no marco da campaña para os comicios xerais do día 24. Neste período Carbonell afianzou a súa amizade con Castelao.

En 1919 involucrouse nas loitas de Moraña e sufriu un proceso político polos seus ataques ao cura de Saiáns, membro da familia dominadora do concello, e foi desterrado. Recibiu o amparo dos agrarios de Ponteareas e, tras unha breve estancia con eles, trasladouse a Vigo en abril de 1921[1], onde dirixiu o semanario La Luz con escaso éxito, pois mantivo os seus puntos de vista de antano a favor da redención. Despois dirixiu o semanario vigués El Tanque (1922-1923).

Na ditadura de Primo de Rivera trasladouse a Barcelona en 1926,[2] abandonou a redacción de Progreso en setembro de 1927 por disparidade coa liña do periódico[3] e comezou a colaborar como redactor de El Pueblo Gallego en Pontevedra até setembro de 1928. Foi deportado a Lleida a principios de 1929 e volveu colaborar en El Progreso. Regresou a Pontevedra en marzo de 1930.[4] Evolucionou cara o republicanismo a través do reformismo de Melquíades Álvarez. Foi procesado novamente en outubro de 1930. Durante a Segunda República foi elixido vicepresidente do Recreo de Artesanos de Pontevedra en 1931,[5] continuou colaborando en Progreso e o 12 de novembro de 1934 foi nomeado concelleiro de Pontevedra na corporación radical presidida por Vicente Quintá Somoza,[6] permanecendo co cargo ata principios de xaneiro de 1936.

Realizou múltiples traballos como correspondente de publicacións de Madrid e Barcelona.

ObrasEditar

  • Del Cuartel y la Manigua (Impresions d'un soldat), 1898.
  • De l'amor: poesies, 1906.
  • Día de Gloria, 1927.
  • La caza del milano (comedia nun acto).

NotasEditar

  1. El Progreso, 14-4-1921, p. 1.
  2. El Progreso, 13-3-1927, p. 2.
  3. El Progreso, 24-9-1927, p. 2.
  4. El Progreso, 13-3-1930, p. 2.
  5. La Voz de Galicia, 22-12-1931, p. 2.
  6. Noticia en El Pueblo Gallego, 13-11-1934, p. 14.

Véxase taménEditar

BibliografíaEditar