Alfredo Pérez Viondi
Alfredo Pérez Viondi, nado en Cuba en 1861 e finado en Vigo o 28 de abril de 1938,[1] foi un médico, militar e político galego.
![]() ![]() | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1861 ![]() Cuba ![]() |
Morte | 28 de abril de 1938 ![]() Vigo, España ![]() |
Gobernador civil da provincia de Huesca | |
novembro de 1930 – 1931 | |
![]() | |
1929 – 1930 ← Mauro Alonso Cuenca – Manuel San Román Ceballos → ![]() | |
Actividade | |
Ocupación | médico, militar, político ![]() |
Familia | |
Parentes | Virxinia Pereira Renda, cuñada ![]() |
Traxectoria
editarIngresou no Exército en 1896 e participou na guerra de Cuba e en África chegando a ser tenente coronel do corpo de sanidade militar. Médico militar da zona da Estrada, prestou servizos no Protectorado Español de Marrocos e despois no Hospital Militar de Carabanchel. Co apoio dos sectores anticaciquís e do xornal El Emigrado, presentouse en 1920 e 1923 ás eleccións a Cortes polo distrito da Estrada, pero non foi elixido.
Foi director do Hospital Militar de Vigo (1922). Foi presidente da Sociedad Casino de Vigo,[cando?] e trasladou a súa sede ó edificio do Teatro García Barbón. Foi elixido alcalde de Vigo en maio de 1929[2] e deixou o cargo tras a disolución da Asamblea Nacional Consultiva en febreiro de 1930, tras a fin da ditadura de Primo de Rivera.[3] Como alcalde de Vigo, preocupouse do sanitario e benéfico, Policía Municipal e adecentamento das vías públicas: finalización da praza de Portugal e arranxo de varias rúas e a aprobación de proxectos para as principais vías do barrio de Casablanca.
Nomeado gobernador civil da Provincia de Huesca en novembro de 1930,[4] foi deposto coa chegada da Segunda República Española en 1931, tras o cal volveu dirixir o Hospital Militar de Vigo.[5] Na primavera de 1935 presidiu o acto de constitución do Consello comarcal de Vigo do Partido Agrario Español.[6]
Distincións
editarTivo diversas condecoracións: Cruz e Placa de San Hermenexildo, Militar do Mérito Naval, da Cruz Vermella, de María Cristina, a Lexión de Honor Francesa...
Vida persoal
editarCasou en 1897 con Sara Pereira Renda (filla de Camilo Pereira Freijenedo e irmá de Virxinia Pereira Renda, que en 1912 casou con Castelao).[7]
Notas
editar- ↑ Necrolóxica en El Pueblo Gallego, 29-4-1938, p. 4.
- ↑ "El alcalde de Vigo". El Eco de Santiago (en castelán). 7 de maio de 1929. p. 2.
- ↑ "Otro Ayuntamiento más". El Pueblo Gallego (en castelán). 26 de febreiro de 1930. p. 2.
- ↑ "Nuevos gobernadores civiles". Galicia (en castelán). 14 de novembro de 1930. p. 4.
- ↑ "Noticias". El Compostelano (en castelán). 4 de maio de 1931. p. 2.
- ↑ El Pueblo Gallego, 24-4-1935, p. 2.
- ↑ Arca Caldas, Olimpio (1999). "As dúas mulleres de Castelao" (PDF). A Estrada: Miscelánea histórica e cultural (2): 9–47.
Véxase tamén
editarOutros artigos
editarLigazóns externas
editar- Luis Teófilo Gil Cuadrado (2006). El Partido Agrario Español (1934-1936): Una alternativa conservadora y republicana
Predecesor: Mauro Alonso Cuenca |
Alcalde de Vigo 1929 - 1930 |
Sucesor: Manuel San Román Ceballos |