Manuel Blanco Pascual

fotógrafo e político catalán

Manuel Blanco Pascual, nado en Lleida o 3 de agosto de 1900 e finado en xullo de 1940, foi un fotógrafo e político galego.

Modelo:BiografíaManuel Blanco Pascual
Biografía
Nacemento3 de agosto de 1900 Editar o valor en Wikidata
Lleida Editar o valor en Wikidata
Mortexullo de 1940 Editar o valor en Wikidata (39 anos)
A Cabreira, España Editar o valor en Wikidata
Causa da mortemorte en combate, ferida por arma de fogo Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónfotógrafo, político Editar o valor en Wikidata

BNE: XX1699988 Nomes e Voces: 9904

Traxectoria

editar

Trasladouse a Galicia para cumprir o servizo militar na Coruña, onde exerceu a súa profesión de fotógrafo. Viaxou a Cuba, onde foi administrador de Terra Gallega e posteriormente a Barcelona. En 1927 instalouse no Barco de Valdeorras, montou estudio de fotografía no barrio de San Roque e Rubiá. Durante a República militou no grupo troskista Oposición Comunista de España dirixido por Andreu Nin. Despois da creación do POUM comezou o seu achegamento ao PCE, converténdose en secretario do radio comunista do Barco.[1] En marzo de 1936 foi nomeado concelleiro e elixido primeiro tenente de alcalde. Ás poucas semanas o alcalde Eulogio Gavela Vega renunciou e Manuel Blanco substituíuno ata principios de xuño cando foi nomeado alcalde Abdón Blanco García. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 fuxiu ao monte canda Manuel Martínez Blanco. Xulgado en Ourense por rebelión militar, foi declarado en rebeldía. Fuxiu cara Cabreira e posteriormente a Asturias, onde permaneceu baixo control gobernamental até outubro de 1937. Cando tamén Asturias caeu, volveu cruzar cara terras cabreiresas, pasando a formar parte dos grupos fuxidos que permanecían na zona, dirixidos por Manuel Girón Bazán e Manuel Álvarez Arias, alias O Bailarín.

O 6 de xullo de 1940 un continxente de regulares e falanxistas rodeou a casa da Lomba onde se ocultaba xunto cos asturianos Arcadio Ríos e Valentín García e o cabreirés Domingo Valle Cañal. Iniciado o combate os asturianos puideron saír do cerco xunto a Laura Blanco Rodríguez, a dona da casa, e o seu fillo Manuel Jesús López Blanco. Domingo Valle foi apresado con vida e morreu a consecuencia das feridas do combate no traxecto ata Ponte de Domingos Flórez. Manuel Blanco, gravemente ferido, conseguiu saír do cerco, pero foi detido posteriormente, torturado e finalmente asasinado.[2]

Foi fusilado polo exército franquista en xullo de 1940 nos arredores da aldea de Lomba, na Cabreira leonesa, e enterrado nunha fosa común; os seus restos foron localizados por técnicos e voluntarios da Asociación pola Recuperación da Memoria Histórica e exhumados o 4 de xullo de 2009.[3] Posteriormente foi enterrado nun acto do Concello do Barco, o 27 de marzo de 2010, no cemiterio civil da vila.

  1. García Yáñez, Félix (2005). O Barco e a Terra de Valdeorras durante a II República e o Franquismo (1931-1977). Vigo: A Nosa Terra. p. 72. ISBN 84-96403-13-0. 
  2. "Dos muertos y dos destinos". Arquivado dende o orixinal o 02 de agosto de 2013. Consultado o 24 de xullo de 2013. 
  3. Manuel Blanco Pascual, atopado

Véxase tamén

editar

Bibliografía

editar

Ligazóns externas

editar