Abrir o menú principal

Alejandro Viana Esperón

industrial e político galego

Alejandro Viana Esperón, nado en Ponteareas o 16 de maio de 1877 e finado en Cidade de México o 30 de abril de 1952[1], foi un industrial e político galego.

Alejandro Viana Esperón
Nacemento16 de maio de 1877
 Ponteareas
Falecemento30 de abril de 1952
 Cidade de México
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónpolítico e industrial
editar datos en Wikidata ]

Índice

TraxectoriaEditar

Na ditadura de Primo de Rivera foi segundo tenente de alcalde de Vigo en 1924 e cesou como concelleiro en 1927. Coa República, nas eleccións xerais de 1933 foi candidato de Acción Republicana pola provincia de Pontevedra, pero non foi elixido. En 1935 foi nomeado xefe provincial de Izquierda Republicana de Pontevedra e foi elixido deputado nas eleccións xerais de 1936. O golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 sorprendeuno en Madrid, onde permaneceu ata 1938, cando se trasladou a Valencia e de alí a Barcelona. En 1939 marchou a París, onde traballou para o Servicio de Evacuación de Refugiados Españoles (SERE). Viana presentou a súa dimisión en agosto de 1939, por incompatibilidades co secretario xeral do organismo. Cando o Terceiro Reich ocupou Francia marchou a Bordeos, e cara 1941, avisado de que a Gestapo quería capturalo, marchou a Suíza e de alí a Toulon, onde embarca para Arxentina no mesmo barco que Niceto Alcalá Zamora. Pero o barco foi bombardeado en Dakar, onde tivo que desembarcar porque lle caducaba o visado. De alí foi enviado a Casablanca e internado un mes nun campo de concentración. Despois de numerosas xestións, conseguiu chegar a México en novembro de 1941. En Cidade de México rexentou unha farmacia e conseguiu a distribución de penicilina para todo México.

Vida persoalEditar

Casou con Josefina Dotras Fábregas.

NotasEditar

  1. Necrolóxica en El Pueblo Gallego, 6-5-1952, p. 6.

Véxase taménEditar

BibliografíaEditar

  • Mera Covas, Roberto (2002). "Alejandro Viana Esperón, un achegamento á súa biografía". Pregón (12). 

Ligazóns externasEditar