Mauro Alonso Cuenca
empresario e político galego
Mauro Alonso Giménez-Cuenca, nado en Vigo o 2 de agosto de 1887 e finado en Vigo o 26 de maio de 1965, foi un empresario e político galego.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 2 de agosto de 1887 Vigo, España |
Morte | 26 de maio de 1965 (77 anos) Vigo, España |
Alcalde de Vigo | |
18 de xaneiro de 1927 – 6 de abril de 1929 ← Adolfo Gregorio Espino – Alfredo Pérez Viondi → | |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España |
Actividade | |
Ocupación | político , empresario |
Lingua | Lingua galega |
Familia | |
Pai | Antonio Alonso Santodomingo |
Traxectoria
editarXerente da conserveira Antonio Alonso, hijos. Foi vicepresidente da Cámara de Comercio (1921-1924) e presidente do Círculo Mercantil e Industrial de Vigo (1925-1926). Na ditadura de Primo de Rivera foi nomeado concelleiro de Vigo e deputado provincial. Noemado alcalde de Vigo, tomou posesión o 18 de xaneiro de 1927. Dimitiu o 6 de abril de 1929 por presión de algúns poderes locais. Logo do golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 volveu ser concelleiro de Vigo. Finou en Vigo o 26 de maio de 1965.[1]
Vida persoal
editarCasou en 1913 con Margarita Gil Sequeiros.
Notas
editar- ↑ Necrolóxica en El Pueblo Gallego, 28-5-1965, p. 7.
Véxase tamén
editarBibliografía
editar- Giráldez Lomba, Antonio (2010). 200 memorias de Vigo (en castelán). Caixanova, Faro de Vigo e Alcaldía de Vigo. p. 13. VG 955-2010.
- Martín, Gerardo (2017). Diccionario de vigueses (1875-1945). Retazos de historia local a través de la vida de más de 1700 personajes. Pontevedra: Deputación Provincial. pp. 27–28. ISBN 978-84-8457-448-4.
- Veiga Taboada, Manuel (2004). O réxime de Primo de Rivera en Vigo e na Provincia de Pontevedra: Da esperanza á desilusión, Revista de Estudios Provinciais n.º 20. Deputación de Pontevedra.
Predecesor: Adolfo Gregorio Espino |
Alcalde de Vigo 1927 - 1929 |
Sucesor: Alfredo Pérez Viondi |