Manuel San Román Ceballos
político galego
Manuel San Román Ceballos,[1] finado en Madrid o 14 de agosto de 1936,[2] foi un político galego.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | século XIX Galicia, España |
Morte | 14 de agosto de 1936 Madrid, España |
Alcalde de Vigo | |
abril de 1930 – marzo de 1931 (destitución) ← Alfredo Pérez Viondi – Enrique Blein Budiño → | |
Actividade | |
Ocupación | político |
Traxectoria
editarDe ideoloxía maurista, nas eleccións de 1914 foi candidato a deputado a Cortes no distrito de Padrón polo Partido Conservador, sendo derrotado por Eduardo Gasset Chinchilla. Membro distinguido da Unión Patriótica, foi concelleiro da última corporación da ditadura de Primo de Rivera. Foi nomeado alcalde de Vigo en abril de 1930,[3] trala caída da ditadura, cargo do que sería destituído no mes de marzo do ano seguinte.
Casou con Antonia Malagarriga Fabra.[2]
Predecesor: Alfredo Pérez Viondi |
Alcalde de Vigo 1930 - 1931 |
Sucesor: Enrique Blein Budiño |
Notas
editar- ↑ Aparece tamén como Manuel San Román Cevallos.
- ↑ 2,0 2,1 Necrolóxica de Antonia Malagarriga Fabra, ABC, 5/12/1978 (en castelán).
- ↑ "De la constitución de Ayuntamientos y Diputaciones" ABC, 9/4/1930 (en castelán).