Manuel Cuña Novás
Manuel Cuña Novás, nado en Pontevedra o 1 de xuño de 1924 e finado o 18 de maio de 1992, foi un escritor e político galego.
Manuel Cuña Novás | |
---|---|
Nacemento | 1 de xuño de 1926 |
Lugar de nacemento | Pontevedra |
Falecemento | 18 de maio de 1992 |
Soterrado | Cemiterio de Santo Amaro de Pontevedra |
Nacionalidade | España |
Ocupación | político |
[ editar datos en Wikidata ] | |
TraxectoriaEditar
Pasou a infancia en Pontevedra, ata o período republicano, cando a súa familia se trasladou a Cidade Real, onde os sorprendeu a guerra civil. Coa fin da guerra o seu pai marchou ó exilio, e el volveu a Galiza.
Comezou a escribir poesía ó rematar a adolescencia, e colaborou en publicacións como Sonata Gallega, Finisterre e El Pueblo Gallego. Nesa época estableceu amizade co poeta Virgilio Nóvoa Gil, ó que afastou da loucura. En 1950 gañou o premio de poesía na Festa das Letras de Barcelona co poema Trebón perpetuo, presentado co pseudónimo de Jorge Casasbellas.
En 1951 viaxou a Francia, onde escoitou e aprendeu de Jean-Paul Sartre, Albert Camus, Édith Piaf, Paul Éluard, e de acollidos como Friedrich Hölderlin, Rainer Maria Rilke ou Arthur Rimbaud.
Casou con Josefina e tivo dous fillos, o poeta Jorge Cuña Casasbellas e o militante anarcosindicalista Miguel Cuña Casasbellas. Foi senador pola provincia de Pontevedra entre 1982 e a súa morte en 1992.
Obra en galegoEditar
PoesíaEditar
- Frauta na noite, 1947.
- Fabulario novo, 1952, Sabino Torres, Pontevedra, colección Benito Soto. Reeditado no 1991 en Vía Láctea.
- Canto e fuga da irmandade sobor da terra e da morte, 1976, edición do autor, Pontevedra.
- Antología poética = Antoloxía poética = Antologia poetica, 2007, Fundación Cuña-Casasbellas. Antoloxía trilingüe galego-castelán-italiano.
Obra en castelánEditar
PoesíaEditar
- Mar de otra luz, 2008, Fundación Cuña-Casasbellas.
Véxase taménEditar
Outros artigosEditar
Ligazóns externasEditar
- Fundación Cuña - Casasbellas (en castelán)
- Ficha no Senado