Manuel Martínez Blanco
Manuel Martínez Blanco, nado no Barco de Valdeorras e finado en Poznań en 1945, foi un delineante, político e militar galego.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | valor descoñecido O Barco de Valdeorras, España |
Morte | 1945 Poznan, Polonia |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España |
Actividade | |
Ocupación | militar , delineante , político |
Lingua | Lingua castelá |
Traxectoria
editarDo barrio de San Roque do Barco de Valdeorras. Delineante de profesión e militante do PCE. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 fuxiu ao monte canda Manuel Blanco Pascual. Fuxiu cara Asturias, loitou na fronte asturiana e chegou a comandante e oficial do Estado Maior do V Corpo de Exército republicano mandado por Enrique Líster. Despois de rematar a guerra pasou por varios campos de concentración franceses e acabou exiliándose en Rusia. Alí traballou na fábrica de automóbiles de Nizhny Novgorod e participou na segunda guerra mundial integrado no corpo de Enxeñeiros do Exército Vermello. Morreu nunha acción de guerra durante a toma da cidade de Poznań na primavera de 1945. Foi declarado "Heroe da Unión Soviética" e condecorado coa "Orde da Bandeira Vermella".
Véxase tamén
editarBibliografía
editar- García Yáñez, Félix (2005). O Barco e a Terra de Valdeorras durante a II República e o Franquismo (1931-1977). Vigo: A Nosa Terra. p. 72. ISBN 84-96403-13-0.