Pastor Candeira

industrial e político galego

Pastor Candeira Álvarez, nado en Ponteareas o 2 de decembro de 1886, foi un industrial e político galego.

Infotaula de personaPastor Candeira
Biografía
Nacemento2 de decembro de 1886 Editar o valor em Wikidata (137 anos)
Ponteareas, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónindustrial , político Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Foi nomeado concelleiro de Ponteareas en xaneiro de 1924. Na Segunda República foi presidente de Izquierda Republicana de Ponteareas. Foi nomeado xestor da Deputación de Pontevedra o 26 de marzo de 1936.[1] Foi nomeado vicepresidente do Consello provincial de Izquierda Republicana de Pontevedra en xuño de 1936. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 pasou á zona leal e presidiu o Comité de Izquierda Republicana da provincia de Pontevedra constituído en Barcelona en 1938. Abríuselle expediente polo Tribunal de Responsabilidades Políticas. Ao remate da guerra pasou a Francia e foi xefe da sección de Emigración do Servicio de Evacuación de Refugiados Españoles (SERE), substituíndo a Alejandro Viana Esperón. O 12 de xuño de 1940 Pastor abandonou París con Alejandro Viana e Isabel Napal Mur rumbo a Bordeos. O 17 de xullo a Gestapo xunto con falanxistas tentou secuestrar a Alejandro Viana que logrou fuxir con Pastor e varios republicanos máis; tras cinco días agochados nos arredores de Bordeos, atravesaron Francia até La Louvesc, preto da fronteira con Suíza. Embarcou en Marsella no barco Alsina o 15 de xaneiro de 1941 con Alejandro Viana, Isabel Napal e outros 200 republicanos e centos de exiliados de diferentes países europeos, especialmente xudeus. Exiliouse en México, arribando ao porto de Veracruz o 19 de novembro de 1941.[2]

Vida persoal editar

Casou con María Domínguez Benavides en xaneiro de 1925.[3]

Notas editar

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar