Orencio Arosa

militar e político galego
(Redirección desde «Orencio Arosa Álvarez»)


Orencio Arosa Álvarez, nado en 1873 na provincia de Pontevedra e finado o 2 de xaneiro de 1939,[1] foi un militar, reloxeiro, concelleiro, administrador e redactor de publicacións, que chegou a ser nomeado alcalde de Vigo en outubro de 1923.[2]

Infotaula de personaOrencio Arosa

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento1873 Editar o valor em Wikidata
Provincia de Pontevedra, España Editar o valor em Wikidata
Morte2 de xaneiro de 1939 Editar o valor em Wikidata (65/66 anos)
Alcalde de Vigo
1923 – 1923
← Maximiliano Arbones CastellanzueloAdolfo Gregorio Espino → Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónmilitar Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

 

Capitán de infantaría, casado coa ourensá Josefa Merino Fernández, foi o encargado de organizar a subscrición popular que obtería os fondos necesarios para pagar o monumento aos heroes da Reconquista de Vigo, que, despois de moitas vicisitudes, sería inaugurado na Praza de España en 1947 e, máis tarde, trasladado á Praza da Independencia.[3]

Foi propietario da reloxería Arosa, da rúa do Príncipe de Vigo, administrador de La Concordia e La Tranca e redactor de Noticiero de Vigo.[4]

Sendo concelleiro e alcalde en funcións suspendeu a publicación do semanario La Ráfaga. Foi designado alcalde na ditadura de Primo de Rivera, nomeamento moi criticado polo republicano Martín Echegaray.[5]


Predecesor:
Maximiliano Arbones Castellanzuelo
  
Alcalde de Vigo
 
1923
Sucesor:
Adolfo Gregorio Espino

Notas editar

  1. "Letras de luto". Martín Codax (en castelán): 4. 1/2/1939. 
  2. "Nuevos alcaldes y ayuntamientos en provincias". ABC (en castelán). 2/10/1923. 
  3. Lamas, Jorge: "El monumento de nunca acabar" La Voz de Galicia, 18 de agosto de 2010 (en castelán).
  4. Álvarez Blázquez, José Mª (1980). "La prensa periódica viguesa en el siglo XIX". Vigo en su historia (en castelán). Caja de Ahorros Municipal de Vigo. p. 550. ISBN 84-7231-494-4. 
  5. "Orencio Arosa, el relojero y militar que fue alcalde en 1923", La Voz de Galicia, 3 de marzo de 2007 (en castelán).

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

Outros artigos editar