Adolfo Gregorio Espino

mestre, avogado e político galego

Adolfo Gregorio Espino, finado en Madrid o 13 de abril de 1962[1], foi un perito agrícola, avogado e político galego.

Adolfo Gregorio Espino
Falecemento13 de abril de 1962
 Madrid
NacionalidadeEspaña
Alma máterUniversidade de Santiago de Compostela
Ocupaciónavogado e político
editar datos en Wikidata ]

TraxectoriaEditar

 
La Noche n.º 9, 19/9/1915.[2]

Estudou Maxisterio e foi mestre en Lavadores e despois licenciouse en Dereito na Universidade de Santiago de Compostela (1901). Colaborou na revista Santiago. De tendencia conservadora e simpatizante do maurismo, destacou no movemento antiforista. Foi membro da Liga de Defensores de Vigo e director do periódico La Noche (1915). Participou na VII Asemblea Agraria da Coruña (1919), na que defendeu, con Amando Garra, un relatorio sobre redención foral. En 1923 presentouse ás eleccións a Cortes pero foi derrotado por Rafael Gasset Chinchilla. Foi alcalde de Vigo durante a ditadura de Primo de Rivera, dende o 5 de decembro de 1923 ata o 18 de xaneiro de 1927. Como rexedor municipal conseguiu a cesión, de parte do Marqués de Alcedo, do Parque e do Pazo de Castrelos para a cidade.

 
Confluencia, en Vigo, das rúas Gregorio Espino e Martínez Garrido, ambos alcaldes da cidade.

NotasEditar

  1. Necrolóxica en El Pueblo Gallego, 15-4-1962, p. 14.
  2. "Cuatro décadas para lograr el monumento a la Reconquista". La Voz de Galicia (en castelán). 10/3/2007. 

Véxase taménEditar

BibliografíaEditar

Outros artigosEditar

Ligazóns externasEditar


Predecesor:
Orencio Arosa Álvarez
  
Alcalde de Vigo
 
1923 - 1927
Sucesor:
Mauro Alonso Cuenca