Virgilio Nóvoa Gil
Virgilio Antonio Nóvoa Gil, nado na Xesta (Lalín) en 1913 e finado en Toén en xaneiro de 1970, foi un escritor galego en lingua castelá.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1913 Lalín, España |
Morte | 1970 (56/57 anos) Toén, España |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España |
Actividade | |
Ocupación | escritor |
Lingua | Lingua castelá |
Traxectoria
editarMoi novo foi vivir a Pontevedra coa nai e as irmás. Estudou na Facultade de Filosofía e Letras da Universidade Central de Madrid. Grande amigo de Manuel Cuña Novás, antes da guerra publicou dous libros de poemas e colaborou en periódicos e revistas como Vida Gallega, Diario de Pontevedra, El Progreso, El Pueblo Gallego, Faro de Vigo e La Libertad de Madrid. Foi mobilizado e loitou na guerra civil no bando nacional. Retornou a Pontevedra e colaborou nas revistas Sonata Gallega e Ciudad. Sabino Torres publicoulle en 1949 fragmentos do seu libro en prosa Agonía del hombre. Estivo recluído no sanatorio de Toen os últimos anos da súa vida.
Obras
editarVéxase tamén
editarBibliografía
editar- "Nóvoa Gil, Virgilio Antonio". Enciclopedia Galega Universal. Ir Indo. 1999-2002. ISBN 84-7680-288-9.
- Novoa Gil, Virgilio (1999). El sueño desanclado y otros poemas. Pontevedra: Hipocampo amigo.