Orencio Arosa

militar e político galego


Orencio Arosa Álvarez, nado en 1873 na provincia de Pontevedra e finado o 2 de xaneiro de 1939,[1] foi un militar, reloxeiro, concelleiro, administrador e redactor de publicacións, que chegou a ser nomeado alcalde de Vigo en outubro de 1923.[2]

Modelo:BiografíaOrencio Arosa

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento1873 Editar o valor en Wikidata
provincia de Pontevedra, España Editar o valor en Wikidata
Morte2 de xaneiro de 1939 Editar o valor en Wikidata (65/66 anos)
valor descoñecido Editar o valor en Wikidata
Alcalde de Vigo
1923 – 1923
← Maximiliano Arbones CastellanzueloAdolfo Gregorio Espino → Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónmilitar, político Editar o valor en Wikidata

Traxectoria

editar
 

Capitán de infantaría, foi o encargado de organizar a subscrición popular que obtería os fondos necesarios para pagar o monumento aos heroes da Reconquista de Vigo, que, despois de moitas vicisitudes, sería inaugurado na Praza de España en 1947 e, máis tarde, trasladado á Praza da Independencia.[3]

Foi propietario da reloxería Arosa, da rúa do Príncipe de Vigo, administrador de La Concordia e La Tranca e redactor de Noticiero de Vigo.[4]

Sendo concelleiro e alcalde en funcións suspendeu a publicación do semanario La Ráfaga. Foi designado alcalde na ditadura de Primo de Rivera, nomeamento moi criticado polo republicano Martín Echegaray.[5]

Vida persoal

editar

Casou coa ourensá Josefa Merino Fernández.


Predecesor:
Maximiliano Arbones Castellanzuelo
  
Alcalde de Vigo
 
1923
Sucesor:
Adolfo Gregorio Espino
  1. "Letras de luto". Martín Codax (en castelán): 4. 1/2/1939. 
  2. "Nuevos alcaldes y ayuntamientos en provincias". ABC (en castelán). 2/10/1923. 
  3. Lamas, Jorge: "El monumento de nunca acabar" La Voz de Galicia, 18 de agosto de 2010 (en castelán).
  4. Álvarez Blázquez, José Mª (1980). "La prensa periódica viguesa en el siglo XIX". Vigo en su historia (en castelán). Caja de Ahorros Municipal de Vigo. p. 550. ISBN 84-7231-494-4. 
  5. "Orencio Arosa, el relojero y militar que fue alcalde en 1923", La Voz de Galicia, 3 de marzo de 2007 (en castelán).

Véxase tamén

editar

Bibliografía

editar

Outros artigos

editar