Javier Estévez Viana

comerciante, xornalista e político galego

Javier Estévez Viana, nado nas Neves cara 1903 e finado en Ponteareas o 14 de setembro de 1936, foi un comerciante e político galego.

Infotaula de personaJavier Estévez Viana
Biografía
Nacemento1903 Editar o valor em Wikidata
As Neves, España Editar o valor em Wikidata
Morte14 de setembro de 1936 Editar o valor em Wikidata (32/33 anos)
Ponteareas, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupacióncomerciante , xornalista , político Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Sobriño de Alejandro Viana Esperón. Membro do Centro Republicano de Tui, pasou en 1933 a militar no Partido Republicano Radical Socialista.[1] Militou despois en Izquierda Republicana e foi elixido vicesecretario da Juventud de Izquierda Republicana de Ponteareas en marzo de 1935.[2] Comerciante en Ponteareas. Colaborou en Tribuna e Renovación e foi correspondente de El País en Ponteareas.[3] Participou nos mitins da campaña para as eleccións de febreiro de 1936.[4] Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi membro do Comité de Defensa da República de Ponteareas. Tomada a vila polos facciosos, agochouse na casa duns correlixionarios preto do mosteiro de Canedo. Foi detido e ingresou no cárcere de Tui o 13 de agosto. Ás sete da tarde do 14 de setembro a Garda Civil e un grupo de falanxistas de Ponteareas levárono ao depósito municipal da vila. Foi torturado para que delatase o agocho dos republicanos fuxidos: malleiras, amputación dos órganos sexuais, perda das unllas e perforacións nos pulmóns con agullas. Levárono á praza da vila ameazándoo con matalo diante da casa da súa nai. Finalmente asasinárono no Cemiterio da Vila.

Vida persoal editar

Casou en Vigo con Isabel Sangermán Alfaro en novembro de 1929.[5]

Notas editar

  1. Tribuna, 6-8-1933, p. 2.
  2. El Pueblo Gallego, 26-3-1935, p. 15.
  3. El Pueblo Gallego, 6-7-1935, p. 15.
  4. El Pueblo Gallego, 14-2-1936, p. 12.
  5. El Pueblo Gallego, 19-11-1929, p. 3.

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

Ligazóns externas editar