Liga de Defensores de Vigo

agrupación política galega

A Liga de Defensores de Vigo foi unha agrupación política creada en Vigo en 1922.

Liga de Defensores de Vigo
Tipoorganización política
Data de fundación1922
SedeVigo
PaísGalicia
editar datos en Wikidata ]

Historia e características

editar

Existiu en 1872 unha Liga de Defensores de Vigo que promoveu o periódico La Concordia.

Organizada en decembro de 1921, constituíuse o 2 de xaneiro de 1922. Formada por persoas dun amplo abano ideolóxico unidas pola angueira de defender os intereses locais. As súas reivindicacións eran os investimentos no porto, a comunicación directa con Madrid por estrada e ferrocarril e o aumento dos centros de ensino público.

Estaba presidida por Adolfo Gregorio Espino, principal figura do maurismo local que se separara do Partido Conservador para intentar rexenerar a política viguesa.[1] Xunto a el figuraron representantes da burguesía ilustrada da cidade coma Manuel Gómez Román, Amador Montenegro, Amado Garra, o avogado e conserveiro Curbera, Bernardo Bernárdez e Eugenio Fadrique González. O principal obxectivo político era tratar de afastar da vida política viguesa a Urzaiz e tódolos seus seguidores.[1]

Convocou mitins públicos e incluso algunha manifestación.

Nas eleccións municipais do 5 de febreiro de 1923 presentou candidatos e alcanzou presenza na Corporación Municipal, pero non conseguiu desprazar da alcaldía a antiga clase política urzaísta. Editou os periódicos La Luz e La Garra.

Canda a ditadura de Primo de Rivera, o ditador suspendeu a corporación viguesa e nomeou un goberno provisorio composto, sobre todo, por liguistas. A finais de ano, nomeou a Adolfo Gregorio Espino, alcalde de Vigo.[1]

A partir da Liga xurdiu a Editorial Vigo, que editou El Pueblo Gallego.[2]

  1. 1,0 1,1 1,2 Hernández Soto, Gonzalo (27 de maio de 2018). "La Liga de Defensores de Vigo y las elecciones de 1923". vigoe.es (en castelán). Consultado o 15 de marzo de 2024. 
  2. Alonso, Julio (29 de setembro de 2018). "Rúa Alcalde Gregorio Espino". vigoe.es (en castelán). Consultado o 15 de marzo de 2024. 

Véxase tamén

editar

Bibliografía

editar