Antonio Alonso Santodomingo


Juan Antonio Alonso Santodomingo, nado en Vigo en 1844 e finado o 10 de febreiro de 1917, foi un empresario galego do sector da conserva, fundador da empresa Palacio de Oriente.

Infotaula de personaAntonio Alonso Santodomingo

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento1844 Editar o valor em Wikidata
Vigo, España Editar o valor em Wikidata
Morte10 de febreiro de 1917 Editar o valor em Wikidata (72/73 anos)
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónempresario Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata
Familia
FillosMauro Alonso Cuenca Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

En 1862 emigrou á Habana, daquela colonia española, onde permaneceu traballando ata 1881 como intermediario comercial entre a illa e a metrópole. Alí casou con Eloísa Giménez-Cuenca, filla dun importante militar de Matanzas. Á volta a Vigo inviste en propiedades inmobiliarias. Alí establece contacto coa industria conserveira e en 1886 comeza pola súa propia iniciativa, ao primeiro coa axuda do socio Benito Albela e a partir de 1890 xa en solitario.

Primeiro comeza a exportar a Francia, coma outros empresarios conserveiros galegos, pero axiña proba novos mercados como Montevideo, México, Porto Rico e Cuba, especialmente este porque gardara amizades e contactos da súa época como emigrante. Diversifica a conserva, integrando verduras, e tamén o proceso pesqueiro, construíndo dous buques para a pesca de ollomol con destino á venda de fresco e escabeche. Con todo, o seu primeiro produto era a sardiña en aceite.

A partir da década dos 90 comeza tamén a súa expansión no mercado complementario da lata, e participa como accionista no lanzamento dunha empresa vasca, a Basconia, que lle faga a competencia a Goitia, monopolizadora do mercado. Xa con parte da dirección da empresa conserveira compartida cos seus fillos, viviu a primeira crise da sardiña, de 1909, da que Palacio de Oriente saíu reforzada polos seus movementos para conseguir sardiña en Huelva. Ao seu falecemento os seus fillos continuarían a saga familiar.

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

  • Giráldez Lomba, Antonio (2010). 200 memorias de Vigo (en castelán). Faro de Vigo. p. 14. VG 955-2010. 

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar