Bernardo Bernárdez

político e escritor galego

Bernardo Bernárdez Romero, nado en Santiago das Caldas (Ourense) en 1886 e finado en Madrid en 1975, foi un político e escritor galego.

Infotaula de personaBernardo Bernárdez
Biografía
Nacemento1886 Editar o valor em Wikidata
Santiago das Caldas, España Editar o valor em Wikidata
Morte1975 Editar o valor em Wikidata (88/89 anos)
Madrid, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónescritor , político Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata

Galiciana: 72503

Traxectoria editar

A súa familia estableceuse en Vigo cara a 1904.[1] Foi membro da Liga de Defensores de Vigo. Fundador e presidente do Círculo Mercantil de Vigo. Foi concelleiro maurista de Vigo de 1914 a 1917[1] e secretario da Asociación de Turismo.

Colaborou en Ecos de Vigo e Galicia. Diario de Vigo. É autor do libro Tratado de Viguismo. Resumen histórico comentado de los diez últimos años de la Monarquía Española en Vigo. 1921 a 1931 onde eloxia a ditadura de Primo de Rivera e critica o incivismo da clase dirixente viguesa.[1]

Obra escrita publicada editar

  • Tratado de… «Viguismo». (1932). Vigo: Editorial Roel.
  • Calvo Sotelo, Destellos y sombras de su obra. 1937.

Vida persoal editar

Foi pai de Luis Bernárdez Domínguez.

Notas editar

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

Outros artigos editar